Skip to main content

Dinastía Han Índice Historia | Apoxeo cultural | Véxase tamén | Menú de navegaciónHan dynasty art with video commentary, Minneapolis Institute of Arts"Han Culture," Hanyangling Museum WebsiteeID4065430-8han-dynastysh85024043

Historia da China


China206 a. C.220Historia de Chinadinastía QinTres ReinosLao ZiConfucioruta da sedaconfucianoVietnamAsia centralMongoliaCorea9Chang'anXi'anShaanxi25220Luoyangperíodo das Cinco Dinastías e os Dez ReinosZizhi TongjianSima GuangSima Qian145 a.C.87a.C.dinastía Xia141a.C.87 a. C.papelromanosPartiaHou HanshuAntonino PíoTarimRexión Autónoma Uigur de Xinjiangséculo II a. C.Liu BangQin Shihuang179 a. C.157 a. C.confucianismo140 a. C.WudixiongnuDong ZhongshuuniversidadeXuandi489Xin23Guang WudixadeSima QianBan GuISBN 84-8332-623-XHistoria da China










Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter



Dinastía Han




Na Galipedia, a Wikipedia en galego.






Saltar ata a navegación
Saltar á procura


























Dinastía Han
漢朝








206 a.C.–220 d.C.


 

 



A dinastía Han no ano 87 a.C..

Capital

Chang'an
(206 a.C.–9) (190–195)
Luoyang
(25–190) (196)
Xuchang
(196–220)


Lingua

Chinés antigo

Relixión

Taoísmo
Confucianismo
Relixión tradicional chinesa

Goberno

Monarquía absoluta

Emperador (皇帝)

 • 202 a.C. – 195 a.C.

Liu Bang
 • 25 – 57

Liu Xiu

Historia

 • Batalla de Gaixia

206 a.C.

Superficie
 • 50

6 000 000 km²

Poboación
 • 2 a.C. est.

57 671 400 


A dinastía Han (chinés tradicional: 漢朝, chinés simplificado: 汉朝) gobernou China dende o 206 a. C. ata o 220 d.C. marcando un período de prosperidade económica e cultural e unha expansión territorial na Historia de China. Foi precedida pola dinastía Qin (221–206 a.C.) e seguíuna o período dos Tres Reinos (220-280 d.C.)


Durante a dinastía Han, os seus reis adoptaron os ensinos dos grandes filósofos da antigüidade, Lao Zi e Confucio. O goberno desenvolveuse ben logrando expansión territorial. Fomentouse a educación e a escritura co recentemente inventado papel de arroz. Propiciouse gran intercambio de mercadorías pola ruta da seda, que vai do océano Pacífico ata Persia e India. China converteuse oficialmente nun Estado confuciano e prosperou no ámbito interno: a agricultura, os produtos feitos a man e o comercio floreceron, e a poboación chegou aos 50 millóns. Mentres tanto, o imperio estendeu a súa influencia cultural e política sobre os actuais Vietnam, Asia central, Mongolia e Corea antes de derrubarse baixo unha combinación de presións internas e externas. O primeiro dos dous períodos da dinastía, chamado Dinastía Han Anterior (前漢朝, qián hàn cháo) ou Dinastía Han Occidental (西漢朝, xī hàn cháo) que durou ata o ano 9 tivo a súa capital en Chang'an (actual Xi'an, provincia de Shaanxi). A Dinastía Han Posterior (後漢朝, hòu hàn cháo) ou Dinastía Han Oriental (東漢朝, dōng hàn cháo), que durou do 25 ao 220 tivo a súa capital en Luoyang. A convención de denominalas occidental e oriental úsase hoxe en día para evitar a confusión coa dinastía Han do período das Cinco Dinastías e os Dez Reinos, aínda que a nomenclatura de anterior/posterior usábase nos textos históricos, incluíndo en Zizhi Tongjian de Sima Guang. A dinastía foi fundada pola familia Liú (劉).


Os logros intelectuais, artísticos e literarios reviviron e floreceron durante a dinastía Han. O período Han produciu o historiador máis famoso da China, Sima Qian (145 a.C. - 87a.C.?), cuxas Memorias históricas provén unha crónica detallada desde os tempos da lendaria dinastía Xia a aqueles do emperador Wu (141a.C. - 87 a. C.). Os avances tecnolóxicos tamén marcaron este período. Un dos grandes inventos chineses, o papel, data da época Han.


Sería correcto afirmar que os imperios contemporáneos dos Han e os romanos eran os maiores que existían nese momento no mundo coñecido. A pesar de que non había unha relación directa entre os dous, ambos eran conscientes da existencia do outro, e existía un vínculo comercial a través dos outros imperios que existían en Asia Central e que actuaban como intermediarios, como Partia. Era un intercambio bastante desigual; China exportaba especias, teas, e, principalmente, seda. O imperio romano unicamente podía ofrecer ouro e prata a cambio, posto que non posuían outras manufacturas de interese para os chineses. Un dos poucos contactos directos rexistrados entre ambos os imperios aparecen no Hou Hanshu onde se conta que un convoi romano representando a Antonino Pío alcanzou a capital Luoyang e foi recibido polo emperador Huan.


A dinastía Han, que deu nome ao principal grupo étnico de China, "Os Han", foi notable tamén polo seu poderío militar. O imperio expandiuse cara ao oeste ata chegar á depresión de Tarim (na actual Rexión Autónoma Uigur de Xinjiang. Os exércitos chineses tamén invadiron e anexionáronse partes do norte de Vietnam e Corea cara ao final do século II a. C. Pero o control por parte dos Hans das rexións periféricas era xeralmente escaso. Para asegurar a paz cos poderes locais fora da China a Corte Han desenvolveu un "sistema tributario" mutuamente beneficioso. Aos estados non chineses permitíaselles autonomía a cambio da aceptación simbólica da dominación Han. Os lazos tributarios confirmáronse e reforzaronse a través de ligazóns matrimoniais entre clases altas e intercambios periódicos de agasallos e bens.




Índice





  • 1 Historia


  • 2 Apoxeo cultural


  • 3 Véxase tamén

    • 3.1 Bibliografía


    • 3.2 Outros artigos


    • 3.3 Ligazóns externas





Historia |


O fundador foi Liu Bang, un xeneral que se fixo co poder tras a inestabilidade posterior ao falecemento do emperador Qin Shihuang. Liu Bang era ademais un importante terratenente que implantou unha nova forma de feudalismo. Rodeuse de sabios conselleiros e gañou prestixio intelectual por salvar da queima unha colección importante de libros antigos.


Sucedeulle o seu fillo Wendi, que gobernou dende o 179 a. C. ao 157 a. C.. Suavizou a severidade das leis e propiciou o ascenso do confucianismo. Viviu con sinxeleza afastado do luxo imperial tradicional.


No ano 140 a. C. accedía ao poder o emperador Wudi. Marcou unha época de apoxeo caracterizada pola refinada crueldade, o esmagamento da aristocracia local, a expansión territorial en dura pugna cos xiongnu e unha hábil política de fornecemento de cereais e control dos prezos que evitaron as fames. Auspiciada polo letrado Dong Zhongshu, creouse unha universidade imperial.


Trala súa morte seguiu un proceso de axitación política ata o toma do poder por Xuandi no ano 48.


No ano 9 agroma unha paréntese coa chegada da dinastía Xin, pero a fame e as revoltas campesiñas dos cellas rubias acabou con ela. No ano 23 había xa un novo emperador Han chamado Guang Wudi que daba comezo á época dos Han orientais.



Apoxeo cultural |


A corte foi centro de actividade intelectual, literaria, musical e artística. Desenvolveuse a poesía fu. Salientan os templos funerarios e os obxectos de terracota ou bronce, os parques e xardíns exóticos, as figuriñas que substituían aos sacrificios humanos. O defunto de sangue real era cuberto con placas de xade, que chegou a unha elaboración exquisita como pedra do ceo.


Ademais da creación dunha universidade propiciada polo letrado Dong Zongshu, salientou o historiador Sima Qian autor das Shiji ou Memorias históricas. Continuou o seu labor Ban Gu, quen escribiu o Han Shu que narra a historia da dinastía Han occidental.


O confucianismo impregnou a mentalidade china e foi utilizado para fundamentar o poder dos emperadores.



Véxase tamén |





Bibliografía |


-VVAA, Historia universal Larousse, España, Spes editorial, 2005 ISBN 84-8332-623-X



Outros artigos |


Historia da China



Ligazóns externas |



  • Han dynasty art with video commentary, Minneapolis Institute of Arts (en inglés)


  • "Han Culture," Hanyangling Museum Website (en inglés)




Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Dinastía_Han&oldid=4921739"










Menú de navegación


























(RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"0.372","walltime":"0.522","ppvisitednodes":"value":977,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":43526,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":2876,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":11,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":5,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":0,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":5,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 425.091 1 -total"," 52.50% 223.155 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 21.48% 91.314 2 Modelo:Caixa_lateral"," 18.37% 78.094 1 Modelo:Commonscat"," 17.57% 74.709 1 Modelo:Irmáns"," 10.42% 44.314 1 Modelo:País_desaparecido"," 8.65% 36.778 1 Modelo:Imperios"," 7.74% 32.916 1 Modelo:Navbox"," 6.14% 26.105 1 Modelo:Contén_texto_chinés"," 5.50% 23.374 1 Modelo:Contén_caracteres_especiais"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.184","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":3021672,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1263","timestamp":"20190610213957","ttl":2592000,"transientcontent":false););"@context":"https://schema.org","@type":"Article","name":"Dinastu00eda Han","url":"https://gl.wikipedia.org/wiki/Dinast%C3%ADa_Han","sameAs":"http://www.wikidata.org/entity/Q7209","mainEntity":"http://www.wikidata.org/entity/Q7209","author":"@type":"Organization","name":"Contribuidores dos projetos da Wikimedia","publisher":"@type":"Organization","name":"Wikimedia Foundation, Inc.","logo":"@type":"ImageObject","url":"https://www.wikimedia.org/static/images/wmf-hor-googpub.png","datePublished":"2011-01-25T22:28:37Z","dateModified":"2018-09-16T16:11:19Z","image":"https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/c/c3/Han_map.jpg","headline":"dinastu00eda chinesa"(RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgBackendResponseTime":138,"wgHostname":"mw1330"););

Popular posts from this blog

How to write a 12-bar blues melodyI-IV-V blues progressionHow to play the bridges in a standard blues progressionHow does Gdim7 fit in C# minor?question on a certain chord progressionMusicology of Melody12 bar blues, spread rhythm: alternative to 6th chord to avoid finger stretchChord progressions/ Root key/ MelodiesHow to put chords (POP-EDM) under a given lead vocal melody (starting from a good knowledge in music theory)Are there “rules” for improvising with the minor pentatonic scale over 12-bar shuffle?Confusion about blues scale and chords

What if the end-user didn't have the required library?What is setup.py?What is a clean, pythonic way to have multiple constructors in Python?What does Ruby have that Python doesn't, and vice versa?What is the reason for having '//' in Python?How do I create a namespace package in Python?How to package shared objects that python modules depend on?setuptools vs. distutils: why is distutils still a thing?Navigation in Windows 10 vs code not going to virtualenv library when the same library is installed at user levelPython create package for local usePackaging a project that uses multiple python versionsWhy is permission denied on pip install except for when “--user” is included at end of command?

Esgonzo ibérico Índice Descrición Distribución Hábitat Ameazas Notas Véxase tamén "Acerca dos nomes dos anfibios e réptiles galegos""Chalcides bedriagai"Chalcides bedriagai en Carrascal, L. M. Salvador, A. (Eds). Enciclopedia virtual de los vertebrados españoles. Museo Nacional de Ciencias Naturales, Madrid. España.Fotos