Skip to main content

Xoguete Índice Historia | Clasificacións | Museo Galego do Xoguete | Materiais | Consideracións de seguridade | Influencia da mercadotecnia | Notas | Véxase tamén | Menú de navegaciónDicionario da Real Academia GalegaPortal das Palabras"Coches de batería para niños"o orixinal"Copia arquivada"o orixinalBS EN 71 Series. Safety of toys300211037543199992201899304056248-7toyssh851363720056222610248

Xoguetes


adultosanimais domésticoscansgatosaprendizaxeImperio Romanomarfínantigo Exiptoculturasdesenvolvemento humanoAllariz1995concello de Allarizlatónquímicamanufacturapelotahulecabracoiroplásticotraqueainstrumento de mediciónmercadotecniafilmestelevisióndebuxos animadosvideoxogosbandas deseñadaslibrosdeportivos










Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter



Xoguete




Na Galipedia, a Wikipedia en galego.






Saltar ata a navegación
Saltar á procura






Marioneta de vara.




Peóns ou buxainas.


Un xoguete[1] é un obxecto mediante o cal se acada a diversión. Polo xeral, está destinado a cativos, aínda que existen tamén diversos xoguetes creados para adultos ou accesibles a todo o mundo. Mesmo os animais domésticos, en especial cans e gatos, son destinatarios dalgúns aparellos lúdicos creados especificamente para eles.


En xeral os xoguetes teñen como obxectivo a recreación, sen exceptuar outras funcións como a formación, a aprendizaxe, o desenvolvemento ou estimulación dos aspectos intelectuais, psicolóxico, sensorio-motriz e de convivencia social. Nos nenos o xoguete é un concepto imprescindible e toma o seu máximo valor no contexto do desenvolvemento humano. A función do xoguete nos nenos é a de apoiar o desenvolvemento de múltiples aspectos deste, tanto o físico como o psicolóxico.




Índice





  • 1 Historia


  • 2 Clasificacións


  • 3 Museo Galego do Xoguete


  • 4 Materiais


  • 5 Consideracións de seguridade


  • 6 Influencia da mercadotecnia


  • 7 Notas


  • 8 Véxase tamén

    • 8.1 Bibliografía


    • 8.2 Outros artigos





Historia |


É practicamente imposible determinar a orixe dos xoguetes, pero sábese que no Imperio Romano os nenos se divertían con bonecas de marfín, no antigo Exipto con estatuíñas de animaliños e no Perú pre-inca había bonecas de trapo.


Nos seus primeiros pasos o xoguete era artesanal e en ocasións eran os propios nenos quen os fabricaban, xeralmente buscando imitar obxectos da vida real. A revolución industrial cambiou a fabricación destes artefactos e a evolución da tecnoloxía permitiu crear obxectos cada vez máis parecidos aos reais para a distracción dos nenos. A partir dese momento a diversión dos nenos comezou a ser mediada polo mercado.


Na segunda metade do século XX, o desenvolvemento da tecnoloxía electrónica permitiu a invención de aparellos cada vez máis sofisticados como coches de batería,[2] e con control remoto e bonecas que falan. A partir dese momento xurdiu o desenvolvemento dos videoxogos.


Certos xoguetes están asociados con épocas históricas e/ou culturas particulares, mentres que outros aparentan posuír popularidade universal. Raras veces aquilo que é lúdico deixa de cumprir unha función e de reflectir a sociedade e o nivel técnico da comunidade en que foron creados. Así, aínda que tristemente, os xoguetes para nenos e nenas acostuman diferir na función e na temática, sendo polo xeral un reflexo da vida adulta que se desenvolve na súa propia cultura e un factor que promove a integración social. No trato que lles damos ós nenos e na perspectiva que temos do seu tempo de ocio e dos seus quefaceres reflectimos o sexismo que aínda hoxe predomina na sociedade.


Convén ademais salientar que para os nenos o xoguete é un factor que afortala o seu desenvolvemento humano. A función do xoguete é a de apoiar a evolución física e psicolóxica mediante a exploración, o descubrimento, a aprendizaxe ou a interactuación con obxectos e persoas do seu contexto vital.



Clasificacións |


Os xoguetes poden clasificarse de moitas formas


Segundo o grupo de idade ao que están destinados



  • Xoguetes para bebés.


  • Xoguetes para rapaces: non bebés e ata a adolescencia.


  • Xoguetes para todas as idades: xeralmente exclúen os bebés, mais serven para toda idade e son excelentes para a convivencia multixeracional como é o caso da convivencia familiar.


  • Xoguetes para adultos: son aqueles que están destinados exclusivamente para adultos, incluíndo os de tipo sexual ou eróticos.

Polo lugar no que se xoga


  • Xoguetes de mesa.

  • Xoguetes electrónicos, en particular os videoxogos.

  • Xoguetes para o exterior (papaventos, pelotas).



Xoguete educativo.


Polo tipo de xoguete


  • Educativos

  • Bélicos

  • Deportivos

Segundo a capacidade que máis desenvolven



  • Afectividade: trátase de xoguetes de tanto suave, harmonía de cores ous sons (peluches, bonecas).


  • Intelixencia: xadrez, backgammon, xogos de cartas, xogos de identificación e memorización.


  • Motricidade fina: axudan a desenvolver a habilidade das mans (xogos de construción, de debuxar, crebacabezas).


  • Motricidade global: pequenos vehículos (bicicletas), balóns, futbolíns...


  • Sociabilidade: xogos que imitan escenas propias da actividade dos adultos (cociñas, instrumentos musicais, xogos de comunicación).


Museo Galego do Xoguete |


En Allariz está situado o Museo Galego do Xoguete, inaugurado no ano 1995 no pazo do antigo Xulgado. Foi promovido polo concello de Allariz a partir da doazón dunha importante colección recompilada durante anos por un veciño de Allariz, Alberto Oro Castro, e nútrese fundamentalmente de contribucións e doazóns de particulares. A finalidade de dito museo é a de recoller o significado e valor de xoguetes e xogos de tódolos tempos, porén a maior parte da colección son xoguetes antigamente considerados Masculinos como xoguetes bélicos, tamén destacan xogos de mesa ou proxectores de cine[3][4].



Materiais |





Cubo de Rubik.


As culturas orixinariamente derivaban os materiais da natureza para a elaboración de xoguetes sinxelos, dende a madeira ou as follas do millo ata as sementes e as vísceras dos animais. No desenvolvemento dos xoguetes incorporouse o tecido e mais outros materiais de proceso simple como algunha tintas.


Posteriormente apareceron os xoguetes metálicos, feitos de folla de lata ou latón.


Actualmente, os avances na área da química e da manufactura permitiron a elaboración de produtos de materiais sintéticos, como a inxección de plástico para realizar grandes producións de xoguetes completos ou parciais, ademais doutros obxectos. Os estándares modernos na industria requiren que eses materiais non sexan tóxicos e que o deseño de xoguetes considere a dureza dos materiales, coa fin de que sexan máis seguros ou menos perigosos. Isto último é evidente nos xoguetes esponxosos e de tea feitos para nenos pequenos.


Algúns xoguetes variaron co tempo a súa fabricación. Por exemplo, a pelota, durante o transcurso da historia foi creada do produto natural do hule, do estómago da cabra, de combinacións de materiais incluíndo o coiro e tamén de plástico e outros materiais sintéticos.



Consideracións de seguridade |


Ademais de que os xoguetes teñen que ser feitos de materiais non tóxicos, o tamaño do xoguete, dependendo da idade do neno, non pode ser menor có diámetro da traquea, de acordo co instrumento de medición que a industria creou con ese fin. Outras consideracións na construción do xoguete é a de procurar que non teña bordos con fío ou picos. Estes requisitos e regulacións deben observarse dende o momento da fabricación doxoguete. En Europa aplícase o estándar EN 71.[5]



Influencia da mercadotecnia |


Dende a década de 1960, nos Estados Unidos e en Europa, a mercadotecnia comezou a pór atención nos nenos como consumidores, polo acceso que tiñan ao diñeiro e pola influencia que exercían sobre os seus pais.


Na actualidade moitos filmes, programas de televisión, debuxos animados, videoxogos, bandas deseñadas, libros e equipos deportivos inclúen xoguetes nas súas liñas oficiais de mercadoría. Estas adoitan consistir en modelos en miniatura de personaxes ou obxectos asociados ás súas temáticas respectivas.



Notas |




  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para xoguete.


  2. "Coches de batería para niños". Arquivado dende o orixinal o 04 de xullo de 2016. Consultado o 02 de setembro de 2018. 


  3. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 23 de outubro de 2013. Consultado o 22 de outubro de 2013. 


  4. http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2013/06/09/museo-do-xoguete-allariz-reabre/825731.html


  5. BS EN 71 Series. Safety of toys, BSI web site



Véxase tamén |





Bibliografía |


  • Cross, Gary: The Cute and the Cool: Wondrous Innocence and Modern American Children's Culture, Oxford University Press, Nova York, 2004.

  • Hamlin, David: "The Structures of Toy Consumption: Bourgeois Domesticity and Demand for Toys in Nineteenth-Century Germany", en Journal of Social History, Vol. 36, 2003.

  • Rojas Flores, Jorge: "Juegos y diversiones infantiles", en Rafael Sagredo e Cristián Gazmuri, Historia de la vida privada en Chile, vol.3, Taurus, Santiago, 2006.

  • Amador, L. (2004). “Regalos para niños con discapacidad. ¡Todos a jugar!”. Profeco, México.

  • Costa, M.; Romero, M.; Mallebrera, C.; Fabregat, M.; Torres, E; Martínez, MJ; Y. e Zaragoza, R. Torres, S.; Martínez, P. (2007). “Juego, juguetes y discapacidad. La importancia del diseño universal”. AIJU centro tecnolóxico. Alacant.


Outros artigos |


  • Xogo

  • Xogos populares




Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Xoguete&oldid=5125069"










Menú de navegación


























(RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"0.364","walltime":"0.563","ppvisitednodes":"value":451,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":10899,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":515,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":8,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":9,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":4041,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":10,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 505.667 1 -total"," 59.23% 299.497 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 24.72% 125.009 1 Modelo:Listaref"," 21.62% 109.340 2 Modelo:Cita_web"," 5.30% 26.821 1 Modelo:1000"," 4.77% 24.117 1 Modelo:Icona_en_título"," 3.52% 17.810 1 Modelo:Commons"," 3.02% 15.255 1 Modelo:Irmáns"," 1.88% 9.530 1 Modelo:Caixa_lateral"," 1.12% 5.655 1 Modelo:DRAG"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.209","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":4295395,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1296","timestamp":"20190603055748","ttl":2592000,"transientcontent":false););"@context":"https://schema.org","@type":"Article","name":"Xoguete","url":"https://gl.wikipedia.org/wiki/Xoguete","sameAs":"http://www.wikidata.org/entity/Q11422","mainEntity":"http://www.wikidata.org/entity/Q11422","author":"@type":"Organization","name":"Contribuidores dos projetos da Wikimedia","publisher":"@type":"Organization","name":"Wikimedia Foundation, Inc.","logo":"@type":"ImageObject","url":"https://www.wikimedia.org/static/images/wmf-hor-googpub.png","datePublished":"2003-10-30T12:15:11Z","dateModified":"2019-04-20T21:16:53Z","image":"https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/0/0b/Juguetes_en_San_Juan_de_los_Lagos%2C_Jalisco%2C_M%C3%A9xico_10.jpg"(RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgBackendResponseTime":143,"wgHostname":"mw1253"););

Popular posts from this blog

How to write a 12-bar blues melodyI-IV-V blues progressionHow to play the bridges in a standard blues progressionHow does Gdim7 fit in C# minor?question on a certain chord progressionMusicology of Melody12 bar blues, spread rhythm: alternative to 6th chord to avoid finger stretchChord progressions/ Root key/ MelodiesHow to put chords (POP-EDM) under a given lead vocal melody (starting from a good knowledge in music theory)Are there “rules” for improvising with the minor pentatonic scale over 12-bar shuffle?Confusion about blues scale and chords

What if the end-user didn't have the required library?What is setup.py?What is a clean, pythonic way to have multiple constructors in Python?What does Ruby have that Python doesn't, and vice versa?What is the reason for having '//' in Python?How do I create a namespace package in Python?How to package shared objects that python modules depend on?setuptools vs. distutils: why is distutils still a thing?Navigation in Windows 10 vs code not going to virtualenv library when the same library is installed at user levelPython create package for local usePackaging a project that uses multiple python versionsWhy is permission denied on pip install except for when “--user” is included at end of command?

Why did Thanos need his ship to help him in the battle scene?Which actor plays Thanos in the Avengers mid-credits scene?Are there economic implications portrayed in comics where the buildings and cities are ruined almost daily?Old X-Men comic where team travels to alien world with a ring-like sun that needs recharging?Why does Ego need help sleeping?Is there an objective answer to who “the strongest Avenger” is?How did Banner get unstuck?Why did Thanos get hit?How did Thanos (or anyone) know the Infinity Stones would give him this power?Did Thanos leave Eitri alive for his after-sales service?In Avengers 1, why does Thanos need Loki?