Saladino Índice Traxectoria | Notas e referencias | Véxase tamén | Menú de navegacióneThe Encyclopaedia of IslamSaladin and the Fall of the Kingdom of JerusalemSaladin: the Politics of the Holy WarSaladin: The Background, Strategies, Tactics and Battlefield Experiences of the Greatest Commanders of HistoryStanley Lane-Poole, "The Life of Saladin and the Fall of the Kingdom of Jerusalem"Saladin: The Sultan and His Times, 1138–1193WorldCat90040943ADV101898191197223083528859cnp00564862ID0007872381034161186049880000 0001 2143 1502n8216528800621422jn20010525092000092624071575197199131w60w1stf027745325Ayyūb-1
CalifasNados en 1138Finados en 1193
árabekurdoTikrit11381193DamascoislámicosultánExiptoSiriaPalestinaArabiaIemenLibiaMesopotamiaIslamsunnismoOriente PróximoCalifato AbbasíTerra SantacruzadosXerusalénReino de XerusalénOccidenteRicardo I de InglaterraIraqZengiMosulEdesaBaalbek1146Nur al-DinDamascoShirkuhCalifato FatimíAscalónbizantinosvisir1169Amalrico IIDamietaMagrebkurdasturcomásAl-AdidmesquitaslibiaMar VermelloO Cairo1174As-Salih Ismail al-MalikReino de XerusalénAleposeita dos asasinoscota de malla1177batalla de Montgisartrío Xordánbatalla do vado de Xacobfrancos1181Zengida11861182xihad
Saladino
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Saladino | |
---|---|
Sultán de Exipto e Siria | |
Representación artística de Saladino. | |
Reinado | 1174–1193 |
Coroación | 1174 no Cairo |
Nome completo | Ṣalāḥ al-Dīn Yūsuf ibn Ayyūb |
Nacemento | 1138 Tikrit, Mesopotamia |
Falecemento | 4 de marzo de 1193 (55 anos) Damasco, Siria |
Sepultura | Mesquita dos Omeias, Damasco |
Predecesor | Nur ad-Din Zangi |
Sucesor | Al-Afdal (Siria) Al-Aziz Uthman (Exipto) |
Consorte | Ismat ad-Din Khatun |
Proxenitores | Najm ad-Dīn Ayyūb |
Ṣalāḥ ad-Dīn Yūsuf ibn Ayyūb (árabe: صلاح الدين يوسف بن أيوب; kurdo: سهلاحهدین ئهیوبی , Selahedînê Eyûbî), máis coñecido en occidente como Saladino,[1] nado en Tikrit en 1138 e finado en 1193 en Damasco, foi un dos grandes gobernantes do mundo islámico, sendo sultán de Exipto, Siria, Palestina, así como de zonas de Arabia, Iemen, Libia e Mesopotamia.
Defensor do Islam e particularmente da ortodoxia relixiosa representada polo sunnismo, unificou política e relixiosamente o Oriente Próximo, combatendo os cristiáns e rematando con doutrinas afastadas do culto oficial representado polo Califato Abbasí. É particularmente coñecido por arrebatar a Terra Santa ós cruzados, devolvendo Xerusalén ós musulmáns e rematando co Reino de Xerusalén. O impacto deste acontecemento en Occidente provocou unha nova cruzada (a terceira) liderada polo famoso Ricardo I de Inglaterra, que se converteu en mítica.
Índice
1 Traxectoria
1.1 Primeiros anos
1.2 Señor de Exipto
1.3 Sultán de Siria
1.4 Líder do Islam
2 Notas e referencias
3 Véxase tamén
3.1 Bibliografía
3.2 Ligazóns externas
Traxectoria |
Primeiros anos |
Naceu en 1138 en Tikrit, (na provincia actualmente chamada Salah ad Din no seu honor, en Iraq) onde o seu pai Ayub, era gobernador. A súa familia era kurda e como moitos kurdos naquela época, eran soldados ó servizo dos gobernantes sirios e mesopotámicos. Tras caer en desgraza e ser expulsados, puxéronse ó servizo de Zengi, señor de Mosul, que unira so o seu mando a zona norte de Siria e Iraq. Foi o primeiro dos grandes líderes musulmáns que tratou de expulsar os cruzados de Oriente Próximo, logrando arrebatarlles o Condado de Edesa. A familia de Saladino uniuse pois ó seu exército, sendo o seu pai recompensado co goberno de Baalbek. Naquela época os cristiáns lanzarían a Segunda Cruzada, que fracasaría.
A morte en 1146 deste caudillo, asasinado, abriu un período de guerra civil en Siria pola sucesión. A familia de Saladino poríase de parte do herdeiro designado, o fillo menor de Zengi, Nur al-Din. Cando tras diversas loitas este se impuxo en Siria, os parentes de Saladino foron recompensados: o seu pai recibiu o goberno de Damasco, e o seu tío Shirkuh o mando do exército.
Señor de Exipto |
Namentres, Exipto estaba nun período de inestabilidade. Nos momentos finais do Califato Fatimí o país estaba en crise, ameazado polos cruzados, que ocuparan Ascalón e ameazaban a fronteira aliados cos bizantinos, así como en guerra civil polos diversos aspirantes ó cargo de visir.
Un deles acudiu á corte de Damasco a pedir axuda a Nur al-Din. Este enviou un exército ó mando de Shirkuh, que se levou ó seu sobriño Saladino con el. Cara a 1169 Shirkuh controlaba o país, actuando en parte como primeiro ministro do califa fatimita de Exipto en parte como gobernador e representante do sultán sirio. Nese mesmo ano morría o xeneral, sendo substituído no posto polo seu sobriño, Saladino.
A tentativa do rei de Xerusalén Amalrico II de invadir Exipto co apoio da frota bizantina foi contida no peirao de Damieta, afastando o perigo inmediato dunha conquista cristiá.
Saladino reformou a administración do país, abolindo impostos e reducindo o desmesurado funcionariado, reorganizou o exército, composto ata entón por mercenarios do Magreb que foron substituídos por tropas kurdas e turcomás, e impuxo a súa autoridade sobre o país. A doenza de Al-Adid, o derradeiro califa fatimí, impediu a este continuar controlando as mesquitas exipcias, nas que se comezou a orar polo califa abbasí. A súa morte en 1171 supuxo a reintegración definitiva do culto en Exipto á corrente sunní, maioritaria no Islam, durante a ocupación e mando de Saladino. Isto serviu para realzar o seu prestixio dentro da comunidade islámica, que estaba aínda moi afectada pola caída da cidade santa de Xerusalén no poder dos cruzados en 1099.
Saladino ampliou tamén as súas fronteiras, conquistando a costa libia, o norte do Sudán e Iemen coa escusa de restaurar a ortodoxia relixiosa (estes territorios estaban fóra do liderado espiritual do Califato Abbasí, sendo para a súa doutrina herexes). Saladino tamén tomou os portos e posicións cruzadas no Mar Vermello, asegurando a súa posición contra os estados cristiáns.
Trala morte de Al-Adid era en teoría un vasalo de Nur al-Din mais na práctica era o gobernador de facto de Exipto: recoñecía a autoridade do sultán de Siria, mais gozaba de total independencia no seu goberno de Exipto, debido á distancia entre Damasco e O Cairo, separadas por estados gobernados polos cruzados europeos.
Sultán de Siria |
Á morte de Nur al-Din en 1174 os seus dominios deberían pasar ó seu fillo As-Salih Ismail al-Malik. Porén o herdeiro era un neno, que tardaría anos en controlar e imporse en Siria, o que fixo que numerosas potencias tratasen de aproveitar a situación, entre elas, Saladino.
Este ocupou Damasco e con iso Siria do Sur, so a escusa de asegurar estas terras ó seu lexítimo dono, pois estaban ameazadas polo Reino de Xerusalén. Porén, practicou unha política hostil a as-Salih Ismail al-Malik, arrebatándolle unha a unha as prazas do norte, ata que só lle quedou Alepo. Chegou incluso a asediar esta cidade infrutuosamente. No transcurso do sitio, sufriu un intento de asasinato por parte da seita dos asasinos, librándose por levar unha cota de malla baixo as súas roupas.
Entrementres, mantivo unha actitude agresiva contra os estados cruzados, realizándose como era habitual dende a primeira cruzada, incursións e asaltos. En 1177, unha invasión de Saladino, que atacaba dende o sur, foi desarticulada na batalla de Montgisart.
Dous anos despois, un ataque a unha fortaleza que os cristiáns estaban construíndo na ribeira do río Xordán deulle a primeira gran vitoria (batalla do vado de Xacob) na súa campaña por expulsar os francos de ultramar.
Tras morrer o herdeiro de Nur al-Din sen descendencia en 1181, Saladino foi nomeado nominalmente (xa o era de facto) sultán de Siria e Exipto.
Líder do Islam |
Tras afianzarse como señor de Siria, Saladino manobrou contra os príncipes da dinastía Zengida que gobernaban en Mesopotamia (o norte do actual Iraq). Estes eran descendentes de Zengi, e sobriños de Nur al-Din cuxo imperio abarcara algunhas provincias fronteirizas na rexión.
Saladino recuperou as terras fronteirizas, e expandiu o seu dominio máis alá aínda. É de destacar a anexión de Edesa. Tras varias campañas en Mesopotamia conseguiu a submisión do príncipe de Mosul en 1186, cuxa cidade chegou a sitiar sen éxito en 1182, que se converteu no seu vasalo, comprometendose a colaborar na súa "xihad".
Notas e referencias |
↑ Editorial Galaxia, ed. (2007). Diciopedia do século 21 3. Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato (edición). p. 1856. ISBN 9788482893600.
Véxase tamén |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Saladino |
Bibliografía |
Bahā' al-Dīn Ibn Shaddād (2002). The Rare and Excellent History of Saladin. Ashgate. ISBN 978-0-7546-3381-5.
Imad ad-Din al-Isfahani (1888). C. Landberg, ed. Conquête de la Syrie et de la Palestine par Salâh ed-dîn (en French). Brill.
Bosworth, Clifford (1989). "Mahk-Mid". En Van Donzel, E.; Heinrichs, W. P.; Pellat, Ch. The Encyclopaedia of Islam VI. E. J. Brill. ISBN 90-04-08112-7. Consultado o May 18, 2008.
Gabrieli, Francesco; Costello, E. J. (1984). Arab historians of the crusades. London: Routledge & Kegan. p. 362. ISBN 978-0-7102-0235-2.
Gillingham, John (1999). Richard I. Yale English Monarchs. New Haven: Yale University Press. p. 378. ISBN 978-0-300-07912-8.
Grousset, René (1970). The epic of the Crusades. tr. Lindsay, Noël. New York: Orion Press.
Lane-Poole, Stanley (1906). Saladin and the Fall of the Kingdom of Jerusalem. Heroes of the Nations. London: G. P. Putnam's Sons.
Lyons, M. C.; Jackson, D.E.P. (1982). Saladin: the Politics of the Holy War. Cambridge University Press. ISBN 978-0-521-31739-9.
Minorsky, Vladimir (1953). Studies in Caucasian history. London: Cambridge University Press.
Nicolle, David (2011). Saladin: The Background, Strategies, Tactics and Battlefield Experiences of the Greatest Commanders of History. Osprey Publishing. ISBN 1849083177.
Ligazóns externas |
Stanley Lane-Poole, "The Life of Saladin and the Fall of the Kingdom of Jerusalem" (en inglés)
Saladin: The Sultan and His Times, 1138–1193 (en inglés)
|
Categorías:
- Califas
- Nados en 1138
- Finados en 1193
(RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"0.636","walltime":"1.023","ppvisitednodes":"value":1136,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":34279,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":1559,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":11,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":19,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":1008,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":20,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 949.756 1 -total"," 72.26% 686.320 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 11.30% 107.280 11 Modelo:Cita_libro"," 5.12% 48.633 1 Modelo:Commonscat"," 5.02% 47.641 1 Modelo:Listaref"," 4.80% 45.595 1 Modelo:Ficha_de_nobre"," 4.69% 44.579 1 Modelo:Irmáns"," 4.32% 40.991 1 Modelo:Caixa_lateral"," 3.87% 36.752 1 Modelo:Infobox"," 1.59% 15.071 1 Modelo:1000"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.460","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":6693800,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1268","timestamp":"20190607033124","ttl":2592000,"transientcontent":false););"@context":"https://schema.org","@type":"Article","name":"Saladino","url":"https://gl.wikipedia.org/wiki/Saladino","sameAs":"http://www.wikidata.org/entity/Q8581","mainEntity":"http://www.wikidata.org/entity/Q8581","author":"@type":"Organization","name":"Contribuidores dos projetos da Wikimedia","publisher":"@type":"Organization","name":"Wikimedia Foundation, Inc.","logo":"@type":"ImageObject","url":"https://www.wikimedia.org/static/images/wmf-hor-googpub.png","datePublished":"2006-05-14T19:47:22Z","dateModified":"2019-03-23T11:39:33Z","image":"https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/5/5e/Saladin_green_dashinvaine.jpg","headline":"gobernante do mundo islu00e1mico"(RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgBackendResponseTime":190,"wgHostname":"mw1246"););