Litro Índice Historia | Múltiplos e submúltiplos | Equivalencias co litro das medidas tradicionais galegas de capacidade para líquidos | Conversións non métricas | Notas | Véxase tamén | Menú de navegación"The International System of Units"""Days" and "hours" are examples of other non-SI units that SI accepts.""Décret relatif aux poids et aux mesures du 18 germinal an 3 (7 avril 1795)" [Decreto relativo aos pesos e medidas do 18 de xerminal do ano 3 (7 de abril de 1795)]o orixinal"Décret relatif aux poids et aux mesures"BIPM:Unidades que non son do SI, mais son aceptadas para o seu emprego polo SIArquivadoDefinición do litro na Resolución número 1 da 3ª reunión da CGPM en 1901."1904 and all that"Resolución número 6 da 12a reunión da CGPM de 1964Resolución número 13 da 11a reunión da CGPM de 1960"Criteria for membership of a Consultative Committee"o orixinal"Criteria for membership of a Consultative Committee"o orixinalResolución número 6 da 16a reunión do CGPM de 1979Non-SI units accepted for use with the SI by the CIPM"The International System of Units (SI)""Water Usage at home""Units: L""Antigas Unidades: Volume"3003792272147957ID8059
Unidades de volume
volumedmcmvolumeSistema Internacional de Unidadesmetro cúbico1979cienciamasaquilogramo1795fusiónxeometrofrancesalatínlitragregamasaonzasRevolución Francesa17917 de abril1795metro1879Comité Internacional de Pesos e Medidas1901masaquilogramoaugadensidadepresión atmosféricatemperaturafísicoCharles Edouard Guillaume1904196417931960LSistema Internacionalmáquinas de escribirUSuráfricafala inglesaXapónCorea do SurCanadáISONISTNPLIAUIUPACIUPAPOrganización Internacional para a Estandarización1979minúsculamaiúsculaInstituto Nacional de Estándares e TecnoloxíaCanadáAustraliaReino UnidoIrlanda1990CIPMmililitroorde de magnitudevolumemetro cúbicocuboarestascentímetrolonxitudeSistema InternacionalcienciaSImetro cúbicoCGSsangueencorosríoslagoaslagosmaresocéanosCastela
Litro
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Un litro é unha unidade de volume equivalente a un espazo de 1 dm³ (1000 cm³). O seu símbolo é l, se ben en moitas ocasións se usa L para distinguir entre 'l' e '1' nalgunhas grafías, sendo aceptado o seu uso.
Porén, a unidade de volume do Sistema Internacional de Unidades (SI) é o metro cúbico (m³), e o litro equivale a unha milésima de metro cúbico. O símbolo L foi adoptado en 1979 na 16a Conferencia Xeral de Pesos e Medidas. Aínda que non é unha unidade de medida do Sistema Internacional, o SI acepta o seu emprego, se ben recomenda a utilización das unidades do SI no campo da ciencia.[1]
Trátase dunha unidade moi empregada na vida diaria e adoita usarse xunto con unidades do SI, tal e como se fai actualmente coas unidades da hora e do día.[2]
Un litro de auga líquida ten unha masa de case exactamente un quilogramo, xa que o quilogramo foi definido orixinariamente en 1795 como a masa dun decímetro cúbico de auga á temperatura de fusión do xeo. Definicións posteriores do metro e do quilogramo fixeron que esta relación deixara de ser exacta.[3][4]
Índice
1 Historia
1.1 Etimoloxía
1.2 Invención e evolución da medida
1.3 Distintos símbolos usados para representar o litro
2 Múltiplos e submúltiplos
2.1 Mililitro
2.2 Centilitro
2.3 Decilitro
2.4 Decalitro
2.5 Hectolitro
2.6 Quilolitro
3 Equivalencias co litro das medidas tradicionais galegas de capacidade para líquidos
4 Conversións non métricas
4.1 Sistema Convencional Estadounidense
4.2 Relación co litron
4.3 Relación co cuartillo
5 Notas
6 Véxase tamén
6.1 Outros artigos
Historia |
Etimoloxía |
O nome da unidade deriva dunha antiga unidade de volume francesa, o litron, que evolucionou a través da unidade medieval litra (do latín). Este último termo provén á súa vez da litra como unidade grega de masa que equivale a 12 onzas (onkia). O sistema métrico francés tomou o litro como unidade básica na creación dun sistema propio de medidas.[5]
Invención e evolución da medida |
A orixe do litro ten lugar trala unificación de medidas propulsada durante a Revolución Francesa pola Asemblea Constituínte de 1791. Esta unificación foi debida á gran diversidade de medidas que daquela había. O litro apareceu por vez primeira como medida de capacidade na lei do 18 germinal an 3[4] (7 de abril de 1795), definido en función do metro[6] como "a medida de volume, tanto para líquidos como para sólidos, dun cubo de aresta igual a unha décima parte dun metro" (art. 5).
No ano 1879, o Comité Internacional de Pesos e Medidas adoptou o litro e a súa abreviatura, a l minúscula[7] En 1901, a terceira Conferencia Xeral de Pesos e Medidas definiu o litro como "o volume ocupado pola masa dun quilogramo de auga pura na súa máxima densidade e baixo presión atmosférica normal", isto quería dicir: auga pura a 1 atm e a unha temperatura lixeiramente por enriba de 3,98 °C.[8] O litro era, segundo esta definición, equivalente a 1.000028 dm³ (inicialmente 1.000027 dm³), aceptando deste xeito a discrepancia detectada segundo a definición co centímetro cúbico.
Máis tarde, especificouse que 4 °C sería a temperatura que serviría como punto de referencia da densidade da auga, cunha densidade da auga pura lixeiramente inferior a 1,0000 kg/litro.
Un dos investigadores que comprobou as desviacións da medida do litro con estes cambios foi o físico Charles Edouard Guillaume,[9] que en 1904 probou experimentalmente que a densidade da auga a 4 °C era de 1.000028 dm³.[10]
Finalmente, a causa da complexa definición do litro, no ano 1964 vaise recuperar a definición de 1793, na 12a reunión do CGPM[11] tras constatarse en 1960 que había unha diferenza de 28 millonésimas con respecto ó decímetro cúbico[12], o litro pasou a ser só un nome especial para o decímetro cúbico.
Distintos símbolos usados para representar o litro |
Orixinariamente o único símbolo para o litro era l (L minúsculo), seguindo a convención do Sistema Internacional de que só as unidades que abrevian un nome de persoa empregan como símbolo unha letra maiúscula. Porén, en moitos lugares, a forma máis común do díxito arábigo manuscrito 1 é unicamente un trazo vertical e polo tanto o algarismo "1" pode ser confundido coa letra "l". Ademais, nalgunhas máquinas de escribir antigas a tecla do L era empregada tamén para o numeral 1. Mesmo nalgunhas fontes informáticas os dous caracteres son apenas distinguibles. Isto causou problemas, especialmente na comunidade médica.
Antes de 1979, o símbolo ℓ (l pequeno manuscrito, U+2113), fíxose de uso común en varios países; por exemplo, era recomendado pola publicación M33 da South African Bureau of Standards en Suráfrica na década de 1970, e pode atoparse aínda nalgúns países de fala inglesa. O seu uso é ocasional nalgúns países europeos, e habitual en Xapón e Corea do Sur. Algunhas fontes non só empregan o carácter ℓ senón que tamén o usan en caracteres compostos: ㎕, ㎖, ㎗ e ㎘ (do U+3395 ao U+3398) para o microlitro, mililitro, decilitro e quilolitro. Noutros países como Canadá, recomendaban utilizar a minúscula ℓ sempre que fose posíbel, ou por defecto, cando non houbera confusión co número 1. Este uso entra en contradición coas principais organizacións internacionais (ISO, NIST, NPL, IAU, IUPAC e IUPAP), que establecen que os símbolos deben imprimirse en tipografía romana independentemente da fonte empregada no resto do texto.[13] Na actualidade, este símbolo non se emprega na maioría dos países e nunca foi recoñecido pola CGPM nin pola Organización Internacional para a Estandarización (ISO).[14]
Na 16a reunión do CGPM celebrada en 1979, decidiuse utilizar tanto a abreviatura en minúscula l como a L maiúscula para evitar confusións entre a letra e o número 1,[15] ou coa letra "i" maiúscula. Aínda que había a intención de restrinxir nun futuro a abreviatura a un dos dous símbolos, esta dualidade persiste na actualidade. O Instituto Nacional de Estándares e Tecnoloxía (NIST) dos Estados Unidos recomenda o emprego deste símbolo,[16] práctica estendida tamén en Canadá e Australia. Nestes países tamén se emprega o símbolo L con prefixos, como en mL e μL, en lugar dos tradicionais ml e μl. No Reino Unido e Irlanda, así como no resto de Europa, a letra minúscula l adoita empregarse con prefixos, mentres que os litros completos a miúdo aparecen coa palabra completa (é dicir, "750 ml" pero "1 litro" en recipientes de líquidos). A L maiúscula é a que se utiliza na práctica.
Hoxe en día non hai razón técnica algunha para esta excepción na nomenclatura dos sistemas de medidas, xa que nos sistemas de escritura informáticos é doada a utilización de sistemas de codificación máis distinguíbeis. Porén, en 1990, o CIPM considerou que aínda era demasiado pronto para elixir un único símbolo para o litro.[17]
Múltiplos e submúltiplos |
Ós múltiplos e submúltiplos do litro aplícanselles os prefixos do Sistema Internacional de Unidades. O máis utilizado é o mililitro, que equivale a unha milésima parte dun litro. Na seguinte táboa atópanse os múltiplos e submúltiplos do litro coas súas respectivas equivalencias en volume. É destacábel que tanto os múltiplos como os submúltiplos aumentan e diminúen respectivamente nunha orde de magnitude en base dez. Os de uso máis frecuente están marcados en negra.
Múltiplo | Nome | Símbolos | Volume equivalente | Submúltiplo | Nome | Símbolos | Volume equivalente | |||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
100 L | litro | l | L | dm³ | decímetro cúbico | | | |||||
101 L | decalitro | dal | daL | | 10−1 L | decilitro | dl | dL | | |||
102 L | hectolitro | hl | hL | | 10−2 L | centilitro | cl | cL | | |||
10³ L | quilolitro | kl | kL | m³ | metro cúbico | 10−3 L | mililitro | ml | mL | cm³ | centímetro cúbico (cc) | |
106 L | megalitro | Ml | ML | dam³ | decámetro cúbico | 10−6 L | microlitro | µl | µL | mm³ | milímetro cúbico | |
109 L | xigalitro | Gl | GL | hm³ | hectómetro cúbico | 10−9 L | nanolitro | nl | nL | 106 µm³ | 1 millón de micrómetros cúbicos | |
1012 L | teralitro | Tl | TL | km³ | quilómetro cúbico | 10−12 L | picolitro | pl | pL | 10³ µm³ | 1 millar de micrómetros cúbicos | |
1015 L | petalitro | Pl | PL | 10³ km³ | 1 millar de quilómetros cúbicos | 10−15 L | femtolitro | fl | fL | µm³ | micrómetro cúbico | |
1018 L | exalitro | El | EL | 106 km³ | 1 millón de quilómetros cúbicos | 10−18 L | attolitro | al | aL | 106 nm³ | 1 millón de nanómetros cúbicos | |
1021 L | zettalitro | Zl | ZL | Mm³ | megámetro cúbico | 10−21 L | zeptolitro | zl | zL | 10³ nm³ | 1 millar de nanómetros cúbicos | |
1024 L | yottalitro | Yl | YL | 10³ Mm³ | 1 millar de megámetros cúbicos | 10−24 L | yoctolitro | yl | yL | nm³ | nanómetro cúbico |
Mililitro |
O mililitro, de símbolo ml, ou o que é o mesmo, un centímetro cúbico de símbolo cm³, é unha unidade de volume que equivale a unha millonésima parte dun metro cúbico. É o volume ocupado por un cubo que ten as arestas dun centímetro de lonxitude. Ás veces tamén se abrevia (incorrectamente) como cc (sobre todo no eido automobilístico) e como ccm.
Aínda que non é unha unidade de medida do Sistema Internacional, é unha unidade moi empregada na ciencia. A unidade de medida do volume no SI é o metro cúbico (m³). É a unidade base de volume no antigo sistema de medidas CGS.
- 1 mililitro = 1 centímetro cúbico = 0,1 cl
- 1 mililitro = 1 centímetro cúbico = 0,01 dl
- 1 mililitro = 1 centímetro cúbico = 0,001 litros
- 1 mililitro = 1 centímetro cúbico = 0,000 001 m³
Centilitro |
O centilitro (abreviado cL) é o segundo submúltiplo do litro. Trátase dunha orde de magnitude que foi usada, nalgúns casos, para medir pequenos consumos, como os da auga en caso de perdas,[18] ou ben o consumo de combustíbel nalgúns vehículos.[19] Con todo, a súa utilización depende da orde de magnitude das cantidades volumétricas que se describen.
Decilitro |
O decilitro (abreviado dL) é o primeiro submúltiplo do litro. Adóitase empregar para taxas de contido de substancias en análises médicos, dando os resultados en cantidades por decilitro de sangue.
Decalitro |
O decalitro (abreviado daL) é unha unidade para líquidos que a súa medida equivale a dez litros. Non adoita utilizarse na vida cotiá.
Hectolitro |
O hectolitro (abreviado hL) é unha unidade para líquidos cuxa medida equivale a cen litros. Utilízase habitualmente na industria de bebidas.
Quilolitro |
O quilolitro (abreviado qL) é unha unidade de medida para líquidos cuxa medida equivale a mil litros. Emprégase para medir ou dar resultados de grandes cantidades de auga como a que se pode atopar en encoros, ríos, lagoas, lagos, mares ou océanos.
Equivalencias co litro das medidas tradicionais galegas de capacidade para líquidos |
Na seguinte táboa amósanse os valores en litros das medidas tradicionais galegas de capacidade de líquidos. Tamén aparecen as variantes do nome principal, e os nomes de medidas homónimas en portugués e en castelán, se os houbese. Cando as medidas portuguesa e castelá non coincidan en valor coa galega, indícase entre paréntese o seu valor, exacto ou aproximado, en litros.
Nome da medida | Variante | Nome portugués | Nome castelán | Equivalencia en litros | Comentarios |
Moio | 128 | Uniforme en toda Galicia (1 moio = 8 olas) | |||
Canado | Cañado (37 l) | 32 | Bastante uniforme en toda Galicia (1 canado = 2 olas), porén pode variar nalgunhas zonas. | ||
Ola | 16 | Equivalente á cántara, á arroa e ao cabazo. Uniforme e maioritaria en toda Galicia. | |||
Cántara | Cántaro | Cántaro (≈12ldisplaystyle approx 12l) | Cántara (16,13 l) | 16 | Equivalente á ola, á arroa e ao cabazo. Uniforme e maioritaria en toda Galicia, aínda que se poden achar pequenas variacións. |
Arroa | Arroba | Arroba | 16 | Equivalente á ola, á cántara e ao cabazo. Moi pouco usada, se cadra pola coincidencia no nome coa medida de peso. Usada fundamentalmente como medida para o viño. | |
Cabazo | Calabazo | 16 | Equivalente á ola, á cántara e á arroa. Moi antiga e aínda menos usada cá arroa. Constantino García identifícaa nun só lugar (Goián) e Eladio Rodríguez nalgunhas comarcas da provincia de Ourense. | ||
Carta | Cuarta | 8 | Valor variante, segundo as zonas, entre 8 e 10 litros. Defínese como a cuarta parte do canado, de aí o seu nome e polo cal se escolle o valor de 8 l. | ||
Canada | Canada (2 l) | Cañada Colodra | 4 | Moi variable, segundo as zonas. Eladio Rodríguez dalle un valor de 2 litros equiparándoa á medida portuguesa homónima. Constantino García recolle medidas de 1, 2, 4 e ata 32 litros. Sarmiento documenta valores dos 4 ata os 24 litros. Dáselle o valor de 4 litros por ser este o maioritario (70%) nas enquisas do ALGa. | |
Cuartilla | Cuartilla | 4 | Definida como a cuarta parte da ola. É bastante uniforme en toda Galicia. | ||
Azume | Azumbre | 2 | É igual a catro netos. Está moi en desuso, aínda que é moi antigo, o pai Sarmiento documenta a súa existencia no século XIII. Eladio Rodríguez dalle un valor de 2,016 litros. | ||
Neto | 1/2 | Bastante uniforme en toda Galicia, aínda que nalgunhas zonas ten un valor dun litro. Contén dous carteiróns. | |||
Cuartillo | Quartilho | Cuartillo | 1/2 | Practicamente uniforme en toda Galicia, probablemente por derivar do cuartillo castelán. | |
Carteirón | Cuarteirón | 1/4 | Equivalente a medio neto. Practicamente uniforme en toda Galicia. As enquisas do ALGa só documentan dous lugares cun valor dun cuarto de neto, é dicir, 1/8 de litro. |
Conversións non métricas |
A adopción do Sistema Internacional de medidas fixo que moitas das anteriores unidades de medida de volume ficasen obsoletas. Ó quedar nun status de aceptación por parte da CGPM tras considerarse a súa equivalencia co decímetro cúbico, á hora de trazar as antigas medidas tómase o litro como base. Nos seguintes apartados e táboas atópanse algunhas equivalencias de unidades.
Sistema Convencional Estadounidense |
Unidade métrica | Valor aproximado | Unidade non métrica | Sistema | Unidade non métrica | Equivalencia métrica |
---|---|---|---|---|---|
1 L | ≈ 0.87987699 | cuarto | Imperial | 1 quart | ≡ 1.1365225 L |
1 L | ≈ 1.056688 | cuarto (fluído) | U.S. | 1 cuarto (fluído) | ≡ 0.946352946 L |
1 L | ≈ 1.75975326 | pinta | Imperial | 1 pinta | ≡ 0.56826125 L |
1 L | ≈ 2.11337641 | pinta (fluído) | U.S. | 1 pinta (fluído) | ≡ 0.473176473 L |
1 L | ≈ 0.2641720523 | galón líquido | U.S. | 1 galón líquido | ≡ 3.785411784 L |
1 L | ≈ 0.21997 | galón | Imperial | 1 galón | ≡ 4.54609 L |
1 L | ≈ 0.0353146667 | pé cúbico | pé cúbico | ≡ 28.316846592 L | |
1 L | ≈ 61.0237441 | polgada cúbica | 1 polgada cúbica | ≡ 0.01638706 L | |
1 L | ≈ 33.8140 | onza líquida convencional | U.S. | 1 onza líquida convencional | ≡ 29.5735295625 mL |
1 L | ≈ 35.1950 | onza líquida | Imperial | 1 onza líquida | ≡ 28.4130625 mL |
Relación co litron |
O litron é unha antiga unidade francesa de volume que se empregaba para medir áridos de construción. Desta unidade deriva etimoloxicamente o nome do litro. O volume dun litron é equivalente a 0,813 l.[21][22]
Relación co cuartillo |
Un litro é equivalente a 1,984 cuartillos de líquido, unidade de medida castelá tamén coñecida como neto, pola que se estendeu o emprego do cuartillo en Castela como equivalencia do medio litro. Na medida de áridos, o litro equivale a 0,865 partes de cuartillo, ou ben á cantidade de áridos ou líquidos que collen nesta medida.[23]
Notas |
↑ "The International System of Units" (PDF). Oficina Internacional de Pesos e Medidas, 2006. Consultado o 6 de agosto de 2013.
↑ ""Days" and "hours" are examples of other non-SI units that SI accepts." (PDF). Bureau International des Poids et Mesures.
↑ Association Métrodiff, ed. (7 de abril de 1795). "Décret relatif aux poids et aux mesures du 18 germinal an 3 (7 avril 1795)" [Decreto relativo aos pesos e medidas do 18 de xerminal do ano 3 (7 de abril de 1795)] (en francés). Arquivado dende o orixinal o 17 de agosto de 2016. Consultado o 19 de setembro de 2018.Gramme, le poids absolu d'un volume d'eau pure égal au cube de la centième partie du mètre , et à la température de la glace fondante (art. 5).
Tradución ao galego: Gramo, o peso absoluto dun volume de auga pura igual ao cubo da centésima parte do metro, e á temperatura de fusión do xeo (art. 5).
↑ 4,04,1 "Décret relatif aux poids et aux mesures" (en francés). Consultado o 20 de setembro de 2018.
↑ Schwarzman, Steven (1994). The words of mathematics: an etymological dictionary of mathematical terms used in English. MAA. p. 128. ISBN 0883855119.
↑ O texto orixinal era: Litre, la mesure de capacité, tant pour les liquides que pour les matières sèches, dont la contenance sera celle du cube de la dixièrne partie du mètre (art. 5). (en francés)
↑ BIPM:Unidades que non son do SI, mais son aceptadas para o seu emprego polo SI Arquivado 01 de outubro de 2009 en Wayback Machine..
↑ Definición do litro na Resolución número 1 da 3ª reunión da CGPM en 1901.
↑ Enciclopedia Universal Ilustrada (en castelán). Espasa-Calpe, S.A. 1920.
↑ Heilbron, J. L.; Bynum, W. F. (13). "1904 and all that". Nature, International weekly journal of science (en inglés): 761–764. Consultado o 8 de agosto de 2013.
↑ Resolución número 6 da 12a reunión da CGPM de 1964 derrogando a definición do litro, establecendo que o litro é un nome especial para o decímetro cúbico e recomendando non empregar esta unidade en medidas de precisión.
↑ Resolución número 13 da 11a reunión da CGPM de 1960 constatando a diferenza entre o litro e o decímetro cúbico.
↑ Bureau International des Poids et Mesures (ed.). "Criteria for membership of a Consultative Committee" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 17 de abril de 2012. Consultado o 20 de setembro de 2018.
↑ Bureau International des Poids et Mesures (ed.). "Criteria for membership of a Consultative Committee" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 17 de abril de 2012. Consultado o 8 de agosto de 2013.
↑ Resolución número 6 da 16a reunión do CGPM de 1979
↑ Non-SI units accepted for use with the SI by the CIPM – NIST
↑ Bureau International des Poids et Mesures, ed. (2006). "The International System of Units (SI)" (PDF) (en inglés). p. 67. Consultado o 20 de setembro de 2018.The CIPM, in 1990, considered that it was still too early to choose a single symbol for the litre.
↑ VIK - EAD Bourgas (ed.). "Water Usage at home". Consultado o 6 de agosto de 2013.
↑ Rowlett, Russ. University of North Carolina at Chapel Hill, ed. "Units: L". Liter per 100 kilometers (L/100 km). Consultado o 6 de agosto de 2013.
↑ Xosé Antón López Dobao (1988). Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, ed. Vocabulario das pesas e medidas. pp. 19–24.
↑ Gran Enciclopedia Larousse. Planeta. 1967. p. 638. ISBN 84-320-2036-2.
↑ pixiland.info (ed.). "Antigas Unidades: Volume". Consultado o 6 de agosto de 2013.
↑ Diccionario enciclopédico EDAF. LAM-NAT. 1972.
Véxase tamén |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Litro |
Outros artigos |
- Barril
- Galón
- Pinta
|
Categoría:
- Unidades de volume
(RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"0.436","walltime":"0.619","ppvisitednodes":"value":1244,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":29074,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":705,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":11,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":4,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":21823,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":5,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 470.078 1 -total"," 38.92% 182.951 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 33.92% 159.463 1 Modelo:Listaref"," 17.87% 83.998 10 Modelo:Cita_web"," 17.48% 82.179 1 Modelo:Commonscat"," 16.65% 78.257 1 Modelo:Irmáns"," 15.83% 74.391 1 Modelo:Caixa_lateral"," 5.31% 24.974 5 Modelo:Cita_libro"," 2.60% 12.244 1 Modelo:1000"," 1.91% 8.988 1 Modelo:Icona_en_título"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.221","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":3578162,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1238","timestamp":"20190514173431","ttl":2592000,"transientcontent":false););"@context":"https://schema.org","@type":"Article","name":"Litro","url":"https://gl.wikipedia.org/wiki/Litro","sameAs":"http://www.wikidata.org/entity/Q11582","mainEntity":"http://www.wikidata.org/entity/Q11582","author":"@type":"Organization","name":"Contribuidores dos projetos da Wikimedia","publisher":"@type":"Organization","name":"Wikimedia Foundation, Inc.","logo":"@type":"ImageObject","url":"https://www.wikimedia.org/static/images/wmf-hor-googpub.png","datePublished":"2004-07-15T07:54:17Z","dateModified":"2018-09-26T21:43:19Z","image":"https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/b/b9/CubeLitre.svg","headline":"unidade de volume"(RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgBackendResponseTime":153,"wgHostname":"mw1332"););