Skip to main content

Inundación Índice Causas principais | Defensas, planeamento, e xerencia da inundación | Inundacións prehistóricas significativas | Inundacións significativas | Notas | Véxase tamén | Menú de navegaciónDicionario da Real Academia GalegaPortal das PalabrasU.S. Centers for Disease Control and Prevention (CDC) Healthy WaterAssociated Programme on Flood ManagementInternational Flood InitiativeSocial & Economic Benefits/Costs of Heavy Rain & Flooding300054731162731197131734367278ID4025289-9floodssh850491680056691712030D055868

Inundacións


tsunamispantanosasmediterráneagota fríaAsiamonzóntifónsgolfo de Bengalafuracánsgolfo de MéxicodesxeomaremotostsunamisPacíficoNeolíticoExiptoMesopotamiaGreciaRomaChinaEspañaIdade MediamaremotosPaíses BaixosVeneciaLondresCaliforniaEuropaValenciaSevillaRinSeguraperíodo de retornozonas de riscoFlorenciaBangladeshprehistoriaMediterráneomar Negroidade do xeo










Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter



Inundación




Na Galipedia, a Wikipedia en galego.






Saltar ata a navegación
Saltar á procura





Inundación en Fort Wayne, 1982.


Unha inundación, asolagamento[1] ou alagamento é a ocupación por parte da auga de zonas que habitualmente están libres dela, ben polo desbordamento de ríos ou outro tipo de caudais, suba das mareas por riba do nivel habitual ou avalanchas causadas por tsunamis.


As inundacións fluviais son procesos naturais que se producen periodicamente e que foron a causa da formación das chairas nos vales dos ríos, terras fértiles onde tradicionalmente se desenvolveu a agricultura.


Nas zonas costeiras os embates do mar serviron para modelar as costas e crear zonas pantanosas coma albufeiras e lagoas que trala súa ocupación antrópica se converteron en zonas vulnerables.




Índice





  • 1 Causas principais


  • 2 Defensas, planeamento, e xerencia da inundación


  • 3 Inundacións prehistóricas significativas


  • 4 Inundacións significativas

    • 4.1 América



  • 5 Notas


  • 6 Véxase tamén

    • 6.1 Bibliografía


    • 6.2 Outros artigos


    • 6.3 Ligazóns externas





Causas principais |


A principal causa das inundacións fluviais acostuman selas chuvias intensas, que dependendo da rexión se producirán baixo diversos factores meteorolóxicos.


Na área mediterránea dáse o fenómeno da gota fría que é un embolsamento de aire a moi baixa temperatura nas capas medias e altas da atmosfera que ao chocar co aire cálido e húmido que ascende do mar provoca intensas precipitacións e logo a inundación.


En Asia oriental a principal causa das crecidas fluviais son as chuvias torrenciais causadas polo monzón, asociadas moitas veces a tifóns. Danse no verán e afectan a amplas zonas entre as que destaca o golfo de Bengala, zona de maior precipitación media do globo.


Os furacáns, asolan temporalmente a rexión do golfo de México causando inundacións polas ondas, de ata oito metros, asociadas aos fortes ventos, e polas chuvias intensas motivadas pola mesma baixa térmica. Tamén as treboadas tropicais poden causar chuvias moi fortes.


Subas bruscas da temperatura poden provocar enchentes nos ríos pola rápida fusión das neves, sobre todo na primavera, cando o desxeo é maior, ou tras fortes nevadas en cotas inusuais, que trala vaga de frío se funden provocando riadas.


Por último, atópanse os maremotos ou tsunamis como posible causa dunha inundación, xa que o sismo mariño provoca unha serie de ondas que se traducen en ondas xigantes de devastador efecto nas costas afectadas. Estas catástrofes acostuman acontecer na área do Pacífico, de maior actividade sísmica.



Defensas, planeamento, e xerencia da inundación |


Dende o comezo do Neolítico, cando comezou a sedentarización e, polo tanto, a ocupación de zonas chás costeiras ou nos vales fluviais, o home atopouse co reto de facer fronte ás inundacións. En Exipto e Mesopotamia xa se construíron importantes defensas fluviais como diques, canles para desviar as augas e a mellora das canles nas contornas urbanas. As obras hidráulicas desenvolvéronse tamén en Grecia e Roma, tanto para obter auga para o consumo como para evitar os riscos dos asentamentos en contornas vulnerables. En China a construción de grandes ribadas nos ríos xa se facía no século XII de modo que se tentaba facer fronte ás avenidas monzónicas. Tamén en España destacan dende a Idade Media a construción de ribadas e encoros que regulasen os ríos.


Actualmente as defensas contra as inundacións están moi avanzadas nos países desenvolvidos. Os sistemas de prevención baséanse en diques, ribadas, barreiras metálicas, encoros reguladores e mellora da capacidade de escoamento das canles fluviais. Tamén os sistemas de alerta ante situacións perigosas están moi desenvolvidos por medio da predición meteorolóxica, a observación das medias dos caudais fluviais que determinan unha alerta hidrolóxica e os sistemas de detección de maremotos.


A defensa perante as inundacións mariñas provocadas polas mareas está moi desenvolvida nos Países Baixos, onde unha rede de diques regulan as aguas tanto interiores coma exteriores. Tamén Venecia e Londres contan con defensas similares. Os encoros reguladores son moi numerosos nas rexións de clima mediterráneo coma California e o sur de Europa e serven para almacenar auga en tempos de seca e conter as avenidas fluviais.


Outras actuacións están encamiñadas a afastar o perigo das cidades mediante o desvío do canle fluvial dotándoo a súa vez de maior capacidade de escoamento, como en Valencia ou Sevilla. A canalización de ríos, coma o Rin ou o Segura, son obras de maior envergadura que elaboraron un plan integral para toda a cunca (aumento da capacidade de desaugamento, desvíos puntuais, redución de meandros, construción e ampliación de encoros etc.) Algunhas destas actuacións foron controvertidas polos seus efectos adversos, como a eliminación de meandros no Rin que favoreceron a maior rapidez na onda de crecida e polo tanto a súa maior virulencia.


A lexislación avanzou moito prohibindo a edificación en zonas perceptibles de ser inundadas nun período de retorno de ata 100 anos. A ampla cartografía permitiu coñecer cales son as zonas de risco para a súa posterior actuación no terreo. A reforestación de amplas zonas na cunca alta e media dos ríos tamén contribúe a minimizar o efecto das fortes chuvias e por tanto da posterior crecida. Con todo, quedan zonas de risco, basicamente urbanizadas antes das leis protectoras, algunhas delas de alto valor histórico-artístico como Florencia, que xa sufriu unha grande inundación no ano 1966.


Nos países pobres os sistemas tanto de prevención, como de alerta e posterior actuación están menos desenvolvidos, como se viu nos sucesivos tifóns que asolaron Bangladesh ou o tsunami que arrasou diversas costas do sueste asiático. Aínda así a cooperación internacional está favorecendo actuacións que levan unha maior seguridade para a poboación nestas zonas de risco.



Inundacións prehistóricas significativas |


Na prehistoria producíronse grandes inundacións, como así o demostran os restos xeolóxicos. Así, a formación de mares pechados como o Mediterráneo ou o mar Negro débense a movementos tectónicos e cambios climáticos que inundaron estas amplas zonas. O final da idade do xeo tivo consecuencias determinantes en todo o globo coa formación de novos lagos e mares en zonas que anteriormente non ocupaba o mar.



Inundacións significativas |



América |



  • 1959: As Inundacións de abril de 1959 en Uruguai, as máis grandes e daniñas da historia de dito país.


  • 1972: O Furacán Agnes causou 122 mortes, a maioría polas enchentas dos ríos en Nova York e Pensilvania.


  • 13 de novembro de 1985: A traxedia de Armero, en Colombia, foi unha avalancha de auga e lama provocada polo desxeo do Nevado del Ruiz, ocasionado por unha erupción volcánica, provocando a destrución total da cidade de Armero con 25.000 mortos entre os que se atopaba a nena Omayra Sánchez.


  • 1993: A Grande inundación de 1993 foi o maior desastre hidrolóxico, logo das catastróficas inundacións da década de 1930, de EUA e debeuse ao desbordamento do río Mississippi, que ocorre de tres a catro veces por século.


  • 1997-1998: Un fenómeno de El Niño excepcional causou importantes inundacións na costa ecuatoriana e na costa peruana. Tamén creceu o río Paraná, causando moitas perdas na provincia de Corrientes, Arxentina.


  • 1999: En decembro ocorreu a Traxedia de Vargas en Venezuela, polas intensas chuvias a mediados deste mes, que ocasionaron a morte de decenas de milleiros de persoas, milleiros de casas e edificios destruídos e uns 300.000 damnificados que quedaron sen lar.


  • 2003: O río Salado desbordouse e cubriu gran parte da cidade de Santa Fe, na Arxentina.


  • 2005: O Furacán Katrina arrasou Nova Orleáns e outras cidades costeiras dos estados de Luisiana e Mississippi, causando 1.619 mortos. En Nova Orleáns a auga alcanzou 9 m nalgúns barrios e a cidade tivo que ser totalmente evacuada.


  • 2007: A cidade de Santa Fe, na Arxentina, a só catro anos da súa anterior inundación, viuse novamente anegada polas augas.


Notas |




  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para asolagamento.



Véxase tamén |







Bibliografía |


  • O'Connor, Jim E. and John E. Costa. (2004). The World's Largest Floods, Past and Present: Their Causes and Magnitudes [Circular 1254]. Washington, D.C.: U.S. Department of the Interior, U.S. Geological Survey.

  • Thompson, M.T. (1964). Historical Floods in New England [Geological Survey Water-Supply Paper 1779-M]. Washington, D.C.: United States Government Printing Office.

  • Powell, W. Gabe. 2009. Identifying Land Use/Land Cover (LULC) Using National Agriculture Imagery Program (NAIP) Data as a Hydrologic Model Input for Local Flood Plain Management. Applied Research Project. Texas State University–San Marcos


Outros artigos |


  • Inundación do Mar do Norte de 1953

  • inundacións europeas de 2002


Ligazóns externas |



  • U.S. Centers for Disease Control and Prevention (CDC) Healthy Water (en inglés).


  • Associated Programme on Flood Management (en inglés).


  • International Flood Initiative (en inglés).


  • Social & Economic Benefits/Costs of Heavy Rain & Flooding na páxina web da NOAA (en inglés).




Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Inundación&oldid=4898368"










Menú de navegación


























(RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"0.312","walltime":"0.522","ppvisitednodes":"value":504,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":11855,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":753,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":11,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":11,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":659,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":12,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 475.748 1 -total"," 78.80% 374.883 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 8.07% 38.401 1 Modelo:Commonscat"," 7.78% 37.013 2 Modelo:Irmáns"," 6.93% 32.982 2 Modelo:Caixa_lateral"," 3.17% 15.060 1 Modelo:1000"," 2.43% 11.548 1 Modelo:Icona_en_título"," 2.07% 9.825 1 Modelo:Listaref"," 0.99% 4.699 1 Modelo:DRAG"," 0.97% 4.624 1 Modelo:Galizionario"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.204","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":3171195,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1261","timestamp":"20190610095951","ttl":2592000,"transientcontent":false););"@context":"https://schema.org","@type":"Article","name":"Inundaciu00f3n","url":"https://gl.wikipedia.org/wiki/Inundaci%C3%B3n","sameAs":"http://www.wikidata.org/entity/Q8068","mainEntity":"http://www.wikidata.org/entity/Q8068","author":"@type":"Organization","name":"Contribuidores dos projetos da Wikimedia","publisher":"@type":"Organization","name":"Wikimedia Foundation, Inc.","logo":"@type":"ImageObject","url":"https://www.wikimedia.org/static/images/wmf-hor-googpub.png","datePublished":"2007-09-01T20:27:34Z","dateModified":"2018-09-05T04:22:01Z","image":"https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/8/83/Fort_Wayne_flood_1982.jpg"(RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgBackendResponseTime":136,"wgHostname":"mw1250"););

Popular posts from this blog

Club Baloncesto Breogán Índice Historia | Pavillón | Nome | O Breogán na cultura popular | Xogadores | Adestradores | Presidentes | Palmarés | Historial | Líderes | Notas | Véxase tamén | Menú de navegacióncbbreogan.galCadroGuía oficial da ACB 2009-10, páxina 201Guía oficial ACB 1992, páxina 183. Editorial DB.É de 6.500 espectadores sentados axeitándose á última normativa"Estudiantes Junior, entre as mellores canteiras"o orixinalHemeroteca El Mundo Deportivo, 16 setembro de 1970, páxina 12Historia do BreogánAlfredo Pérez, o último canoneiroHistoria C.B. BreogánHemeroteca de El Mundo DeportivoJimmy Wright, norteamericano do Breogán deixará Lugo por ameazas de morteResultados de Breogán en 1986-87Resultados de Breogán en 1990-91Ficha de Velimir Perasović en acb.comResultados de Breogán en 1994-95Breogán arrasa al Barça. "El Mundo Deportivo", 27 de setembro de 1999, páxina 58CB Breogán - FC BarcelonaA FEB invita a participar nunha nova Liga EuropeaCharlie Bell na prensa estatalMáximos anotadores 2005Tempada 2005-06 : Tódolos Xogadores da Xornada""Non quero pensar nunha man negra, mais pregúntome que está a pasar""o orixinalRaúl López, orgulloso dos xogadores, presume da boa saúde económica do BreogánJulio González confirma que cesa como presidente del BreogánHomenaxe a Lisardo GómezA tempada do rexurdimento celesteEntrevista a Lisardo GómezEl COB dinamita el Pazo para forzar el quinto (69-73)Cafés Candelas, patrocinador del CB Breogán"Suso Lázare, novo presidente do Breogán"o orixinalCafés Candelas Breogán firma el mayor triunfo de la historiaEl Breogán realizará 17 homenajes por su cincuenta aniversario"O Breogán honra ao seu fundador e primeiro presidente"o orixinalMiguel Giao recibiu a homenaxe do PazoHomenaxe aos primeiros gladiadores celestesO home que nos amosa como ver o Breo co corazónTita Franco será homenaxeada polos #50anosdeBreoJulio Vila recibirá unha homenaxe in memoriam polos #50anosdeBreo"O Breogán homenaxeará aos seus aboados máis veteráns"Pechada ovación a «Capi» Sanmartín e Ricardo «Corazón de González»Homenaxe por décadas de informaciónPaco García volve ao Pazo con motivo do 50 aniversario"Resultados y clasificaciones""O Cafés Candelas Breogán, campión da Copa Princesa""O Cafés Candelas Breogán, equipo ACB"C.B. Breogán"Proxecto social"o orixinal"Centros asociados"o orixinalFicha en imdb.comMario Camus trata la recuperación del amor en 'La vieja música', su última película"Páxina web oficial""Club Baloncesto Breogán""C. B. Breogán S.A.D."eehttp://www.fegaba.com

Vilaño, A Laracha Índice Patrimonio | Lugares e parroquias | Véxase tamén | Menú de navegación43°14′52″N 8°36′03″O / 43.24775, -8.60070

Cegueira Índice Epidemioloxía | Deficiencia visual | Tipos de cegueira | Principais causas de cegueira | Tratamento | Técnicas de adaptación e axudas | Vida dos cegos | Primeiros auxilios | Crenzas respecto das persoas cegas | Crenzas das persoas cegas | O neno deficiente visual | Aspectos psicolóxicos da cegueira | Notas | Véxase tamén | Menú de navegación54.054.154.436928256blindnessDicionario da Real Academia GalegaPortal das Palabras"International Standards: Visual Standards — Aspects and Ranges of Vision Loss with Emphasis on Population Surveys.""Visual impairment and blindness""Presentan un plan para previr a cegueira"o orixinalACCDV Associació Catalana de Cecs i Disminuïts Visuals - PMFTrachoma"Effect of gene therapy on visual function in Leber's congenital amaurosis"1844137110.1056/NEJMoa0802268Cans guía - os mellores amigos dos cegosArquivadoEscola de cans guía para cegos en Mortágua, PortugalArquivado"Tecnología para ciegos y deficientes visuales. Recopilación de recursos gratuitos en la Red""Colorino""‘COL.diesis’, escuchar los sonidos del color""COL.diesis: Transforming Colour into Melody and Implementing the Result in a Colour Sensor Device"o orixinal"Sistema de desarrollo de sinestesia color-sonido para invidentes utilizando un protocolo de audio""Enseñanza táctil - geometría y color. Juegos didácticos para niños ciegos y videntes""Sistema Constanz"L'ocupació laboral dels cecs a l'Estat espanyol està pràcticament equiparada a la de les persones amb visió, entrevista amb Pedro ZuritaONCE (Organización Nacional de Cegos de España)Prevención da cegueiraDescrición de deficiencias visuais (Disc@pnet)Braillín, un boneco atractivo para calquera neno, con ou sen discapacidade, que permite familiarizarse co sistema de escritura e lectura brailleAxudas Técnicas36838ID00897494007150-90057129528256DOID:1432HP:0000618D001766C10.597.751.941.162C97109C0155020