Skip to main content

Kwame Nkrumah Índice Primeiros anos | Regreso a Ghana | A Independencia de Ghana | Presidente de Ghana | Últimos anos | Notas | Véxase tamén | Menú de navegacióneWorldCat3692259290394419112833XX10490541191776272665284a10982413ID37593ID00461791185883540000 0001 1054 9118n790656210000000406200451399jx20050606009000092648070852405ID31504OL267708A324658w6rr261x027291812

DescolonizaciónPresidentes de GhanaNados en 1909Finados en 1972Alumnos da Universidade de Pensilvania


21 de setembro1909Costa de OuroGhana27 de abril1972BucarestRomaníaanticolonialantineocolonialanti-imperialistaÁfricapresidenteGhanapanafricanistasséculo XXNkrofulCosta de OuroGhanaHalf AssiniAccraEstados Unidos de AméricaUniversidade LincolnUniversidade de Pensilvania1945Reino UnidoLondon School of EconomicsMarcus GarveyWeb Du BoisCongreso PanafricanoManchesterW.E.B. Du BoisArko AdjeiCosta de Ourosufraxio femininodemocracias1949carisma9 de xaneiro1950Gandhi1 de xaneiro1951constitución1951sufraxio universal1954Ghana6 de marzo19571960repúblicadesenvolvementorecursosbenestarideolóxicosocialismo africanoEstadoensinoinfraestruturasAkosomboneocolonialismopanafricanoÁfricafederaciónÁfricaguerra fríadescolonizaciónOUAlibraURSSChinaautoritariodemocráticocancro19721962196424 de febreiro1966HanoiVietnam do NorteGuinea-Conakry27 de abril1972RomaníaTerceiro Mundo2000










Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter



Kwame Nkrumah




Na Galipedia, a Wikipedia en galego.






Saltar ata a navegación
Saltar á procura




























Kwame Nkrumah
The National Archives UK - CO 1069-50-1.jpg
Nacemento
10 de outubro de 1909 e 21 de setembro de 1909
 Nkroful
Falecemento
27 de abril de 1972
 Bucarest
Causa
Cancro de pel e Cancro de próstata
SoterradoKwame Nkrumah Mausoleum
NacionalidadeCosta do Ouro e Ghana
Relixióncatolicismo
Alma máterUniversidade Lincoln, London School of Economics, University of Pennsylvania Graduate School of Education e Achimota School
Ocupaciónpolítico, escritor, diplomático e profesor de educación superior
CónxuxeFathia Nkrumah
FillosGamal Nkrumah, Samia Nkrumah e Sekou Nkrumah
PremiosPrêmio Lenin da Paz e Knight Grand Cross with Collar of the Order of Merit of the Italian Republic
[ editar datos en Wikidata ]

Kwame Nkrumah, nado o 21 de setembro de 1909 en Costa de Ouro, hoxe Ghana e finado o 27 de abril de 1972 en Bucarest, Romanía, como era coñecido Francis Nwia-Kofi Ngoloma, foi un líder ghanés anticolonial, antineocolonial e anti-imperialista de África. Nkrumah foi o fundador e mailo primeiro presidente da moderna Ghana, sendo considerado como un dos políticos panafricanistas máis influentes do século XX.




Índice





  • 1 Primeiros anos


  • 2 Regreso a Ghana


  • 3 A Independencia de Ghana


  • 4 Presidente de Ghana


  • 5 Últimos anos


  • 6 Notas


  • 7 Véxase tamén




Primeiros anos |


Nkrumah naceu en Nkroful, no territorio africano entón coñecido como Costa de Ouro, hoxe Ghana, nunha familia de relixión cristiá relativamente humilde. Acudiu á escola elemental na localidade de Half Assini, diplomándose logo en Accra no Government Training College (que cambiou o nome naquel mesmo ano para Achimota School). No 1935 deixou Ghana para ir aos Estados Unidos de América. Aí traballou e seguiu estudos nunha variedade de materias (Ensinanza, Economía, Socioloxía e Teoloxía) na Universidade Lincoln e na Universidade de Pensilvania[1]. En 1945 marchou ao Reino Unido, e estudou ciencias políticas na London School of Economics.


Nkrumah viviu a experiencia da discriminación racial, quedando ao tempo impresionado polo pensamento dalgúns activistas afroamericanos, como Marcus Garvey e Web Du Bois. Dos Estados Unidos trasladouse a Gran Bretaña con intención de continuar os seus estudos. Nkrumah xogaría un papel de primeiro plano na WASU (West African Students’ Union: Unión de Estudantes da África Occidental), colaborando como secretario na organización do V Congreso Panafricano, en Manchester, organismo instituído por W.E.B. Du Bois.



Regreso a Ghana |


Toda esa actividade chamou a atención de Arko Adjei, dirixente do United Gold Coast Convention (Convención Unida da Costa de Ouro) (UGCC), o primeiro partido político de Ghana. En 1947 Nkrumah tornou a Ghana para participar na loita polo dereito do seu pobo á autodeterminación, mais entre el e outros membros da UGCC as relación voltáronse de súpeto tensas.


No 1948 Nkrumah e outros dirixentes da da UGCC foron detidos polo goberno colonial coa escusa dunha serie de tumultos e desordes que convulsionaran o país; porén o arresto non fixo senón aumentar a súa popularidade, e foi ceibado pouco despois.


Nkrumah comezou a súa axitación polo país adiante. De comunidade en comunidade proclamou que a Costa de Ouro precisaba o "autogoberno", ao tempo que edificaba unha ampla base de poder. Os agricultores do cocos uníronselle porque estaban en desacordo coa política británica. Solicitou que as mulleres tomasen parte no proceso político nunha época na que o sufraxio feminino era aínda recente nas democracias occidentais. Os sindicatos tamén se xuntaron ao seu movemento. Cara 1949, organizara todos eses grupos nun novo partido denominado The Convention People’s Party (Partido da Convención Popular) (CCP). Nkrumah, ademais de poder contar co seu propio carisma persoal, buscou rodearse de persoas con habilidade propagandística que soubesen aproveitar todos os medios ao seu alcance, especialmente xornalísticos. Fundáronse novos xornais como Accra Evening News e Cape Coast Daily Mail que, a diferenza das anteriores publicacións políticas do país, eran redactadas de xeito simple e comprensíbel. O goberno colonial británico probou a censurar e reprimir os xornais, mais desta vez só conseguiu inflamar o ánimo da poboación.


O 9 de xaneiro de 1950 Nkrumah proclamou unha grande folga con demostracións polo país enteiro, que se denominou “Positive Action” (Acción concreta): a idea era imitar o exemplo de Gandhi na India. Algúns tumultos conseguintes deron ao goberno colonial a escusa para arrestar de novo a Nkrumah.



A Independencia de Ghana |


O 1 de xaneiro de 1951 foi promulgada a nova constitución de Ghana, que o CPP criticou ora porque negaba o pleno autogoberno, ora porque máis unha vez favorecía a representación a través das elites tradicionais. En febreiro de 1951, como o partido decidira participar nas eleccións, o novo gobernador británico Sir Charles Alden permitiu que Nkrumah, aínda no cárcere, competise por un escano na Asemblea. O éxito nas votacións foi un triunfo para Nkrumah. Ante esta esmagadora vitoria Alden decidiu liberar a Nkrumah xunto outros membros do CPP que estaban tamén detidos, e nomealo xefe do goberno e, un ano despois, primeiro ministro. Unha das primeiras medidas de Nkrumah foi modificar a constitución, que transformou a Asemblea Lexislativa nunha cámara integramente elixíbel por sufraxio universal. No ano 1954 as novas eleccións outorgáronlle de novo unha nidia vitoria ao CPP.


Así Nkrumah accedeu a guiar o seu país -que rebautizou Ghana, en lugar do nome de Costa de Ouro, que tiña na época colonial- cara a independencia, obtida o 6 de marzo de 1957.


Ata o 1960 un representante da Coroa británica ostentaba aínda o título de xefe de estado honorífico. No mesmo 1960 Ghana foi proclamada república e Nkrumah foi elixido presidente fronte de J.B. Danqua, candidato da oposición.



Presidente de Ghana |


Un dos primeiros obxectivos do goberno Nkrumah foi promover o desenvolvemento do país, de modo que os seus recursos poidesen ser usados para mellorar o benestar da poboación, e non só para producir bens exportábeis cara os países desenvolvidos. Desde un punto de vista ideolóxico Nkrumah era un defensor do socialismo africano. Foi así creado un sistema económico que combinaba a libre iniciativa privada cun forte papel do Estado na economía. Na primeira época a política de Nkrumah obtivo discretos éxitos, especialmente nos campos do ensino e da construción de infraestruturas (o grande encoro de Akosombo), mais os programas de desenvolvemento impuxeron tamén un forte peso nas finanzas do país que, unido as esperanzas que as excesivas ambicións do presidente xeraran, e máis o difusión da corrupción, revelouse un punto insostíbel. Amargado polas dificultades que Ghana atopaba no seu intento de se emancipar tanto social como economicamente, Nkrumah virou moi apaixonado na denuncia do neocolonialismo . Para vencer estas forzas Nkrumah tiña en mente unha solución, xa pensada nos tempos da súa militancia no movemento panafricano: a unión de África enteira nunha federación.


As ambicións revolucionarias de Nkrumah levábano a considerarse investido dunha misión que transcendía os confíns de Ghana para se estender por toda África. Nkrumah vía na federación de África o único xeito de que o continente se emancipase realmente e obtivese un espazo na época da guerra fría. Coherentemente, estaba a prol dunha política de “neutralismo activo”.


Neses anos da descolonización a idea dunha organización, calquera que fose, dos países africanos gozaba de consenso xeral. Mais Nkrumah insistía en botar as bases dunha unión política, sendo claro que esa postura non se aceptaba pola maioría dos dirixentes africanos. De maneira que a Organización da Unidade Africana (OUA) non correspondía aos desexos de Nkrumah, senón apenas un organismo intergobernamental. Con todo, en 1965, Kwame Nkrumah non dubidou en gastar 10 millóns de libras en erguer un Pazo da Unidade Africana en Accra, con ocasión da Conferencia de Xefes de Estado e Goberno da OUA, nun momento no que a economía do seu país estaba en dificultades, custo que a súa ambición política impuña e que lle subtraía o apoio da poboación. Por outra banda a súa liña intransixente sobre o neocolonialismo, xunto co apoio aos "combatentes pola liberdade" no resto do continente, e mailo seu achegamento, nos anos últimos, á URSS e a China, contribuirón a lle crear fama de revolucionario incómodo e a lle retirar o sostén dos "moderados". Todos ese factores illárono no plano internacional e foron unha das causas da súa caída. Outra causa sería o cariz cada vez máis autoritario que o seu réxime fora tomando desde a independencia de Ghana.


Se ben Nkrumah se declarara partidario dun réxime democrático, na práctica demostrouse pouco tolerante cando a oposición puña en perigo as súas concepcións de progreso e unidade das nacións e da interpretación que daba da vontade popular. A represión do disenso era xustificada pola identificación do “goberno do pobo” coa vontade do líder electo, isto é co mesmo Nkrumah. As primeiras medidas que restrinxían as liberdades políticas no país foran unha resposta as axitacións rexionalistas e secesionistas que acompañaran á independencia: a Deportation Act (Lei de deportación), que permitía expulsar de Ghana os cidadáns estranxeiros que apoiasen e financiasen a oposición e maila Avoidance of Discrimination Act (Lei antidiscriminación). Ambas de 1957. A última das leis vedaba os partidos de base rexional ou tribal. Pero foi máis alá, coa Preventive Detention Act (Lei de detención preventiva), de xullo de 1958, que autorizaba encarcerar por un período non superior a cinco anos, en base a simples sospeitas, a quen fose acusado de accións contra a seguranza do país.


Os actos terroristas contra o goberno aumentaran antes de diminuír. Tense suxerido que o cancro que causou a morte de Nkrumah en 1972 foi unha secuela dun atentado no 1962. Pero tivera tamén como resultado o endurecemento da política represiva.



Últimos anos |


No 1964 Nkrumah convocou un referendo con idea de proclamar o CPP, do cal tiña o control absoluto , partido único de Ghana, e a el mesmo presidente vitalicio. Nkrumah perdera o que fora a súa grande calidade: a capacidade de interpretar os sentimentos e as necesidades das masas populares.


O 24 de febreiro de 1966, mentres o presidente estaba ocupado nunha misión de paz en Hanoi, entón capital de Vietnam do Norte, o exército e a policía anunciaron a súa expulsión do poder, a suspensión da Constitución e a formación dun goberno militar provisorio. Nkrumah refuxiouse en Guinea-Conakry.


O 27 de abril de 1972 Kwame Nkrumah morreu de cancro en Romanía, onde se retirara para curarse.


Nkrumah foi e é aínda un referente para toda África, como unha das figuras máis importantes na loita contra o colonialismo e pola emancipación dos pobos do Terceiro Mundo. Os ouvintes africanos da BBC escollérono como "Home do Milenio" no 2000.



Notas |




  1. Kwame Botwe-Asamoah Kwame Nkrumah's Politico-Cultural Thought and Policies. Routledge, 2005, páxina 3



Véxase tamén |








Presidente de Ghana


Segue a:
(monarquía)

Kwame Nkrumah
(1960-1966)



Precede a:
Joseph Arthur Ankrah

Convention People's Party



Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Kwame_Nkrumah&oldid=5132409"










Menú de navegación


























(RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"1.084","walltime":"1.577","ppvisitednodes":"value":3381,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":25344,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":1110,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":11,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":25,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":439,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":26,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 1493.016 1 -total"," 50.09% 747.847 1 Modelo:Biografía"," 49.64% 741.072 1 Modelo:Infobox"," 45.65% 681.623 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 45.05% 672.553 28 Modelo:Propiedade"," 2.80% 41.828 2 Modelo:Se_é_muller"," 1.64% 24.537 1 Modelo:Commonscat"," 1.46% 21.856 1 Modelo:Irmáns"," 1.21% 18.124 1 Modelo:Caixa_lateral"," 0.76% 11.414 1 Modelo:1000"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.914","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":6654131,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1248","timestamp":"20190604104327","ttl":2592000,"transientcontent":false););"@context":"https://schema.org","@type":"Article","name":"Kwame Nkrumah","url":"https://gl.wikipedia.org/wiki/Kwame_Nkrumah","sameAs":"http://www.wikidata.org/entity/Q8620","mainEntity":"http://www.wikidata.org/entity/Q8620","author":"@type":"Organization","name":"Contribuidores dos projetos da Wikimedia","publisher":"@type":"Organization","name":"Wikimedia Foundation, Inc.","logo":"@type":"ImageObject","url":"https://www.wikimedia.org/static/images/wmf-hor-googpub.png","datePublished":"2007-02-20T18:23:04Z","dateModified":"2019-04-29T23:47:15Z","image":"https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/d/d9/The_National_Archives_UK_-_CO_1069-50-1.jpg","headline":"polu00edtico de Ghana"(RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgBackendResponseTime":168,"wgHostname":"mw1253"););

Popular posts from this blog

Club Baloncesto Breogán Índice Historia | Pavillón | Nome | O Breogán na cultura popular | Xogadores | Adestradores | Presidentes | Palmarés | Historial | Líderes | Notas | Véxase tamén | Menú de navegacióncbbreogan.galCadroGuía oficial da ACB 2009-10, páxina 201Guía oficial ACB 1992, páxina 183. Editorial DB.É de 6.500 espectadores sentados axeitándose á última normativa"Estudiantes Junior, entre as mellores canteiras"o orixinalHemeroteca El Mundo Deportivo, 16 setembro de 1970, páxina 12Historia do BreogánAlfredo Pérez, o último canoneiroHistoria C.B. BreogánHemeroteca de El Mundo DeportivoJimmy Wright, norteamericano do Breogán deixará Lugo por ameazas de morteResultados de Breogán en 1986-87Resultados de Breogán en 1990-91Ficha de Velimir Perasović en acb.comResultados de Breogán en 1994-95Breogán arrasa al Barça. "El Mundo Deportivo", 27 de setembro de 1999, páxina 58CB Breogán - FC BarcelonaA FEB invita a participar nunha nova Liga EuropeaCharlie Bell na prensa estatalMáximos anotadores 2005Tempada 2005-06 : Tódolos Xogadores da Xornada""Non quero pensar nunha man negra, mais pregúntome que está a pasar""o orixinalRaúl López, orgulloso dos xogadores, presume da boa saúde económica do BreogánJulio González confirma que cesa como presidente del BreogánHomenaxe a Lisardo GómezA tempada do rexurdimento celesteEntrevista a Lisardo GómezEl COB dinamita el Pazo para forzar el quinto (69-73)Cafés Candelas, patrocinador del CB Breogán"Suso Lázare, novo presidente do Breogán"o orixinalCafés Candelas Breogán firma el mayor triunfo de la historiaEl Breogán realizará 17 homenajes por su cincuenta aniversario"O Breogán honra ao seu fundador e primeiro presidente"o orixinalMiguel Giao recibiu a homenaxe do PazoHomenaxe aos primeiros gladiadores celestesO home que nos amosa como ver o Breo co corazónTita Franco será homenaxeada polos #50anosdeBreoJulio Vila recibirá unha homenaxe in memoriam polos #50anosdeBreo"O Breogán homenaxeará aos seus aboados máis veteráns"Pechada ovación a «Capi» Sanmartín e Ricardo «Corazón de González»Homenaxe por décadas de informaciónPaco García volve ao Pazo con motivo do 50 aniversario"Resultados y clasificaciones""O Cafés Candelas Breogán, campión da Copa Princesa""O Cafés Candelas Breogán, equipo ACB"C.B. Breogán"Proxecto social"o orixinal"Centros asociados"o orixinalFicha en imdb.comMario Camus trata la recuperación del amor en 'La vieja música', su última película"Páxina web oficial""Club Baloncesto Breogán""C. B. Breogán S.A.D."eehttp://www.fegaba.com

Vilaño, A Laracha Índice Patrimonio | Lugares e parroquias | Véxase tamén | Menú de navegación43°14′52″N 8°36′03″O / 43.24775, -8.60070

Cegueira Índice Epidemioloxía | Deficiencia visual | Tipos de cegueira | Principais causas de cegueira | Tratamento | Técnicas de adaptación e axudas | Vida dos cegos | Primeiros auxilios | Crenzas respecto das persoas cegas | Crenzas das persoas cegas | O neno deficiente visual | Aspectos psicolóxicos da cegueira | Notas | Véxase tamén | Menú de navegación54.054.154.436928256blindnessDicionario da Real Academia GalegaPortal das Palabras"International Standards: Visual Standards — Aspects and Ranges of Vision Loss with Emphasis on Population Surveys.""Visual impairment and blindness""Presentan un plan para previr a cegueira"o orixinalACCDV Associació Catalana de Cecs i Disminuïts Visuals - PMFTrachoma"Effect of gene therapy on visual function in Leber's congenital amaurosis"1844137110.1056/NEJMoa0802268Cans guía - os mellores amigos dos cegosArquivadoEscola de cans guía para cegos en Mortágua, PortugalArquivado"Tecnología para ciegos y deficientes visuales. Recopilación de recursos gratuitos en la Red""Colorino""‘COL.diesis’, escuchar los sonidos del color""COL.diesis: Transforming Colour into Melody and Implementing the Result in a Colour Sensor Device"o orixinal"Sistema de desarrollo de sinestesia color-sonido para invidentes utilizando un protocolo de audio""Enseñanza táctil - geometría y color. Juegos didácticos para niños ciegos y videntes""Sistema Constanz"L'ocupació laboral dels cecs a l'Estat espanyol està pràcticament equiparada a la de les persones amb visió, entrevista amb Pedro ZuritaONCE (Organización Nacional de Cegos de España)Prevención da cegueiraDescrición de deficiencias visuais (Disc@pnet)Braillín, un boneco atractivo para calquera neno, con ou sen discapacidade, que permite familiarizarse co sistema de escritura e lectura brailleAxudas Técnicas36838ID00897494007150-90057129528256DOID:1432HP:0000618D001766C10.597.751.941.162C97109C0155020