Taoísmo Índice O Tao do Taoísmo | Orixes do Taoísmo | O Dao De Xing | Filosofía Taoísta | A relixión Taoísta | Taoísmo fóra da China | Véxase tamén | Menú de navegacióne3001436663743119335922ID01449774059039-2taoismsh85132392005616757957
DaozangTao Te ChingLie ZiZhuang ZiI Ching
Taoísmo
chinesespyW-GoccidentechinéspyW-GfilosofíarelixiónasiáticaTaoConfucioAnais de ConfucioLao Tsedinastía ZhouTao Te KingTeoría dos Cinco Elementosalquimiaculto aos ancestraisBudismo chan chinésBudismoConfucianismoNeo-Confucionismolonxevidadefeitizosmedicina chinesaartes marciais chinesasTaoQiYin yangYin yangdinastía HanZhang DaolingtemplosigrexasEmperador AmareloEmperador XadeLei GongSeita ZhengyiTaoísmo CanzhenWang ChongyangKouk Sun DoCoreaGenghis KhanXIIIXIV
(function()var node=document.getElementById("mw-dismissablenotice-anonplace");if(node)node.outerHTML="u003Cdiv class="mw-dismissable-notice"u003Eu003Cdiv class="mw-dismissable-notice-close"u003E[u003Ca tabindex="0" role="button"u003Eagocharu003C/au003E]u003C/divu003Eu003Cdiv class="mw-dismissable-notice-body"u003Eu003Cdiv id="localNotice" lang="gl" dir="ltr"u003Eu003Ctable class="plainlinks fmbox fmbox-system plainlinks" style="background:#fffdf5; border:1px solid #ffc5a6; margin:1em auto 1em auto; padding: 0.5ex; text-align: center;"u003Enu003Ctbodyu003Eu003Ctru003Ennu003Ctd class="mbox-text" style=""u003E u003Cbu003Eu003Ca href="/wiki/Insurrecci%C3%B3n_nacional_eslovaca" title="Insurrección nacional eslovaca"u003EInsurrección nacional eslovacau003C/au003Eu003C/bu003E é candidato a u003Ca href="/wiki/Wikipedia:Artigos_de_calidade" title="Wikipedia:Artigos de calidade"u003Eartigo de calidadeu003C/au003E. u003Ca href="/wiki/Wikipedia:Votaci%C3%B3ns#Quen_pode_votar?" title="Wikipedia:Votacións"u003ESe reúnes os requisitosu003C/au003E podes u003Ca href="/wiki/Wikipedia:Artigos_de_calidade/Votaci%C3%B3ns" title="Wikipedia:Artigos de calidade/Votacións"u003Eu003Cbu003Eparticipar na votaciónu003C/bu003Eu003C/au003E. u003C/tdu003Enu003Ctd class="mbox-imageright"u003E u003Ca href="/wiki/Wikipedia:Artigos_de_calidade/Votaci%C3%B3ns" title="Wikipedia:Artigos de calidade/Votacións"u003Eu003Cimg alt="Cscr-candidate.svg" src="//upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/3d/Cscr-candidate.svg/30px-Cscr-candidate.svg.png" decoding="async" width="30" height="25" srcset="//upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/3d/Cscr-candidate.svg/45px-Cscr-candidate.svg.png 1.5x, //upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/3d/Cscr-candidate.svg/60px-Cscr-candidate.svg.png 2x" data-file-width="522" data-file-height="438" /u003Eu003C/au003E u003C/tdu003Enu003C/tru003Enu003C/tbodyu003Eu003C/tableu003Eu003C/divu003Eu003C/divu003Eu003C/divu003E";());
Taoísmo
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Taoísmo | |
---|---|
Lingua chinesa: | 道教 |
Pinyin: | Dàoxiào |
Wade-Gilles: | Tao-chiao |
O Yin-Yang, ou Taixi, diagrama frecuentemente utilizado para simbolizar o Taoísmo. |
A palabra Taoísmo (ou Daoísmo) é xeralmente empregada para traducir dous termos chineses distintos, "Daojiao" (道教) (py Dàojiào, W-G Tao-chiao), que se refire aos "ensinanzas ou á relixión do Dao", e "Daojia", que se refire à (道家) "escola do Dao", a unha liña de pensamento da filosofía chinesa.
Así, o termo Taoísmo ten máis dun sentido no occidente, pode referirse a:
- Unha escola de pensamento filosófico chinés que se basea nos textos do Tao Te Ching atribuídos a Lao Tsé e nos escritos de Chuang Tse.
- Un movemento relixioso chinés con orixe en Zhang Daoling no final da Dinastía Han que se estrutura en seitas como a Zhengyi ("Ortodoxa") e Quanzhen ("realidade completa").
- As manifestacións da tradición relixiosa chinesa, de carácter popular, que integran elementos da relixión Taoísta, do Confucianismo e do Budismo.
Índice
1 O Tao do Taoísmo
2 Orixes do Taoísmo
3 O Dao De Xing
4 Filosofía Taoísta
4.1 Wu Wei
5 A relixión Taoísta
6 Taoísmo fóra da China
7 Véxase tamén
7.1 Outros artigos
O Tao do Taoísmo |
Taoísmo ou Daoísmo (chinés: transcricións py Dàoxiào, W-G Tao-chiao) é xeralmente descrito como unha filosofía e relixión asiática, aínda que tamén se diga que non é ningunha das dúas, senón un aspecto da sabedoría chinesa. Traducido literalmente, significa "o ensino do Tao" . No contexto taoísta, 'Tao' pode ser entendido como un camiño no espazo-tempo -a orde en que as cousas acontecen-. Como termo descritivo, pódese referir ao mundo real na historia -algunhas veces nomeado como o "gran Tao"- ou, anticipadamente, como unha orde que se debe manifestar -a orde moral de Confucio ou Lao Tse ou Cristo etc.- Un tema no pensamento chinés primitivo é Tian-dao ou camiño da natureza (tamén traducido como "ceo", e ás veces "Deus"). Corresponde aproximadamente á orde das cousas de acordo coa lei natural. Tanto o "camiño da natureza" canto o "gran camiño" inspiran o afastamento estereotípico taoísta das doutrinas morais e normativas. Así, pensado como o proceso polo cal cada cousa se torna o que ela é (a "Nai de todas as deusas") parece difícil imaxinar que temos que escoller entre calquera valor do seu contido normativo - polo tanto pode ser visto como un principio eficiente de "baleiro" que sustenta confiabelmente o funcionamento do universo.
O taoísmo é unha tradición que, co seu tradicional contraste, o confucianismo, modelou a vida chinesa por máis de 2.000 anos. O taoísmo enfatiza a espontaneidade ou liberdade da manipulación socio-cultural polas institucións, linguaxe e prácticas culturais. Como o concepto confucianista de goberno consiste en facer que todos sigan o mesmo tao moral, manifesta anarquismo -defendendo esencialmente a idea de que non precisamos de ningunha orientación centralizada-. As especies naturais seguen camiños apropiados a elas, e os seres humanos son unha especie natural. Seguimos todos por procesos de adquisición da sociedade diferentes normas e orientacións, e non obstante, podemos vivir en paz se non procuramos unificar todas estas formas naturais de ser. Así, o taoísmo representa de moitas maneiras a antítese do concepto confucianista referente a deberes morais, cohesión social e responsabilidades gobernamentais, mesmo que o pensamento de Confucio inclúa os valores taoístas e o inverso, como se pode ler nos Anais de Confucio.
Orixes do Taoísmo |
Tradicionalmente, o Taoísmo é atribuído a tres fontes principais:
- O máis antigo, o mítico "Emperador Amarelo";
- o máis famoso, o libro de aforismos místicos, o Dao De Xing (Tao Te Ching), supostamente escrito por Lao Tse (Lao Tse), que, segunda a tradición, foi un contemporáneo máis vello de Confucio;
- e o terceiro, os traballos do filósofo Zhuang Zi (Chuang Tse).
- Outros libros ampliaron o Taoísmo, como o True Clasic of Perfect Emptines, de Lie Ci; e a compilación Huainanci.
- Alén destes, o antigo I Ching, O Libro Das Mudanzas, é tido como unha fonte extra do taoísmo, así como prácticas de adiviñación da China antiga.
O Dao De Xing |
Artigo principal: Dao De Xing
O Dao De Xing , ou Tao Te Ching, foi escrito nunha época de aparentemente incesantes guerras feudais e conflitos constantes. O significado literal do título é aproximadamente "Camiño da Virtude Clásica" ou tamén como "o Libro do Camiño e da Virtude".
Segundo a tradición (largamente rexeitada polos estudosos modernos), o autor do libro, Lao Tse, era un oficial menor da corte dun emperador da dinastía Zhou. Tornouse desgostoso coas intrigas triviais da vida na corte, e partiu soíño en viaxe polas vastas terras ao oeste. Cando estaba prestes a pasar polos portións do último posto avanzado do oeste, un garda, tendo ouvido sobre a súa sabedoría, pediulle que escribise sobre a súa filosofía, e o Dao De Xing foi o resultado. Lao Tse reflexionaba sobre un camiño a seguir pola humanidade, que puxese fin aos conflitos e ás guerras. Chegou a algunhas páxinas de versos curtos, que se tornaron o Dao De Xing. Ese é o libro que orixinou o Taoísmo. A evidencia académica suxire que o texto foi tomando forma ao longo dun grande período na China pre-Han e circulou en varias versións e coleccións editadas ata a ser padronizado logo despois da era Han.
Filosofía Taoísta |
- Do Camiño xorde un (aquel que está consciente), de cuxa consciencia pola súa vez xorde o concepto de dous (yin e yang), dos cales o número tres está implícito (ceo, terra e humanidade); producindo finalmente por extensión a totalidade do mundo como o coñecemos, as dez mil cousas, a través da harmonía das Wuxing. O Camiño encanto pasa polos cinco elementos do Wuxing é tamén visto como circular, actuando sobre si mesmo a través da mudanza para simular un ciclo de vida e morte nas dez mil cousas do universo fenoménico.
- Actúa de acordo con natureza, e con sutileza en lugar de forza.
- A perspectiva correcta será atopada pola actividade mental da persoa, ata chegar a unha fonte máis profunda que guíe a súa interacción persoal co universo (vexa 'wu wei' abaixo). O desexo obstrúe a habilidade persoal de entender O Camiño (vexa tamén karma), moderar o desexo xera contento. Os taoístas consideran que cando un desexo é satisfeito, outro, máis ambicioso, brota para substituílo. En esencia, a maioría dos taoístas sente que a vida debe ser apreciada como ela é, en lugar forzala a ser o que non é. Idealmente, non se debe desexar nada, "nin tampouco non desexar".
- Unidade: ao percibir que todas as cousas (inclusive nós mesmos) son interdependentes e constantemente redefinidas pola mudanza das circunstancias, pasamos a ver todas as cousas como elas son, e a nós mesmos como apenas unha parte do momento presente. Esta comprensión da unidade lévanos a unha apreciación dos feitos da vida e do noso lugar neles como simples momentos milagrosos que "apenas son".
- Dualismo, a oposición e combinación dos dous principios básicos Yin e Yang do universo, é unha grande parte da filosofía básica. Algunhas das asociacións comúns con Yang e Yin, respectivamente, son: masculino e feminino, luz e sombra, activo e pasivo, movemento e quietude. Os taoístas consideran que ningún dos dous é máis importante ou mellor que o outro, na verdade, ningún pode existir sen o outro, porque eles son aspectos equiparados do todo. Son en última análise unha distinción artificial baseada na nosa percepción das dez mil cousas, polo tanto é só a nosa percepción delas a que realmente muda. Ver taixi.
Wu Wei |
Moito da esencia do Tao está na arte do wu wei (actuar polo non-actuar). Porén, isto non significa "espere sentado que o mundo caia no seu colo". Esa filosofía describe unha práctica de se realizar cousas a través da acción mínima. Polo estudo da natureza da vida, vostede pode influenciar o mundo do modo máis fácil e menos disruptivo (usando a fineza en vez da forza). A práctica de seguir a corrente do río en vez de ir contra ela é unha ilustración; unha persoa acada moito máis non por loitar e se debater contra a auga, mais permanecendo queda e seguindo á corrente do río.
O Wu Wei funciona a partir do momento en que confiamos no "deseño" humano, perfectamente axustado para o noso lugar na natureza. Noutras palabras, confiando na nosa natureza en vez da nosa racionalidade, nós podemos atopar felicidade sen unha vida de loita constante contra forzas reais e imaxinarias.
- Unha persoa pode aplicar esa técnica no activismo social. En vez de apelar a que outros tomen parte por unha causa—sexa cal for a súa importancia ou validez --, pódese entender que simplemente considerando na causa, e deixando a súa crenza manifestarse nas súas accións, está asumindo a súa parte na responsabilidade polo movemento social. Indo coa corrente, por dicir así, co río (que neste caso é un paradigma social).
A relixión Taoísta |
Aínda que os aspectos relixiosos específicos non se mencionan no Tao Te King ou Zhuang Ci, á medida en que o taoísmo se espallou pola poboación da China, mesturouse con algunhas crenzas preexistentes, como a Teoría dos Cinco Elementos, a alquimia e o culto aos ancestrais. O Budismo chan chinés tamén foi directamente influenciado por filosofias taoístas. Por fin, elementos do taoísmo combináronse con elementos do Budismo e do Confucianismo na forma do Neo-Confucionismo. Tentativas de alcanzar maior lonxevidade eran un tema frecuente na maxia e alquimia taoístas, con varios feitizos e pocións, aínda existentes, con ese propósito. Moitas versións antigas da medicina chinesa eran enraizadas no pensamento taoísta, e tanto a medicina chinesa moderna como as artes marciais chinesas son tamén de varios xeitos baseadas en conceptos taoístas, como o Tao, o Qi, e o equilibrio entre o Yin yang e o Yin yang.
Co tempo, a absoluta liberdade dos seguidores do taoísmo pareceu ameazadora á autoridade dalgúns gobernantes, que incentivaron o crecemento de seitas máis comprometidas coas tradicións confucianistas. Unha igrexa taoísta formouse ao fin da dinastía Han, por Zhang Daoling. Moitas seitas evolucionaron a través dos anos, mais a maioría traza as súas orixes a Zhan Daoding, e gran parte dos templos taoístas modernos pertence a unha ou outra desas seitas. As igrexas taoístas incorporan panteóns enteiros de divindades, incluíndo Lao Tse, Zhang Daoling, o Emperador Amarelo, o Emperador Xade, Lei Gong (O Deus do Trebón) e outros. As dúas maiores igrexas taoístas da actualidade son a Seita Zhengyi (evoluída dunha seita fundada por Zhang Daoling) e o Taoísmo Canzhen (fundado por Wang Chongyang).
Taoísmo fóra da China |
A filosofía taoísta é practicada en varias formas, noutros países alén da China. Kouk Sun Do na Corea é unha desas variacións.
A filosofía taoísta encontrou moitos seguidores arredor do mundo. Genghis Khan compartía á filosofía taoísta, e durante as primeiras décadas de dominación mongol, o taoísmo viu un período de expansión, entre os séculos XIII e XIV. Por iso, moitas escolas taoístas tradicionais manteñen centros de ensino en varios países arredor do mundo.
Véxase tamén |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Taoísmo |
Outros artigos |
Monismo dialéctico.
Filosofía Oriental.
Qigong.
Tai Chi Chuan.
Tao Yin.
Yingtan.
Zen.
|
|
Categoría:
- Taoísmo
(RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"0.364","walltime":"0.536","ppvisitednodes":"value":445,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":19789,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":1643,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":11,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":10,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":0,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":11,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 474.721 1 -total"," 68.29% 324.209 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 14.05% 66.716 1 Modelo:Commonscat"," 13.86% 65.787 2 Modelo:Caixa_lateral"," 13.44% 63.803 1 Modelo:Irmáns"," 7.44% 35.310 1 Modelo:Sen_referencias"," 6.77% 32.115 1 Modelo:Ifsubst"," 6.18% 29.314 1 Modelo:Ambox"," 4.79% 22.759 1 Modelo:1000"," 4.10% 19.480 1 Modelo:Icona_en_título"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.238","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":3913684,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1334","timestamp":"20190526152547","ttl":2592000,"transientcontent":false););"@context":"https://schema.org","@type":"Article","name":"Taou00edsmo","url":"https://gl.wikipedia.org/wiki/Tao%C3%ADsmo","sameAs":"http://www.wikidata.org/entity/Q9598","mainEntity":"http://www.wikidata.org/entity/Q9598","author":"@type":"Organization","name":"Contribuidores dos projetos da Wikimedia","publisher":"@type":"Organization","name":"Wikimedia Foundation, Inc.","logo":"@type":"ImageObject","url":"https://www.wikimedia.org/static/images/wmf-hor-googpub.png","datePublished":"2005-08-26T14:38:55Z","dateModified":"2018-04-19T02:56:51Z","image":"https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/1/17/Yin_yang.svg"(RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgBackendResponseTime":135,"wgHostname":"mw1266"););