Skip to main content

Comportamento Índice Tipo de comportamento | Delimitación do termo | Comportamento en psicoloxía | Comportamento en bioloxía | Comportamento dos sistemas sociais | Notas | Véxase tamén | Menú de navegaciónDicionario da Real Academia GalegaPortal das Palabras"Mammalian Behaviour and Evolution"o orixinalBehaviour, Development and EvolutionBehavior Informatics: A New PerspectiveHow Genes Influence BehaviorBehavioral GeneticsID01703059281D001519

AntropoloxíaPsicoloxíaSocioloxía


ser vivorelacióncontornoestímulosconscienteinconscientevoluntarioetoloxíaevoluciónecoloxía do comportamentopsicoloxíasocioloxíaantropoloxíamoralbioloxíapsicoloxía experimentalcogniciónciencias sociaisxenéticossociolóxicoseconómicosculturaisconnotaciónpersonalidademecanismoscontrol socialreinosturxenciaplanta carnívoraprotistasmembrana plasmáticaciliosflaxelosquimiotaxiamamíferosórganosesqueletomúsculosetolóxicosecolóxicosbioquímicosfisiolóxicosproteómicospatolóxicosxeneticomolecularesevolutivosbiodiversidadebípedesgregariosbaleasmorcegosroedoresprimatesfelinosser humanosentimentosrazoamentodepredaciónstatus socialrol social










Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter



Comportamento




Na Galipedia, a Wikipedia en galego.






Saltar ata a navegación
Saltar á procura





Diferentes comportamentos animais.


O comportamento[1] ou conduta é o conxunto de respostas, ben por presenza ou por ausencia, que presenta un ser vivo en relación co seu contorno[2] ou mundo de estímulos. O comportamiento pode ser consciente ou inconsciente, público ou oculto, voluntario ou involuntario,[3] segundo as circunstancias que o afecten. A ciencia que estuda o comportamento animal é a etoloxía e a ciencia que estuda a conduta desde o punto de vista da evolución é a ecoloxía do comportamento. A ciencia que estuda a conduta humana é a psicoloxía, se ben é tamén obxecto de estudo noutras ciencias como a socioloxía e a antropoloxía.




Índice





  • 1 Tipo de comportamento


  • 2 Delimitación do termo


  • 3 Comportamento en psicoloxía


  • 4 Comportamento en bioloxía

    • 4.1 O comportamento nas plantas


    • 4.2 O comportamento dos protistas


    • 4.3 O comportamento nos animais

      • 4.3.1 O comportamento en mamíferos




  • 5 Comportamento dos sistemas sociais


  • 6 Notas


  • 7 Véxase tamén

    • 7.1 Outros artigos


    • 7.2 Bibliografía





Tipo de comportamento |


  • Innatos: son aqueles comportamentos que se teñén desde o nacemento e non requiren unha aprendizaxe específica.

  • Adquiridos: son os que reproducen unha aprendizaxe. Practicaranse ata o punto de que un estímulo desencadea sempre a mesma resposta.

O comportamento humano pode verse condicionado pola xenética (os instintos, sobre todo), a educación recibida, a moral ou a situación onde actúa. O ser humano xulga sempre todo comportamento desde unha vertente ética, a diferenza doutros animais, polo que considera as condutas como aceptables ou non segundo as normas da súa cultura.



Delimitación do termo |


O comportamento das especies estúdao a etoloxía, que forma parte tanto da bioloxía coma da psicoloxía experimental. En psicoloxía faise unha distinción importante entre conduta e cognición, pois se ben todos os seres vivos presentan comportamento, non necesariamente todos presentan cognición.


En ciencias sociais considérase que o comportamento vese influído, non só por aspectos psicolóxicos, senón tamén por aspectos xenéticos, sociolóxicos, económicos e culturais.


Na fala común, non así no discurso científico, o termo "comportamento" ten unha connotación definitoria. Unha persoa ou mesmo un grupo social, como suma de persoas, son definidos e clasificados polos seus comportamentos, pode que máis ca polas súas ideas, e isto serve para fixar expectativas ao respecto: "o que se pode esperar". O conxunto de patróns de comportamento máis prototípico e estable dunha persoa ou grupo social, sería o núcleo do que usualmente se denomina personalidade.



Comportamento en psicoloxía |


Tecnicamente, en psicoloxía, o comportamento defínese de dous xeitos:


  1. Todo o que un organismo fai fronte ao medio.

  2. Calquera interacción entre un organismo e o seu ambiente.

O comportamento nun ser humano individual (e outros organismos e aínda mecanismos) cae dentro dun rango, sendo algúns comportamentos comúns, algúns infrecuentes, algúns aceptados, e outros fóra dos límites aceptados. A aceptación ou non dun comportamento prodúcese mediante a súa avaliación polas normas sociais, e regúlase por varios medios de control social.



Comportamento en bioloxía |


Dos seis reinos recoñecidos (animais, fungos, plantas, protistas, Archae, Eubacteris), obsérvase o fenómeno do comportamento principalmente nos animais e, de forma moito máis limitada, nos protistas. Porén, son poucos os casos noutros reinos en que se poidan observar movementos organizados especificamente para actuar fóra do organismo.



O comportamento nas plantas |


O comportamento vexetal é un fenómeno extremadamente limitado. O movemento da planta depende principalmente do mecanismo hidrodinámico da turxencia. "Variacións de turxencia de células localizadas de numerosas plantas producen movementos dos órganos, como por exemplo o peche dos pétalos das flores ou folíolos (diversas Papilionaceae ou casos moi espectaculares como a Mimosa pudica), ou movementos dos estames (Berberis vulgaris), ou o repregamento dos tentáculos trampas das plantas carnívoras, as follas, etc.".[4]


Nas plantas, o caso típico de movementos especificamente organizados que teñan como función unha relación co medio ambiente son os movementos de peche das trampas nunha planta carnívora (Dionaea muscipula, Drosera, etc.).




Presentación animada das estruturas e os mecanismos implicados neste comportamento depredador.



O comportamento dos protistas |


O comportamento nos protistas é moi sinxelo e limítase principalmente á conduta da locomoción. As estruturas e os procesos biolóxicos que permiten estes movementos organizados son os movementos amiboides da membrana plasmática, especialmente os cilios e os flaxelos. "Na bacteria intestinal Escherichia coli, por exemplo, cada flaxelo é un filamento ríxido de 14 milésimas de micrón de diámetro e 10 micrómetros de lonxitude, que vai á incrible velocidade de 200 revolucións por segundo grazas a un pequeno motor rotatorio inserido na membrana e a parede da célula.[5]


A dirección de desprazamento está controlada pola detección dun gradiente de concentración dunha molécula, que é detectado polos receptores (o fenómeno da quimiotaxia). "O desprazamento non é ó chou, e mesmo nas células máis sinxelas semella preciso dispoñer de mecanismos de estimulación e de inhibición do movemento.[6]



O comportamento nos animais |



O comportamento en mamíferos |


O comportamento dos mamíferos pode ser moi complexo. Prodúcese grazas a estruturas e órganos especializados, altamente organizados: esqueleto articulado, músculos e un sistema nervioso especializado. O estudo do comportamento dos mamíferos ten aspectos etolóxicos, ecolóxicos, bioquímicos, fisiolóxicos, proteómicos, patolóxicos, xeneticomoleculares e evolutivos.[7]


Os mamíferos foron os últimos animais en aparecer no mundo, feito que implica unha maior acumulación de evolucións non só físicas senón tamén no seu comportamento. A súa biodiversidade fai que o seu comportamento sexa moi variado entre as diferentes especies que a forman. Entre os mamíferos hai animais acuáticos, terrestres e voadores, bípedes ou cuadrúpedes, solitarios ou gregarios, migratorios ou sedentarios, todos moi diferentes entre si. Dende as enormes baleas, que se desprazan polos océanos en pequenos grupos migratorios que as levan a percorrer medio mundo, até os morcegos, mamíferos voadores que cazan de noite e poden vivir en colonias de milleiros de individus, pasando polos roedores, pequenos animais que xeralmente se alimentan de froitos e viven en grupos en agochos baixo terra, os primates, algúns dos cales son quen de aprender novas técnicas para obter alimentos, ou os felinos, entre os cales se atopan algúns dos meirandes depredadores.


Dentro desta clase atópanse as especies máis evolucionadas da terra, sobre todo o ser humano, unha das poucas que é quen de modelar a súa contorna para adaptala ás súas necesidades, no máis alto da cadea evolutiva. Posiblemente é esta especie a que amosa un comportamento máis complexo, a miúdo influenciado polos sentimentos e o razoamento, un caso excepcional dentro do mundo dos seres vivos. Neste senso, é especialmente complexo o comportamento desta especie pola súa relación con outros individuos ou mesmo con outras especies. A relación entre o ser humano e outras especies é un caso único, xa que non se limita só a unha relación de depredación.



Comportamento dos sistemas sociais |


A estrutura social é o patrón de relacións, posicións e número de persoas que conforman a organización social dunha poboación, sexa xa un grupo pequeno ou toda unha sociedade. As relacións danse sempre que as persoas se implican en patróns de interacción continuada relativamente estables. As posicións (status social) consisten en lugares recoñecidos na rede de relacións sociais que levan aparelladas expectativas de comportamento, chamadas roles. Normas e regras son impostas para garantir que se viva á altura das expectativas do rol social, e se impoñen sancións positivas e negativas para asegurar que se cumpran. As normas e regras son a expresión observable dos valores dun sistema social particular. Os roles, normas e valores deben integrarse nun sistema para que este sexa completamente funcional.


Unha conduta humana considérase formal cando no comportamento se cumpren unha serie de regras recoñecidas como valiosas nunha comunidade ou sociedade. Nas sociedades occidentais, por exemplo, considérase formal ser explícito, determinado, preciso, serio, puntual. Esta palabra ten a súa base na aplicación, principalmente na conduta, que teñen as persoas con respecto aos seus valores.



Notas |




  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para Comportamento.


  2. Hemakumara, GPTS. and Rainis, R. 2018. Spatial behaviour modelling of unauthorised housing in Colombo, Sri Lanka. KEMANUSIAAN the Asian Journal of Humanities25(2): 91–107, https://doi.org/10.21315/kajh2018.25.2.5 Spatial Behaviour Modelling of Unauthorised Housing in Colombo, Sri Lanka | Request PDF. Available from: https://www.researchgate.net/publication/327864214_Spatial_Behaviour_Modelling_of_Unauthorised_Housing_in_Colombo_Sri_Lanka [accessed Sep 27 2018].


  3. Elizabeth A. Minton, Lynn R. Khale (2014). Belief Systems, Religion, and Behavioral Economics. Nova York: Business Expert Press LLC. ISBN 978-1-60649-704-3. 


  4. Dauta, Jacques (1999). "Turgescence". Encyclopaedia Universalis (versión en CD-ROM 5.0)|format= require |url= (Axuda) (en francés). 


  5. Bornens, Michel (2005). "Mouvements cellulaires". Encyclopaedia Universalis (versión en CD-ROM 11.0)|format= require |url= (Axuda). 


  6. Rozé, Claude (1999). "Mouvements cellulaires". Encyclopaedia Universalis (versión en CD-ROM 5.0)|format= require |url= (Axuda). 


  7. Mammalian Behaviour & Evolution research group (Universidade de Liverpool) (ed.). "Mammalian Behaviour and Evolution" (en inglés). Liverpool. Arquivado dende o orixinal o 17 de xullo de 2011. Consultado o 6 de decembro de 2010. 



Véxase tamén |





Outros artigos |


  • Costume

  • Etoloxía

  • Psicoloxía


Bibliografía |


  • Bateson, P. (2017) Behaviour, Development and Evolution. Open Book Publishers, Cambridge. ISBN 978-1-78374-250-9.

  • Cao, L. (2014). Behavior Informatics: A New Perspective. IEEE Intelligent Systems (Trends and Controversies), 29(4): 62-80.

  • Clemons, E. K. (2008). How Information Changes Consumer Behavior and How Consumer Behavior Determines Corporate Strategy. Journal of Management Information Systems, 25(2), 13-40.

  • Dowhan, D. (2013). Hitting Your Target. Marketing Insights, 35(2), 32-38.


  • Flint, Jonathan; Greenspan, Ralph J.; Kendler, Kenneth S. (28 de xaneiro de 2010). How Genes Influence Behavior. Oxford University Press. ISBN 978-0-19-955990-9. 

  • Perner, L. (2008), Consumer Behaviour. University of Southern California, Marshall School of Business. Consultado en http://www.consumerpsychologist.com/intro_Consumer_Behavior.html


  • Plomin, Robert; DeFries, John C.; Knopik, Valerie S.; Neiderhiser, Jenae M. (24 de setembro de 2012). Behavioral Genetics. Shaun Purcell (Appendix: Statistical Methods in Behavioral Genetics). Worth Publishers. ISBN 978-1-4292-4215-8. Consultado o 4 de setembro de 2013. 

  • Szwacka-Mokrzycka, J. (2015). Trends in consumer behaviour changes. Overview of concepts. Acta Scientiarum Polonorum. Oeconomia, 14 (3), 149-156.




Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Comportamento&oldid=4947001"










Menú de navegación


























(RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"0.348","walltime":"0.486","ppvisitednodes":"value":728,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":20725,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":828,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":11,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":4,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":7722,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":5,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 403.315 1 -total"," 41.56% 167.606 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 32.03% 129.177 1 Modelo:Listaref"," 24.45% 98.624 6 Modelo:Cita_libro"," 13.08% 52.759 1 Modelo:Commonscat"," 12.36% 49.832 1 Modelo:Irmáns"," 11.06% 44.615 1 Modelo:Caixa_lateral"," 3.55% 14.330 1 Modelo:Cita_web"," 2.93% 11.837 1 Modelo:1000"," 2.20% 8.858 1 Modelo:Icona_en_título"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.188","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":3271897,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1239","timestamp":"20190609205340","ttl":2592000,"transientcontent":false););"@context":"https://schema.org","@type":"Article","name":"Comportamento","url":"https://gl.wikipedia.org/wiki/Comportamento","sameAs":"http://www.wikidata.org/entity/Q9332","mainEntity":"http://www.wikidata.org/entity/Q9332","author":"@type":"Organization","name":"Contribuidores dos projetos da Wikimedia","publisher":"@type":"Organization","name":"Wikimedia Foundation, Inc.","logo":"@type":"ImageObject","url":"https://www.wikimedia.org/static/images/wmf-hor-googpub.png","datePublished":"2003-03-15T03:02:09Z","dateModified":"2018-10-11T20:19:29Z","image":"https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/e/ed/Ethology_diversity.jpg"(RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgBackendResponseTime":652,"wgHostname":"mw1239"););

Popular posts from this blog

Club Baloncesto Breogán Índice Historia | Pavillón | Nome | O Breogán na cultura popular | Xogadores | Adestradores | Presidentes | Palmarés | Historial | Líderes | Notas | Véxase tamén | Menú de navegacióncbbreogan.galCadroGuía oficial da ACB 2009-10, páxina 201Guía oficial ACB 1992, páxina 183. Editorial DB.É de 6.500 espectadores sentados axeitándose á última normativa"Estudiantes Junior, entre as mellores canteiras"o orixinalHemeroteca El Mundo Deportivo, 16 setembro de 1970, páxina 12Historia do BreogánAlfredo Pérez, o último canoneiroHistoria C.B. BreogánHemeroteca de El Mundo DeportivoJimmy Wright, norteamericano do Breogán deixará Lugo por ameazas de morteResultados de Breogán en 1986-87Resultados de Breogán en 1990-91Ficha de Velimir Perasović en acb.comResultados de Breogán en 1994-95Breogán arrasa al Barça. "El Mundo Deportivo", 27 de setembro de 1999, páxina 58CB Breogán - FC BarcelonaA FEB invita a participar nunha nova Liga EuropeaCharlie Bell na prensa estatalMáximos anotadores 2005Tempada 2005-06 : Tódolos Xogadores da Xornada""Non quero pensar nunha man negra, mais pregúntome que está a pasar""o orixinalRaúl López, orgulloso dos xogadores, presume da boa saúde económica do BreogánJulio González confirma que cesa como presidente del BreogánHomenaxe a Lisardo GómezA tempada do rexurdimento celesteEntrevista a Lisardo GómezEl COB dinamita el Pazo para forzar el quinto (69-73)Cafés Candelas, patrocinador del CB Breogán"Suso Lázare, novo presidente do Breogán"o orixinalCafés Candelas Breogán firma el mayor triunfo de la historiaEl Breogán realizará 17 homenajes por su cincuenta aniversario"O Breogán honra ao seu fundador e primeiro presidente"o orixinalMiguel Giao recibiu a homenaxe do PazoHomenaxe aos primeiros gladiadores celestesO home que nos amosa como ver o Breo co corazónTita Franco será homenaxeada polos #50anosdeBreoJulio Vila recibirá unha homenaxe in memoriam polos #50anosdeBreo"O Breogán homenaxeará aos seus aboados máis veteráns"Pechada ovación a «Capi» Sanmartín e Ricardo «Corazón de González»Homenaxe por décadas de informaciónPaco García volve ao Pazo con motivo do 50 aniversario"Resultados y clasificaciones""O Cafés Candelas Breogán, campión da Copa Princesa""O Cafés Candelas Breogán, equipo ACB"C.B. Breogán"Proxecto social"o orixinal"Centros asociados"o orixinalFicha en imdb.comMario Camus trata la recuperación del amor en 'La vieja música', su última película"Páxina web oficial""Club Baloncesto Breogán""C. B. Breogán S.A.D."eehttp://www.fegaba.com

Vilaño, A Laracha Índice Patrimonio | Lugares e parroquias | Véxase tamén | Menú de navegación43°14′52″N 8°36′03″O / 43.24775, -8.60070

Cegueira Índice Epidemioloxía | Deficiencia visual | Tipos de cegueira | Principais causas de cegueira | Tratamento | Técnicas de adaptación e axudas | Vida dos cegos | Primeiros auxilios | Crenzas respecto das persoas cegas | Crenzas das persoas cegas | O neno deficiente visual | Aspectos psicolóxicos da cegueira | Notas | Véxase tamén | Menú de navegación54.054.154.436928256blindnessDicionario da Real Academia GalegaPortal das Palabras"International Standards: Visual Standards — Aspects and Ranges of Vision Loss with Emphasis on Population Surveys.""Visual impairment and blindness""Presentan un plan para previr a cegueira"o orixinalACCDV Associació Catalana de Cecs i Disminuïts Visuals - PMFTrachoma"Effect of gene therapy on visual function in Leber's congenital amaurosis"1844137110.1056/NEJMoa0802268Cans guía - os mellores amigos dos cegosArquivadoEscola de cans guía para cegos en Mortágua, PortugalArquivado"Tecnología para ciegos y deficientes visuales. Recopilación de recursos gratuitos en la Red""Colorino""‘COL.diesis’, escuchar los sonidos del color""COL.diesis: Transforming Colour into Melody and Implementing the Result in a Colour Sensor Device"o orixinal"Sistema de desarrollo de sinestesia color-sonido para invidentes utilizando un protocolo de audio""Enseñanza táctil - geometría y color. Juegos didácticos para niños ciegos y videntes""Sistema Constanz"L'ocupació laboral dels cecs a l'Estat espanyol està pràcticament equiparada a la de les persones amb visió, entrevista amb Pedro ZuritaONCE (Organización Nacional de Cegos de España)Prevención da cegueiraDescrición de deficiencias visuais (Disc@pnet)Braillín, un boneco atractivo para calquera neno, con ou sen discapacidade, que permite familiarizarse co sistema de escritura e lectura brailleAxudas Técnicas36838ID00897494007150-90057129528256DOID:1432HP:0000618D001766C10.597.751.941.162C97109C0155020