Coñecemento Índice Algunhas definicións | Coñecer e saber | Tipos de coñecemento e características | Notas | Véxase tamén | Menú de navegaciónLa diferencia entre las ciencias y el conocimiento residiría en el grado de formalización del lenguaje de unos y otros. Wittgenstein y la geografía cuantitativa contemporánea, por Francisco J. Tapiador3000551929817ID01708624066559-8situated-knowledgeD019359
FilosofíaCiencia
filosóficacienciafunciónpatrimoniohumanidadeTerraxeoideIdade Mediacienciasfilosofíaepistemoloxíacienciapsicoloxíaciencias cognitivasantropoloxíasocioloxíaconscienciaverdadesaprendizaxeepistemoloxíacrenzaPlatónfilósofoscientíficos sociaishistoriadoresLudwig WittgensteinformalizadoevidenciacrenzaexperienciamemoriaxustificaciónfundamentalsignificadorealidadeentidadeconsistentecienciafundamentoXavier Zubirivaloraciónbo
Coñecemento
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
O coñecemento adoita entenderse como:
- Feitos, ou datos de información adquiridos por unha persoa a través da experiencia ou a educación, a comprensión teórica ou práctica dun tema ou obxecto da realidade.
- O que se adquire como información relativa a un campo determinado ou á totalidade do universo.
Conciencia ou familiaridade adquirida pola experiencia dun feito ou situación.- Inclúe o "saber que" (know what), o "saber como" (know how) e o "saber onde" (know where).
Non existe, por tanto, unha única definición de coñecemento. Porén existen moitas perspectivas desde as que se pode considerar o coñecemento, sendo un problema histórico da reflexión filosófica e da ciencia a consideración da súa función e fundamento.
O coñecemento é, por unha banda, o estado de quen coñece ou sabe algo e, por outra banda, os contidos sabidos ou coñecidos como patrimonio global da humanidade. Por exemplo, un coñecemento amplamente compartido nas sociedades actuais é o feito de que a Terra é un xeoide.
Por extensión, adoita chamarse tamén coñecemento a todo o que un individuo ou unha sociedade dados considera sabido ou coñecido. Neste sentido, diríase por exemplo que a existencia de bruxas e trasgos era coñecida na Idade Media, mentres que, desde o punto de vista actual, estas crenzas son infundadas e non constitúen, xa que logo, coñecementos.
Sen dúbida, as ciencias constitúen un dos principais tipos de coñecemento.
O coñecemento, a súa natureza, a súa variedade, o xeito de como é adquirido, o proceso da súa adquisición, os seus valores e o seu papel nas sociedades humanas, estúdanse nunha variedade de disciplinas, incluíndo a filosofía, a epistemoloxía, a ciencia, a psicoloxía, as ciencias cognitivas, a antropoloxía e a socioloxía.
Índice
1 Algunhas definicións
2 Coñecer e saber
3 Tipos de coñecemento e características
4 Notas
5 Véxase tamén
5.1 Bibliografía
5.2 Ligazóns externas
Algunhas definicións |
O coñecemento é a consciencia e o entendemento dos feitos, verdades ou información gañadas na forma da experiencia ou da aprendizaxe. O coñecemento é unha apreciación da posesión dos detalles interconectados que, no illamento, son de menor valor.
O coñecemento é un termo con moitos significados segundo o contexto, pero polo xeral está relacionado con tales conceptos como o significado, a información, a instrución, a comunicación, a representación, o estudo e o estímulo mental.
O coñecemento é distinto da información simple. Tanto o coñecemento como a información consisten en declaracións verdadeiras, pero o coñecemento é a información que ten un obxectivo ou o emprego. Os filósofos describirían isto como a información asociada coa intencionalidade. Chaman o estudo do coñecemento epistemoloxía.
Unha definición común de coñecemento é que consiste na crenza xustificada verdadeira. Esta definición provén do Theaetetus de Platón [1]
Que constitúe o coñecemento, a certeza e a verdade son cuestións polémicas. Estas cuestións son discutidas por filósofos, científicos sociais e historiadores. Ludwig Wittgenstein escribiu Sobre a certeza —aforismos acerca destes conceptos— explorando as relacións entre o coñecemento e a certeza.
Coñecer e saber |
Diferenciamos, dun modo técnico e formalizado [2] os conceptos de coñecer e saber, por máis de que, na linguaxe ordinaria, se usen ás veces como sinónimos, outras veces non.[3]
Coñecer, e o seu produto, o coñecemento, está ligado a unha evidencia que consiste na crenza baseada na experiencia e na memoria e á algo común na evolución des seres naturais concibidos como sistemas, a partir dos animais superiores.
Saber, pola súa parte, require, ademais do anterior, unha xustificación fundamental; é dicir, un engarce nun sistema coherente de significado e de sentido,[4] fundado no real e comprendido como realidade; máis alá do coñecemento do obxecto no momento presente como se fora definitivo e completo. Un sistema que constitúe un mundo e fai deste feito de experiencia algo con entidade consistente.[5]
É dicir, que as cousas alleas á razón non poden ser obxecto de ciencia. E un pouco máis adiante recoñece que os elementos simples son por iso "irracionais", xa que non se pode dar razón deles. E despois, no "Sofista", intenta por iso "ir máis alá" do elemental como elemental, senón ao fundamento do mesmo, á "Idea" (Logos), a "racionalidade" que serve de fundamento ou, como di Xavier Zubiri, (Inteligencia y razón, páx. 258 e ss.), fai posíbel o "verdadear" das cousas e os feitos como realidade. O saber da verdade, así concibido, é un "feito aberto" como proceso intelectual e non un logro definitivo, (Hilary Putnam, Razón, verdade e historia, Madrid, Tecnos, 1988.</ref> Un conxunto de razóns e outros feitos independentes da miña experiencia que, por un lado, ofrecen un "saber qué" é o percibido e, por outro lado, orientan e definen a conduta, como un "saber facer" como resposta adecuada e unha valoración de todo iso respecto ao bo.[6]
Tipos de coñecemento e características |
O coñecemento é | O coñecemento expresa |
|
|
Notas |
↑ "ciencia es la opinión verdadera acompañada de razón". (δοξα άληθης μεταλογου). Platón. Teeteto. Trad. Juan B. Bergua. Madrid. Ediciones Ibéricas. 1960. páxs. 122 e 223.
↑ Seguimos os termos da tese de Daniel Quesada; en cambio, Zubiri, o que aquí consideramos saber el o considera coñecemento en tanto que intelección racional. Véxase Intelixencia e razón, páx. 161.
↑ "Coñezo a Antonio". "Coñezo China". Ás persoas e ás nacións non se "saben". En cambio, "sei montar en bicicleta"; "sei a lección"; "sei por que funciona un motor". Nalgúns casos esta diferenza ten sentido: "Coñezo o teorema de Pitágoras" versus "Sei o teorema de Pitágoras". Noutros moitos casos son intercambiábeis o coñecer e o saber e a RAG tampouco os define dun modo plenamente diferenciado, porque o uso, aínda cando establece diferenzas, non son o suficientemente esclarecedoras. Véxase [http://www.realacademiagalega.org/dicionario Dicionario da Real Academia Galega.
↑ Significado de coherencia dentro dun contexto cognitivo, lóxico, lingüístico etc. que define un mundo posíbel. Véxase tamén referencia ao sentido de Heidegger en canto a un fundamento último existencial
↑ Non no sentido de lóxica formal, pero si relacionado fundamentalmente e no fondo coa lóxica na súa relación co contido material de coñecemento.
↑ Ferrater Mora, J. Diccionario de Filosofía, Madrid, Alianza Diccionarios, 1984; entrada "conocer". Hilary Putnam, Razón, verdad e historia, Madrid, Tecnos, 1988.
Véxase tamén |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Coñecemento |
Bibliografía |
- Dawkins, R. J. (2005): El gen egoísta. Las bases biológicas de nuestra conducta. Barcelona: Salvat. ISBN 84-345-0178-3
- Ferrater Mora, J. (1979): De la materia a la razón. Madrid: Alianza. ISBN 84-206-2225-7
- Ferrater Mora, J. (1984): Diccionario de Filosofía (4 volumes). Barcelona: Alianza Diccionarios. ISBN 84-206-5299-7
- Husserl, E. (1993): Ideas relativas a una fenomenología pura y una filosofía fenomenológica, (Trad. José Gaos). México: Fondo de Cultura Económica. ISBN 84-375-0255-1
- Husserl, E. (2005): Investigaciones Lógicas. 2 Volumes. (Trad. de Manuel García Morente y José Gaos). Buenos Aires: Alianza. ISBN 84-206-8196-2
- Lakatos, I. (1983): La metodología de los programas de investigación científica. Madrid: Alianza. ISBN 84-206-2349-0
- Lyotard, J. F. (1994): La condición postmoderna: informe sobre el saber. Madrid: Cátedra. ISBN 84-376-0466-4
- Penrose, R. (1991): La nueva mente del emperador. Madrid: Mondadori. ISBN 84-397-1786-5
- Putnam, H. (1988): Razón, verdad e historia. Madrid: Tecnos. ISBN 84-309-1577-X
- Quesada, D. (1998): Saber, opinión y ciencia: Una introducción a la teoría del conocimiento clásica y contemporánea. Barcelona: Ariel. ISBN 84-344-8746-2
- Quine, W. V. (1998): Del estímulo a la ciencia. Barcdelona: Ariel. ISBN 84-344-8747-0
- Russell, B. (1959): El conocimiento humano: su alcance y sus limitaciones. Madrid: Taurus.
- Villoro, J. (1982): Creer, saber, conocer. México: Siglo XXI Editores. ISBN 968-23-1151-9
- Zubiri, X. (1980): Inteligencia sintiente. Madrid: Alianza. ISBN 84-206-9011-2
- Zubiri, X. (1982): Inteligencia y Logos. Madrid: Alianza. ISBN 84-206-9012-0
- Zubiri, X. (1983): Inteligencia y Razón. Madrid: Alianza. ISBN 84-206-9016-3
Ligazóns externas |
La diferencia entre las ciencias y el conocimiento residiría en el grado de formalización del lenguaje de unos y otros. Wittgenstein y la geografía cuantitativa contemporánea, por Francisco J. Tapiador (en castelán)
|
|
Categorías:
- Filosofía
- Ciencia
(RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"0.324","walltime":"0.458","ppvisitednodes":"value":468,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":9302,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":1144,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":11,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":7,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":3546,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":8,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 403.333 1 -total"," 64.59% 260.512 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 18.49% 74.585 1 Modelo:Commonscat"," 17.72% 71.458 1 Modelo:Irmáns"," 16.89% 68.112 1 Modelo:Caixa_lateral"," 6.87% 27.713 2 Modelo:Icona_en_título"," 6.21% 25.045 1 Modelo:1000"," 1.99% 8.011 1 Modelo:1000_artigos_icona_título"," 1.62% 6.516 1 Modelo:Título_sen_retrouso"," 0.60% 2.434 1 Modelo:Es"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.185","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":3615465,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1318","timestamp":"20190517144938","ttl":2592000,"transientcontent":false););"@context":"https://schema.org","@type":"Article","name":"Cou00f1ecemento","url":"https://gl.wikipedia.org/wiki/Co%C3%B1ecemento","sameAs":"http://www.wikidata.org/entity/Q9081","mainEntity":"http://www.wikidata.org/entity/Q9081","author":"@type":"Organization","name":"Contribuidores dos projetos da Wikimedia","publisher":"@type":"Organization","name":"Wikimedia Foundation, Inc.","logo":"@type":"ImageObject","url":"https://www.wikimedia.org/static/images/wmf-hor-googpub.png","datePublished":"2004-12-15T22:41:59Z","dateModified":"2019-01-04T01:21:47Z","image":"https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/a/a0/Lucas_Cranach_%28I%29_-_Adam_and_Eve-Paradise_-_Kunsthistorisches_Museum_-_Detail_Tree_of_Knowledge.jpg","headline":"Familiaridade adquirida por un ser vivo"(RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgBackendResponseTime":141,"wgHostname":"mw1251"););