Skip to main content

Al-Ghazali Índice Traxectoria | Obra | A influencia de Algazel | Notas | Véxase tamén | Menú de navegacióneObras de Al-Ghazali, en árabe e traducións ao inglésWorldCat31996761ADV11148365XX97020711904478v2339284a11428909cnp00394852ID00099975895924118537938ITICCUCFIV509950000 0001 2100 3882n8209777810472ID00431120jn200203040013585859106857276XIDOL1471A148764432853026886030AlGhazali

Teólogos musulmánsPersonalidades da filosofíaFinados en 1111Nados no Khorazán RazavíNados en 1058Personalidades do islam de Irán


GhazalehIrán1058Tus19 de decembro1111persaEuropaIdade MediasufismomadrasaBagdad10911096DamascoXerusalénHebrónMedinaA Meca1106asharitaMutazilitasepistemoloxíaséculo XVIIIGeorge BerkeleyDavid HumeAlahPlatónAristótelesislamDomingo GundisalvoEscola de Tradutores de ToledoAvicenaAverroesAvicenaAlfarabimísticossufismofilosofíateoloxíacoñecementointuitivoascéticafemoralAlfarabirazónAlmohadesAlmorábidesséculo VHéxiraxudeucristiánséculo XIséculo XIIlatínTomé de AquinoDanteDavid Humeal-MaariBlaise PascalFilosofía xudíaYehudà ha-LevíIsaac AlbalagAverroeshebreoCoránToráMaimónidesséculo XIIIséculo XIIséculo XIX










Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter



Al-Ghazali




Na Galipedia, a Wikipedia en galego.






Saltar ata a navegación
Saltar á procura























Al-Ghazali
Al-Ghazali.png
Nacemento1058
 Tus
Falecemento
19 de decembro de 1111
 Tus
SoterradoMashhad
Nacionalidade
Abbásida e Imperio Selxúcida
Relixión
Islam, Sunnismo, Shafi'i e Sufismo
Ocupaciónfilósofo, mutakallim, autobiógrafo e teólogo
Coñecido/a porThe Alchemy of Happiness, A Incoerência dos Filósofos e The Revival of the Religious Sciences
InfluenciasAvicena
[ editar datos en Wikidata ]

Abu Hamid Muhammad ibn Muhammad al-Ghazali, nado en Ghazaleh (Irán) en 1058 e finado en Tus, Irán, o 19 de decembro de 1111, foi un teólogo islámico e filósofo persa, coñecido tradicionalmente como Algazel en Europa durante a Idade Media, contribuíu decisivamente no desenvolvemento teórico do sufismo e da súa aceptación como corrente islámica.




Índice





  • 1 Traxectoria


  • 2 Obra


  • 3 A influencia de Algazel


  • 4 Notas


  • 5 Véxase tamén

    • 5.1 Bibliografía


    • 5.2 Ligazóns externas





Traxectoria |


Al-Ghazali deu clases na madrasa Nizamiyyah de Bagdad, a escola máis importante da época de ouro da civilización islámica, entre 1091 e 1096, ás súas clases ían centos de alumnos, incluíndo profesores doutras escolas de xurisprudencia.


Deixou Nizamiyyah e principiou unha viaxe espiritual durante unha década, visitou Damasco, Xerusalén, Hebrón, Medina, A Meca e volveu a Bagdad onde parou brevemente antes de volver a Tus para pasar os seguintes anos en reclusión, no ano 1106 suspendeu a súa reclusión para un breve período de ensino na madrasa de Nishapur.


Foi clave no aumento da influencia da escola asharita na filosofía islámica e o máis importante opoñente aos Mutazilitas. O seu libro Tuhafut al-Falasifa (A incoherencia dos Filósofos) é o maior expoñente da epistemoloxía islámica, e Ghazali retomou o esceptiscismo filosófico que non volvera a ser común ata o século XVIII con George Berkeley e David Hume, este encontro co esceptismo conduciu a Ghazali a teorizar sobre unha forma de ocasionalismo teolóxico ou a crenza que a causa dos sucesos e accións non son o produto de conxuncións materiais senón da inmediata acción de Alah, pensamento que será retomado polos fundamentalistas islámicos. No libro tamén rexeita a filosofía de Platón e Aristóteles por contaminar a fe islámica.



Obra |




Copia de A Alquimia da felicidade. Biblioteca Nacional de Francia.


Á parte dunha defensa do islam en corenta libros chamada Proba do islam, escribiu con finalidade antifilosófica un tratado en dúas partes: As intencións dos filósofos, parte expositiva, e A incoherencia dos filósofos, parte crítica, na que rebate as súas afirmacións; como o Occidente latino só coñeceu a primeira parte, Maqasid al falasifa traducida por Domingo Gundisalvo como unha das achegas da chamada Escola de Tradutores de Toledo, transmitiuse o erro de consideralo un dos principais discípulos de Avicena e foi considerado en Europa como un filósofo antes que como un teólogo. En cambio, Averroes critícao na súa obra titulada Incoherencia da incoherencia, que en latín se coñeceu como Destrución da destrución.


Algazel serviu como transmisor da obra de Aristóteles e comentarista dos seus seguidores musulmáns Avicena e Alfarabi. Aínda que estudou os postulados racionalistas, chegou ó convencemento da ineficacia da razón como ferramenta de coñecemento ou de comunicación con Deus; iso fíxolle chegar a postulados místicos e a abrazar o sufismo durante dez anos. As súas obras principais son, á parte de A destrución dos filósofos tan criticada por Averroes, sobre todo Revivificación das ciencias relixiosas. Rexeita a eternidade do mundo como herética, subordinando a filosofía á teoloxía: á beira do coñecemento ordinario, froito dos sentidos, coloca un coñecemento intuitivo froito da ascética e a fe. A súa moral, aínda que fundada no Corán, acusa influencias gregas e cristiás. Criticou duramente as doutrinas racionalistas de Alfarabi. Crese que máis tarde, regresou ós seus postulados de principio que outorgaban un papel central á razón como ferramenta do coñecemento humano, exercendo de novo o maxisterio. Escribiu tamén unha autobiografía titulada O que libra do erro, onde expón o seu itinerario espiritual, da que hai tradución moderna (Confesións: O salvador do erro, introdución e notas de Emilio Tornero, Madrid: Alianza Editorial, 1989).


Algazel foi o teólogo que inspirou ós Almohades, pero non ós Almorábides, e así, a comezos do século XII, o emir almorábide Alí ben Yúsuf ordenou, aconsellado por certos alfaquíes, que se queimasen as súas obras.



A influencia de Algazel |


Algazel finou á idade de cincuenta e cinco anos, despois dunha vida que se pode considerar curta se se consideran a amplitude, a riqueza e a influencia da súa obra. Pódese dicir que foi un dos principais pensadores musulmáns, un dos que deixaron o sinal máis profundo, merecendo así o alcume de «renovador do século V da Héxira». A gran influencia que tivo Algazel pode ser atribuída a varios elementos, por exemplo:


  • A profundidade, a forza e a extensión do seu pensamento, consignado en máis de cincuenta obras, as máis importantes das cales son Ihya Ulum al-Din (Revivificación das ciencias da fe), Tahāfut al-falāsifa (A incoherencia dos filósofos) e Al-Munquidh min al-Dalal (Erro e liberación), obras que seguen a estudase hoxe en día.

  • Os seus puntos de vista estaban de acordo coa súa época e o seu medio, reflectindo esta época sen dúbida, constituíndo un elemento de continuidade e de orde máis que un factor de renacemento e de cambio.

  • Despois del, a sociedade e o pensamento islámicos entraron nunha longa era de esclerose, onde os grandes pensadores son raros, cousa que explica que o pensamento de Algazel continuase vivo e influente.

A influencia da Algazel sobre o pensamento islámico pode verse nos elementos a continuación:


  • Retorno do «principio de temor» no pensamento relixioso, e insistencia na existencia do Creador que se sitúa no centro da existencia humana e que rexe directamente e constantemente o curso das cousas (despois de que os sufís desmontaran o "principio de amor").

  • Reconciliación entre a xària e o sufismo (entre os xurisconsultos e os sufís) e multiplicación das confrarías sufís.

  • Defensa do islam sunnita contra a filosofía.

  • Enfraquecemento da filosofía e das ciencias da natureza.

A influencia de Algazel estendeuse máis aló do mundo islámico até o pensamento europeo xudeu e cristián.


A finais do século XI e sobre todo no século XII da era cristiá, numerosas obras árabes de matemáticas, astronomía, ciencias naturais, química, medicina, filosofía e teoloxía foron traducidas ó latín, entre as elas algunhas obras de Algazel, como Ihya Ulum al-Din (Revivificación das ciencias da fe), Maqāsid al-falāsifa (As intencións dos filósofos) que algúns tomaron por erro como unha exposición do pensamento de Algazel a pesar de que se trataba dunha recapitulación dos principios filosóficos naquel tempo, Tahāfut al-falāsifa (A Incoherencia dos filósofos) e Mizan al-'Amal (Criterio da acción).


Ademais, algúns sabios europeos coñecían o árabe e puideron coñecer directamente os puntos de vista de Algazel; a influencia é moi claramente perceptible en numerosos filósofos e sabios da Idade Media e do comezo da era moderna, particularmente Tomé de Aquino, Dante e David Hume. Tomé de Aquino (1225-1274), no seu Summa Theologiae débelle moito a Algazel (sobre todo - a Ihyā' 'ulūm al-dūn (Revivificación das ciencias da fe), a Kimiya-yi Sa'adat (A alquimia da felicidade), a Ar-Risala al-Laduniyya (A sabedoría das criaturas de Deus) e na Mensaxe divina.


Os escritos de Dante (1265-1321) revelan claramente o poder islámico de Algazel e de Risalat al-Ghufran (Epístola do perdón) de al-Maari. E Algazel exerceu igualmente unha influencia sobre Blaise Pascal (1623-1662), sobre todo dando a primacía na intuición sobre a razón e os sentidos, e esta influencia faise sentir en David Hume (1711-1772), na súa refutación da causalidade.


Parece que Algazel exerceu unha influencia máis profunda sobre a Filosofía xudía que sobre a teoloxía e o pensamento cristiáns. Yehudà ha-Leví inspírase para compor o seu Kuzari. Isaac Albalag, continuador xudeu de Ibn Ruixd (Averroes), escribe un comentario sobre o Tahafut que se asemella moito ó Tahafut al-Tahafut do seu mestre. En efecto eran numerosos os sabios xudeus da Idade Media que coñecían perfectamente a lingua árabe, e algunhas obras de Algazel foron traducidas ó hebreo. O seu libro Mizan al-'Amal (Criterio da acción), en particular, atopou un público nos xudeus da Idade Media: foi varias veces traducido ó hebreo, e mesmo adaptado, os versículos do Corán son substituídos polas palabras da Torá. Un dos grandes pensadores xudeus que recibiu a influencia de Algazel foi Maimónides (en árabe: Musa Ibn Maimun; en hebreo: Moixé ben Maymon (1135-1204)). Esta influencia é manifesta na súa Dalalat al Ha'irin (Guía dos perdidos), redactado en árabe, unha das obras máis importantes da teoloxía xudía medieval.[1]


Os escritos de Algazel sobre educación representan o apoxeo do pensamento na civilización islámica. A concepción da educación que elaborou pode ser considerada como a construción máis acabada neste dominio, definindo claramente os obxectivos da educación, trazando o camiño a seguir e expondo os medios de chegar ó obxectivo buscado. Algazel exerceu unha influencia evidente sobre o pensamento educativo islámico da vida do século XIII da Héxira (do século XII ó século XIX da era cristiá). Pódese case dicir que con raras excepcións, os prácticos e os teóricos da educación non fixeron nada máis que copiar a Algazel e resumir os seus puntos de vista e os seus escritos.


A case totalidade do pensamento educativo islámico (e en particular sunnita) seguiu o camiño trazado por Algazel, a influencia ininterrompida do cal sobreviviu a chegada da modernidade occidental e a aparición da civilización árabe moderna contemporánea.



Notas |




  1. En canto á influencia do pensamento árabe e islámico sobre a civilización cristiá e xudía europea en xeral (incluíndo a influencia de Algazel), véxase E. Myers, Arabic tought and the Western world in the golden age of islam (en inglés).



Véxase tamén |





Bibliografía |


  • Artigo ALGAZEL da Gran Enciclopedia Galega.

  • Asín Palacios, Miguel, La espiritualidad de Algazel y su sentido cristiano Granada: Escuela de Estudios Árabes, 1935

  • Asín Palacios, Miguel, Algazel: dogmática, moral y ascética, Zaragoza, 1901.

  • Algazel, Confesiones: el salvador del error. Introducción y notas de Emilio Tornero. Madrid: Alianza Editorial, 1989.

  • Al-Ghazālī, Carta al discípulo. Versión, posfacio y notas de J. J. Acevedo V. Palma de Mallorca: José J. de Olañeta, 2006.

  • Ramón Guerrero, Rafael, Al-Gazâlî: A Defesa do Islâ Sunita, en R. H. de Souza Pereira (organizaçâo): O Islâ clásico. Itinerarios de uma cultura, Sâo Paulo: Editora Perspectiva, 2007, pp. 177–210.


Ligazóns externas |


  • Obras de Al-Ghazali, en árabe e traducións ao inglés



Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Al-Ghazali&oldid=5034008"










Menú de navegación


























(RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"1.064","walltime":"1.565","ppvisitednodes":"value":3257,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":21701,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":827,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":11,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":26,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":582,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":27,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 1489.890 1 -total"," 49.94% 743.981 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 45.67% 680.473 1 Modelo:Biografía"," 45.19% 673.228 1 Modelo:Infobox"," 40.54% 604.057 27 Modelo:Propiedade"," 2.78% 41.345 2 Modelo:Se_é_muller"," 1.64% 24.421 1 Modelo:Commonscat"," 1.41% 20.996 1 Modelo:Irmáns"," 1.16% 17.325 1 Modelo:Caixa_lateral"," 0.91% 13.621 1 Modelo:1000"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.892","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":6630199,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1253","timestamp":"20190608100630","ttl":2592000,"transientcontent":false););"@context":"https://schema.org","@type":"Article","name":"Al-Ghazali","url":"https://gl.wikipedia.org/wiki/Al-Ghazali","sameAs":"http://www.wikidata.org/entity/Q9546","mainEntity":"http://www.wikidata.org/entity/Q9546","author":"@type":"Organization","name":"Contribuidores dos projetos da Wikimedia","publisher":"@type":"Organization","name":"Wikimedia Foundation, Inc.","logo":"@type":"ImageObject","url":"https://www.wikimedia.org/static/images/wmf-hor-googpub.png","datePublished":"2005-02-20T11:04:01Z","dateModified":"2019-01-14T09:35:54Z","image":"https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/a/ae/Al-Ghazali.png"(RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgBackendResponseTime":180,"wgHostname":"mw1329"););

Popular posts from this blog

Club Baloncesto Breogán Índice Historia | Pavillón | Nome | O Breogán na cultura popular | Xogadores | Adestradores | Presidentes | Palmarés | Historial | Líderes | Notas | Véxase tamén | Menú de navegacióncbbreogan.galCadroGuía oficial da ACB 2009-10, páxina 201Guía oficial ACB 1992, páxina 183. Editorial DB.É de 6.500 espectadores sentados axeitándose á última normativa"Estudiantes Junior, entre as mellores canteiras"o orixinalHemeroteca El Mundo Deportivo, 16 setembro de 1970, páxina 12Historia do BreogánAlfredo Pérez, o último canoneiroHistoria C.B. BreogánHemeroteca de El Mundo DeportivoJimmy Wright, norteamericano do Breogán deixará Lugo por ameazas de morteResultados de Breogán en 1986-87Resultados de Breogán en 1990-91Ficha de Velimir Perasović en acb.comResultados de Breogán en 1994-95Breogán arrasa al Barça. "El Mundo Deportivo", 27 de setembro de 1999, páxina 58CB Breogán - FC BarcelonaA FEB invita a participar nunha nova Liga EuropeaCharlie Bell na prensa estatalMáximos anotadores 2005Tempada 2005-06 : Tódolos Xogadores da Xornada""Non quero pensar nunha man negra, mais pregúntome que está a pasar""o orixinalRaúl López, orgulloso dos xogadores, presume da boa saúde económica do BreogánJulio González confirma que cesa como presidente del BreogánHomenaxe a Lisardo GómezA tempada do rexurdimento celesteEntrevista a Lisardo GómezEl COB dinamita el Pazo para forzar el quinto (69-73)Cafés Candelas, patrocinador del CB Breogán"Suso Lázare, novo presidente do Breogán"o orixinalCafés Candelas Breogán firma el mayor triunfo de la historiaEl Breogán realizará 17 homenajes por su cincuenta aniversario"O Breogán honra ao seu fundador e primeiro presidente"o orixinalMiguel Giao recibiu a homenaxe do PazoHomenaxe aos primeiros gladiadores celestesO home que nos amosa como ver o Breo co corazónTita Franco será homenaxeada polos #50anosdeBreoJulio Vila recibirá unha homenaxe in memoriam polos #50anosdeBreo"O Breogán homenaxeará aos seus aboados máis veteráns"Pechada ovación a «Capi» Sanmartín e Ricardo «Corazón de González»Homenaxe por décadas de informaciónPaco García volve ao Pazo con motivo do 50 aniversario"Resultados y clasificaciones""O Cafés Candelas Breogán, campión da Copa Princesa""O Cafés Candelas Breogán, equipo ACB"C.B. Breogán"Proxecto social"o orixinal"Centros asociados"o orixinalFicha en imdb.comMario Camus trata la recuperación del amor en 'La vieja música', su última película"Páxina web oficial""Club Baloncesto Breogán""C. B. Breogán S.A.D."eehttp://www.fegaba.com

Vilaño, A Laracha Índice Patrimonio | Lugares e parroquias | Véxase tamén | Menú de navegación43°14′52″N 8°36′03″O / 43.24775, -8.60070

Cegueira Índice Epidemioloxía | Deficiencia visual | Tipos de cegueira | Principais causas de cegueira | Tratamento | Técnicas de adaptación e axudas | Vida dos cegos | Primeiros auxilios | Crenzas respecto das persoas cegas | Crenzas das persoas cegas | O neno deficiente visual | Aspectos psicolóxicos da cegueira | Notas | Véxase tamén | Menú de navegación54.054.154.436928256blindnessDicionario da Real Academia GalegaPortal das Palabras"International Standards: Visual Standards — Aspects and Ranges of Vision Loss with Emphasis on Population Surveys.""Visual impairment and blindness""Presentan un plan para previr a cegueira"o orixinalACCDV Associació Catalana de Cecs i Disminuïts Visuals - PMFTrachoma"Effect of gene therapy on visual function in Leber's congenital amaurosis"1844137110.1056/NEJMoa0802268Cans guía - os mellores amigos dos cegosArquivadoEscola de cans guía para cegos en Mortágua, PortugalArquivado"Tecnología para ciegos y deficientes visuales. Recopilación de recursos gratuitos en la Red""Colorino""‘COL.diesis’, escuchar los sonidos del color""COL.diesis: Transforming Colour into Melody and Implementing the Result in a Colour Sensor Device"o orixinal"Sistema de desarrollo de sinestesia color-sonido para invidentes utilizando un protocolo de audio""Enseñanza táctil - geometría y color. Juegos didácticos para niños ciegos y videntes""Sistema Constanz"L'ocupació laboral dels cecs a l'Estat espanyol està pràcticament equiparada a la de les persones amb visió, entrevista amb Pedro ZuritaONCE (Organización Nacional de Cegos de España)Prevención da cegueiraDescrición de deficiencias visuais (Disc@pnet)Braillín, un boneco atractivo para calquera neno, con ou sen discapacidade, que permite familiarizarse co sistema de escritura e lectura brailleAxudas Técnicas36838ID00897494007150-90057129528256DOID:1432HP:0000618D001766C10.597.751.941.162C97109C0155020