Alexandre o Grande Índice Traxectoria | Personalidade e vida privada de Alexandre | Notas | Véxase tamén | Menú de navegacióne"Pautas para un correcto uso da linguaxe""The birth of Alexander""Kingdoms of the Successors of Alexander: After the Battle of Ipsus, B.C. 301"eWorldCat101353608336ADV1231249090577037XX103130311946296j18108496716a10495691cnp01259691ID000808093180051300023773005-6406118501828ITICCUVEAV233220000 0001 2283 58160053K4111En7900406700620255jn199810000733500292244430000091752068740379OL2329135A70333229496w6p270nw02741707732588alessandro-iii-re-di-macedonia500280655
Alexandre III o GrandeFilipo III ArrideoAlexandre IVTolomeo I SóterTolomeo II FiladelfoTolomeo CeraunoMeleagroTolomeo III Everxetes ITolomeo IV FilopátorTolomeo V EpífanesTolomeo VI FilométorTolomeo VII NeoFilopátorTolomeo VIII Everxetes IITolomeo IX LátiroTolomeo X Alexandre IBerenice IIITolomeo XI Alexandre IITolomeo XII AuletesCleopatra VCleopatra VIBerenice IVTolomeo XIII FilopátorTolomeo XIV FilopátorCleopatra VIITolomeo XV CesariónLisímacoAgatocles de TesaliaAgatocles de TraciaAlexandre de TraciaFilipo (fillo de Lisímaco)Ptolomeo de TraciaFiléterEumenes IÁtalo IEumenes IIÁtalo IIÁtalo IIIEumenes IIIDemetrio IAntímaco IPantaleónAgatoclesApolodoto IDemetrio IIAntímaco IIMenandro IZoilo IAgatocleaLísias AnicetoEstratón IAntialcidasHeliocles IIPolixenoDemetrio IIIFiloxeno AnicetoDiomedesAmintasEpánderTeófilo DikaiosPeucolaoTrasónNiciasMenandro IIArtemidoro AnicetoHermeoArquebioTelefoApolodoto IIHipostratoDionisioZoilo IIApolofanesEstratón IIMitrídates I do PontoAriobarzanes III do PontoMitrídates III do PontoFarnaces IMitrídates IV do PontoMitrídates V EverxetesMitrídates VI EupátorLaodiceDeiotaro IFarnaces IIAriobarzanes IIIAriarates XDarío do PontoPolemón IPitodorisPolemón IIAriarates IAntígono I MonóftalmoAmiertesAriaramnes IAriarates IIAriaramnes IIAriarates IIIAriarates IV Ariarates VOrofernesAriarates VAriarates VINisa IAriarates VIIAriarates VIIIAriarates IXGordioAriobarzanes IAriarates IXAriobarzanes IAriarates IXMitrídates VI EupátorAriobarzanes IAriobarzanes IIAriobarzanes IIIAriarates XArquelao
Reis de MacedoniaFaraónsAlexandre MagnoNados en -356Finados en -323Alexandría
grego21 de xullo356 a.C.PelaReino de Macedonia1013 de xuño323 a.C.BabiloniaMacedonia21 de xullo336 a.C.13 de xuño323historiaFilipo II de MacedoniaOlimpia de EpiroZeusAristóteles340 a.C.338 a.C.batalla de Queronea336 a.C.Pausanias de OrestisGreciaTebasHéladeliga de CorintoTebasPíndaro334 a.C.Asiapersasbatalla de GránicoFrixiaTroiaAquilesHalicarnasoMemnón de Rodas333 a.C.batalla de IsosDarío IIIExiptofeniciasTiroÉufratesfaraónMenfisAlexandríadelta do Nilooráculo de AmónSiwabatalla de Gaugamelarío TigrisBabiloniaSusaPersépolePasargadaEcbatanasatrapíasAfganistánrío HifasisIndo327 a.C.elefantesgolfo PérsicoBabilonia323 a. C.malariaséculo IVmonarquías helenísticasClitoAlexandríabisexualidadeHefestiónBactriaDarío IIIAlexandre IV de Macedonia
Alexandre o Grande
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Alexandre III de Macedonia | |
---|---|
Rei de Macedonia Gran Rei de Media e Persia Faraón da Dinastía macedónica de Exipto | |
Busto de Alexandre coñecido como «Herma de Azara» ou «Alejandro Azara». Copia romana en mármore dun orixinal de Lisipo, c. 330 a. C. (Museo do Louvre). | |
Reinado | Rei de Macedonia (336|336 a 323 a. C.) Rei de Media e Persia (330 a 323 a. C.) Faraón de Exipto (332 a 323 a. C.) |
Nacemento | 20 ou 21 de xullo, 356 a. C. Pella, Macedonia |
Falecemento | 10 ou 13 de xuño, 323 a. C. (32 anos) Babilonia |
Predecesor | Filipo II (como rei de Macedonia) Darío III (como rei de Media e Persia; e como faraón de Exipto) |
Sucesor | Alexandre IV (como rei de Macedonia; e como rei de Media e Persia) Filipo III (como faraón de Exipto) |
Consorte | Roxana de Bactriana, Estateira e Parysatis |
Descendencia | Heracles de Macedonia e Alexandre IV de Macedonia |
Proxenitores | Filipo II de Macedonia Olimpia de Epiro |
Alexandre III de Macedonia, coñecido como Alexandre o Grande ou Alexandre Magno[1] (en grego: Μέγας Ἀλέξανδρος), nado o 21 de xullo de 356 a.C.[2][3] en Pela (Reino de Macedonia) e finado o 10 ou 13 de xuño[4]323 a.C. en Babilonia, foi rei de Macedonia entre o 21 de xullo de 336 a.C. e o 13 de xuño de 323 a.C. Trátase dun dos máis exitosos comandantes do mundo antigo, tanto que foi considerado por moitos o maior xenio militar da historia.
Índice
1 Traxectoria
1.1 Primeiros anos
1.2 Campañas e conquistas
1.2.1 Asia Menor
1.2.2 A India
2 Personalidade e vida privada de Alexandre
2.1 Sexualidade
3 Notas
4 Véxase tamén
4.1 Bibliografía
4.2 Outros artigos
Traxectoria |
Primeiros anos |
Alexandre era fillo de Filipo II de Macedonia e de Olimpia de Epiro. Súa nai espallou o rumor de que era fillo de Zeus, quen a fecundara en forma de serpe; Filipo nunca desmentiu a lenda. Aos trece anos Alexandre marchou do seu fogar para ser educado por Aristóteles durante tres anos.
Pouco despois, seu pai casou con outra muller, que quedou embarazada, pondo así en perigo a sucesión de Alexandre. Olimpia exiliouse á súa terra natal, e a relación de Alexandre co seu pai comezou a empeorar até que finalmente, pouco máis tarde, seguiu a súa nai ao exilio. Pero finalmente o seu pai perdoouno e volveu á casa. Por aquel entón, Filipo estaba a realizar varias campañas militares e asociou a Alexandre as tarefas do goberno ao nomealo rexente (340 a.C.). No 338 a.C. dirixiu a cabalaría macedónica na batalla de Queronea. No ano 336 a.C. Filipo foi asasinado por Pausanias de Orestis, un capitán da súa garda, que foi executado no acto. Descoñécense os verdadeiros motivos do asasinato; algúns historiadores pensan que Pausanias era amante de Filipo (que segundo o costume tiña varios amantes, tanto homes coma mulleres); outros, que foi Olimpia a que estivo detrás. O certo é que foi Alexandre o máis beneficiado desta morte, posto que subiu ao trono con só vinte anos.
Após a morte de Filipo, toda a Grecia sublevouse. Alexandre demostrou as súas habelencias militares ao facer fronte á rebelión, na que conquistou e destruíu Tebas. Antes de se lanzar a empresas de conquista, Alexandre quixo deixar o seu poder ben consolidado na Hélade. En primeiro lugar, asegurouse a fidelidade dos xenerais de seu pai, e logo dirixiu unha campaña contra os bárbaros que ameazaban a Tracia. Unha vez pacificados os confíns da Grecia, apresurouse a convocar a liga de Corinto, xa que corría o rumor de que na conspiración que acabara coa vida de Filipo, tamén finara Alexandre. O principal foco de rebelión era Tebas, e Alexandre conseguiu que a Liga se pronunciase por un escarmento. El mesmo arrasou a cidade por completo, da que só respectou a cidadela e a casa de Píndaro.
Campañas e conquistas |
Asia Menor |
No ano 334 a.C. comezou a campaña para conquistar Asia, proxecto que seu pai non puidera levar a cabo. Cun exército de 32.000 soldados a pé e 5.000 cabaleiros no que predominaban os elementos macedónicos, venceu os persas na batalla de Gránico, na Frixia, e chegou a Troia, onde rendeu homenaxe ao seu heroe Aquiles. Continuou a descender cara ao sur e conquistou as cidades gregas até Halicarnaso, a máis meridional. Pero non as entregou á Liga, senón que as incorporou ao reino de Macedonia, o que deu lugar ás primeiras mostras de descontento.
Se os persas tivesen estado minimamente á altura do seu adversario, terían atacado Grecia e terían cortado as súas liñas de subministración, tal como aconsellaba Memnón de Rodas, un grego que cun grupo de mercenarios se pasara ao bando persa e sabía como se aproveitar das inimizades que Alexandre creara. Pero os persas optaron pola batalla campal, confiando en que se atopaban no seu territorio e cunha evidente superioridade numérica.
No ano 333 a.C. venceu novamente os persas na batalla de Isos, na costa siria, e Darío III, rei dos persas, tivo que fuxir. Alexandre proseguiu a súa campaña dirinxíndose a Exipto. Conquistou facilmente as cidades fenicias, agás Tiro, onde tivo lugar un longo asedio. Após a rendición da cidade, Alexandre mostrou a súa crueldade matando miles de homes e facendo un grande número de escravos.
Darío dedicárase a reorganizar o exército mentres Alexandre se facía co dominio de toda a fachada mediterránea do Imperio. Á vista dos acontecementos, Darío amosouse disposto a lle ceder todos os territorios ao Oeste do Éufrates, pero iso era algo que Alexandre xa tiña conquistado, de xeito que declinou a súa oferta.
Chegou finalmente a Exipto, onde foi recibido como un liberador e se fixo coroar como faraón en Menfis (332 a.C.). Fundou Alexandría no delta do Nilo e consultou o oráculo de Amón no oasis de Siwa. O oráculo reveloulle a súa orixe divina e confirmoulle a súa misión universal. Xa fose este episodio unha montaxe de Alexandre ou dos sacerdotes amonitas, o certo foi que Alexandre se imbuíu de tal xeito no seu parentesco cos deuses que rematou converténdose nun déspota oriental, sobre todo após a morte de Darío, perdendo con iso a amizade de moitos camaradas de armas gregos que, penetrados polo espírito igualitario, propio da súa cultura, negáronse a se prosternar diante de Alexandre.
No ano seguinte, Alexandre abandonou Exipto. A súa longa estadía neste país non foi aproveitada polos persas para se reorganizar, pois na batalla de Gaugamela, na bacía alta do río Tigris, Alexandre desfixo literalmente o exército aqueménida e, dun só golpe, desmantelou toda a estrutura do poder do Imperio, ao tempo que asumía o título de Emperador Persa. Darío fuxiu novamente, mais os seus nobres, que temían a persecución de Alexandre, asasinárono. Alexandre, furioso, decidiu render homenaxe ao seu rival e perseguir os traidores. Alexandre entrou triunfalmente en Babilonia, Susa, Persépole, Pasargada e Ecbatana, as capitais persas. Pretendía constituír un imperio universal gobernado por gregos e persas unidos. Castigou coa morte a Beso, asasino de Darío, e casou coa princesa persa Roxana, dous actos simbólicos dos seus propósitos e de como se sentía continuador do soberano vencido.
A India |
Alexandre considerou que a campaña da Liga de Corinto rematara coa destrución do Imperio Persa, e continuou por conta propia as súas conquistas. Estas levárono ás satrapías orientais e aos confíns da India, no que hoxe é Afganistán e ás ribeiras do río Hifasis, afluente do Indo en 327 a.C.. Os indios fixéronlle fronte a Alexandre cun grande exército que incluía elefantes, mais Alexandre demostrou novamente o seu xenio militar ao vencelo de forma esmagadora. Impresionado polo valor do rei indio, delvolveulle a súa coroa.
Neste punto, o exército negouse a seguir, e foi necesaria a volta. Os expedicionarios chegaron á desembocadura do Indo, onde construíron unha frota que os devolveu ao golfo Pérsico. Outra parte do exército volveu con Alexandre por terra cara a Babilonia, que pensaba converter na capital do seu imperio. A estrutura deste seguiría sendo a creada polos persas, a base de satrapías. Alexandre estaba sumido nestes proxectos cando o sorprendeu a morte en Babilonia no ano 323 a. C. con 33 anos. Semella que o falecemento, após unha enfermidade de dez días, debeuse á malaria e, en todo caso, non hai razóns para atribuílo ao envelenamento como se ten aventurado, se ben a desaparición do seu corpo no século IV fai imposíbel saber a verdade.
Alexandre morreu sen nomear un herdeiro. Após a súa morte os seus xenerais loitaron polo control do Imperio, que quedou dividido en catro partes. Son as monarquías helenísticas.[5]
Personalidade e vida privada de Alexandre |
Son moitos os aspectos da personalidade de Alexandre que foron (e aínda son) discutidos. Alexandre, ademais de polo seu xenio militar indiscutíbel, salientaba pola súa crueldade fronte aos seus inimigos (crueldade, por outra banda, bastante corrente na súa época). O seu lema era renderse ou morrer. Aínda así, Alexandre mostrouse benévolo con aquelas cidades que se renderon sen opoñer resistencia. Durante unha festa, afectado polos excesos, matou o seu amigo Clito, o último dos xenerais de Filipo.
Estes feitos deron lugar á lenda negra de Alexandre, presentado como un megalómano, borracho e cruel, pero Alexandre tamén tivo moitos aspectos positivos. Educado por Aristóteles, Alexandre foi protector das artes e as letras, fundou varias cidades ás que lles puxo o nome de Alexandría; a máis famosa delas é, sen dúbida, a de Exipto, que tivo a maior biblioteca da antigüidade. Tamén respectou tanto a relixión coma os costumes dos lugares conquistados e difundiu a cultura helénica por eles. Alexandre tentou unir o seu pobo cos pobos conquistados, talvez porque se decatou de que para que o seu imperio perdurase era necesario que estivese unido. Mandou a varios dos seus oficiais, malia as súas protestas, desposarse con mulleres asiáticas e el mesmo deu exemplo casando con tres princesas; tamén incluíu soldados persas no seu exército. Para algúns historiadores, estas medidas, xunto co seu egocentrismo, foron a causa do suposto envelenamento que acabou coa súa vida.
Sexualidade |
Hoxe en día, os historiadores coinciden en que Alexandre tivo tanto amantes masculinos como femininos, malia as protestas dalgúns gregos que consideran a bisexualidade de Alexandre como unha difamación contra o seu heroe nacional. Débese ter en conta que na época de Alexandre o concepto de homosexualidade era moi diferente ao actual: era normal que os homes tivesen tanto amantes masculinos como femininos, xa que se consideraba que un home se sentía atraído pola beleza, ora masculina ora feminina. Semella case que seguro que o seu amigo Hefestión, a quen coñecía desde a infancia, fose tamén o seu amante, segundo afirman varios historiadores antigos; outros afirman que tivo ademais varios amantes adolescentes. Chegouse a insinuar que Alexandre practicamente non sentía desexo coas mulleres, mais é difícil de crer dado que, á parte de ter concubinas, Alexandre casou tres veces: con Roxana de Bactria, Statira, filla de Darío III e Parysatis, filla de Ochus. Ademais foi pai de polo menos dous nenos; Heracles, fillo dunha concubina, e Alexandre IV de Macedonia fillo de Roxana.
Notas |
↑ "Pautas para un correcto uso da linguaxe" (PDF). Universidade de Vigo. Consultado o 4 de setembro de 2016.
↑ Alexandre naceu o día seis do mes de hecatombeón, ao que os macedonios chamaban Loo (Plutarco de Queronea, Alejandro, III, 5).
↑ Online Etymology Dictionary (ed.). "The birth of Alexander". Livius (en inglés). Consultado o 11 de decembro de 2011.
↑ Existen discrepancias sobre a data exacta da súa morte. Cf. Roger Caratini: Alejandro Magno, pp. 417 e 422.
↑ "Kingdoms of the Successors of Alexander: After the Battle of Ipsus, B.C. 301". World Digital Library. 1800-1884. Consultado o 2013-07-27.
Véxase tamén |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Alexandre o Grande |
Bibliografía |
Arriano, Flavio (1982). Anábasis de Alejandro Magno. Obra completa. Madrid: Editorial Gredos.
Libro I-III. [1ª edición, 3ª impresión]. ISBN 84-249-0266-1.
Libro IV-VIII. [1ª edición, 2ª impresión]. ISBN 84-249-0306-4.
Curcio Rufo, Quinto (1986). Historia de Alejandro Magno. [1ª edición, 2ª impresión]. Madrid: Editorial Gredos. ISBN 84-249-1049-4.
Diodoro Sículo & Plutarco (1986). Alejandro Magno. Edición de Antonio Guzmán Guerra. Madrid: Akal Cambridge. ISBN 978-84-7600-108-0.
Plutarco (2007). Vidas Paralelas: Obra Completa, Volumen VI: Alejandro & César; Agesilao & Pompeyo; Sertorio & Eúmenes. Madrid: Editorial Gredos. ISBN 978-84-249-2881-0.
Pseudo Calístenes (1988). Vida y hazañas de Alejandro de Macedonia. Biblioteca Clásica Gredos 1. Edición de Carlos García Gual, Premio Nacional de Traducción 1978, [1ª edición, 3ª reimpresión]. Madrid: Editorial Gredos. ISBN 84-249-3481-4.
Bosworth, A. B. (2005). Alejandro Magno. Madrid: Akal Cambridge. ISBN 978-84-460-2308-1.
Caratini, Roger. Alejandro Magno.
Cosmelli Ibáñez, José (1983). Historia Antigua y Medieval. [37ª Edición]. Arxentina: Editorial Troquel. ISBN 950-16-6348-5.
De Santis, Marc G. (2001). At The Crossroads of Conquest. Military Heritage. Volumen 3, No. 3: 46-55, 97 (Alexander the Great, his military, his strategy at the Battle of Gaugamela and his defeat of Darius making Alexander the King of Kings).
Guzmán Guerra, Antonio & Gómez Espelosín, Francisco Javier (2004). Alejandro Magno. Madrid: Alianza Editorial. ISBN 84-206-5865-0.
Hammond, N. G. L. (1992). Alejandro Magno. Rey, general y estadista. Madrid: Alianza Editorial. ISBN 84-206-2723-2.
Lane Fox, Robin (2007). Alejandro Magno. Conquistador del mundo. Tradución de Maite Solana. Colección El Acantilado 155. 960 páxinas. Barcelona: El Acantilado. ISBN 978-84-96834-25-5.
Renault, Mary. The Nature of Alexander.
VV.AA. (1999). Nacimiento, hazañas y muerte de Alejandro de Macedonia: contenido de su vida, sus guerras, sus proezas. Introdución Carlos García Gual, tradución Carlos R. Méndez. Madrid: Editorial Gredos. ISBN 84-249-2000-7.
Outros artigos |
Reino de Macedonia.
Filipo II de Macedonia.
|
|
Categorías:
- Reis de Macedonia
- Faraóns
- Alexandre Magno
- Nados en -356
- Finados en -323
- Alexandría
(RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"0.944","walltime":"1.539","ppvisitednodes":"value":1414,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":86150,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":2059,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":9,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":34,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":4126,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":35,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 1362.993 1 -total"," 78.45% 1069.282 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 6.30% 85.842 1 Modelo:Listaref"," 5.32% 72.577 3 Modelo:Cita_web"," 5.25% 71.614 16 Modelo:Cita_libro"," 2.77% 37.721 1 Modelo:Ficha_de_nobre"," 2.31% 31.549 1 Modelo:1000"," 2.14% 29.156 1 Modelo:Infobox"," 1.98% 27.027 1 Modelo:Icona_en_título"," 1.52% 20.662 1 Modelo:Commons"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.672","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":7772055,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1310","timestamp":"20190525121617","ttl":2592000,"transientcontent":false););"@context":"https://schema.org","@type":"Article","name":"Alexandre o Grande","url":"https://gl.wikipedia.org/wiki/Alexandre_o_Grande","sameAs":"http://www.wikidata.org/entity/Q8409","mainEntity":"http://www.wikidata.org/entity/Q8409","author":"@type":"Organization","name":"Contribuidores dos projetos da Wikimedia","publisher":"@type":"Organization","name":"Wikimedia Foundation, Inc.","logo":"@type":"ImageObject","url":"https://www.wikimedia.org/static/images/wmf-hor-googpub.png","datePublished":"2005-07-04T21:50:12Z","dateModified":"2019-03-30T19:17:23Z","image":"https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/b/b0/AlexandreLouvre.jpg"(RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgBackendResponseTime":177,"wgHostname":"mw1249"););