Skip to main content

Química orgánica Índice A vida e os compostos orgánicos | Historia | Compostos orgánicos | Relación coa bioloxía | Notas | Véxase tamén | Menú de navegación10.1021/cen-v071n032.p022"Química Orgánica y Biológica | IIQ""Química Orgánica con énfasis biológico - Chemwiki"Nomenclatura de química orgánica IUPACQuímica orgánicaQuímica orgánicaIntrodución á química orgánicaFreeware Químico en www.acdlabs.comTabla de radicales30005454118848ID4043793-0organic-chemistrysh85023022005744725914D002625

Multi tool use
Multi tool use

Química orgánica


químicareaccións químicasorgánicoselementocarbonoátomosquímica inorgánicacompostos organometálicosenlace covalenteteoría vitalistacianato de amonioureasubstancia orgánicaurinaWilliam Henry PerkinquininacolorantesubstanciasAlquinoHidroxiloÉterAminaAldehidoCetonaCarboxiloÉsterAmidaAzoNitroSulfóxidohidrocarburoscompostos nitroxenadosmetanohidrocarburosmetabolismobioquímicacarbohidratosmembrana plasmáticaADNlípidosproteínasenzimasADNinformación xenética










Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter



Química orgánica




Na Galipedia, a Wikipedia en galego.






Saltar ata a navegación
Saltar á procura





Estrutura da molécula de metano, o hidrocarburo máis sinxelo.


A química orgánica é a rama da química que estuda a estrutura, as propiedades, a composición, a síntese e reaccións químicas dos compostos orgánicos. Os compostos orgánicos son os compostos cuxo elemento fundamental é o carbono, pois estes compostos baséanse nun "esqueleto" formado por átomos de carbono.


O límite entre a química orgánica e a química inorgánica non é sempre nítido; por exemplo, o óxido de carbono (CO) e o dióxido de carbono (CO2) non forman parte da química orgánica. Podemos considerar os compostos organometálicos (moléculas orgánicas que inclúen átomos metálicos unidos a un átomo de carbono por medio un enlace covalente) coma unha separación difusa entre ambas ramas.


Ó contrario que outros elementos, o carbono forma enlaces fortes con outros átomos de carbono e cunha gran variedade de outros elementos. As cadeas e aneis de átomos de carbono son tan variadas que poden formar unha variedade interminable de moléculas.




Índice





  • 1 A vida e os compostos orgánicos


  • 2 Historia


  • 3 Compostos orgánicos

    • 3.1 Hidrocarburos


    • 3.2 Osixenados


    • 3.3 Nitroxenados



  • 4 Relación coa bioloxía


  • 5 Notas


  • 6 Véxase tamén

    • 6.1 Ligazóns externas





A vida e os compostos orgánicos |


A diversidade dos compostos de carbono é a base para a vida na Terra. Os seres vivos están formados de compostos orgánicos complexos con funcións estruturais, químicas ou xenéticas.



Historia |




O traballo de Friedrich Wöhler sobre a síntese da urea considérase como o inicio da química orgánica, e en particular da síntese orgánica


Na orixe, a ciencia da química orgánica era o estudo dos compostos que se extraían dos organismos vivos e dos produtos naturais. Compostos coma azucre, léveda, ceras eran considerados orgánicos. Está división partía da teoría vitalista, polo que a química orgánica estuda os compostos que posuían a "forza vital" e a química inorgánica estudaba gases, rochas e minerais e compostos derivados deles. A aparición da química orgánica asóciase ao descubrimento, en 1828, polo químico alemán Friedrich Wöhler, de que a substancia inorgánica cianato de amonio podía converterse en urea, unha substancia orgánica que se atopa na urina de moitos animais. Antes deste descubrimento, os químicos crían que para sintetizar substancias orgánicas, era necesaria a intervención do que chamaban "forza vital". O experimento de Wöhler rompeu a barreira entre substancias orgánicas e inorgánicas.


En 1856, William Henry Perkin, mentres trataba de estudar a quinina, accidentalmente fabricou o primeiro colorante orgánico, coñecido como púrpura de Perkin.[1]


A química orgánica constituíuse como disciplina na década de 1930. O desenvolvemento de novos métodos de análise das substancias de orixe animal e vexetal, baseados no emprego de disolventes, como o éter ou o alcohol, permitiu illar un gran número de substancias orgánicas que recibiron o nome de "principios inmediatos".



Compostos orgánicos |


Os compostos orgánicos poden dividirse en tres clases: hidrocarburos, compostos osixenados e compostos nitroxenados.



Hidrocarburos |


Os hidrocarburos son substancias que están formadas só de carbono e hidróxeno. O composto máis simple é o metano, un átomo de carbono con catro de hidróxeno (valencia = 1), pero tamén pode darse a unión carbono-carbono, formando cadeas de distintos tipos, xa que poden darse enlaces simples, duplos ou triplos. Cando o resto de enlaces destas cadeas son con hidróxeno, fálase de hidrocarburos, que poden ser:



  • Saturados: con enlaces covalentes simples, alcanos.


  • Insaturados, con enlaces covalentes duplos (alquenos) ou triplos (alquinos).


  • Hidrocarburos cíclico: Hidrocarburos saturados con cadea pechada, como o ciclohexano.


  • Aromáticos: estrutura cíclica.


Osixenados |


Son cadeas de carbonos cun ou varios átomos de osíxeno. Poden ser:



  • Alcohois: As propiedades físicas dun alcohol baséanse principalmente na súa estrutura. O alcohol está composto por un alcano e auga. Contén un grupo hidrofóbico (sen afinidade pola auga) do tipo dun alcano, e un grupo hidroxilo que é hidrófilo (con afinidade pola auga), similar á agua. Destas dúas unidades estruturais, o grupo –OH dá aos alcohois as súas propiedades físicas características, e o alquilo é o que as modifica, dependendo do seu tamaño e forma.


  • Aldehidos: Son compostos orgánicos caracterizados por posuír o grupo funcional -CHO.


  • Cetonas: Unha cetona é un composto orgánico caracterizado por posuír un grupo funcional carbonilo unido a dous átomos de carbono, a diferenza dun aldehido, onde o grupo carbonilo aparece unido polo menos a un átomo de hidróxeno. O grupo funcional carbonilo consiste nun átomo de carbono unido cun enlace duplo covalente a un átomo de osíxeno. Ter dous átomos de carbono unidos ao grupo carbonilo, é o que o diferencia dos ácidos carboxílicos, dos aldehidos e dos ésteres. O enlace duplo co osíxeno é o que o diferencia dos alcohois e dos éteres. As cetonas adoitan seren menos reactivas cós aldehidos dado que os grupos alquílicos actúan como dadores de electróns por efecto indutivo.


  • Ácidos carboxílicos: Caracterízanse porque posúen un grupo funcional chamado grupo carboxilo ou grupo carboxi (–COOH); prodúcese cando coinciden sobre o mesmo carbono un grupo hidroxilo (-OH) e carbonilo (C=O).


  • Ésteres: Presentan o grupo éster (-O-CO-) na súa estrutura. Os aceites son ésteres de ácidos graxos con glicerol.


  • Éteres: Presentan o grupo éter(-O-) na súa estrutura. Adoitan ter baixo punto de ebulición e son facilmente descompoñibles. Por ambos os motivos, os éteres de baixa masa molecular normalmente son perigosos, xa que os seus vapores poden ser explosivos.


Nitroxenados |



  • Aminas: Caracterízanse pola presenza do grupo amina (-N<). As aminas poden ser primarias (R-NH2), secundarias (R-NH-R") ou terciarias (R-NR´-R"). Adoitan dar compostos lixeiramente amarelos e con olores que lembran ao peixe ou á urina.


  • Amidas: Caracterízanse pola presenza do grupo amida (-NH-CO-) na súa estrutura. As proteínas ou os polipéptidos son poliamidas naturais formadas por enlaces peptídicos entre distintos aminoácidos.


  • Isocianatos: Teñen o grupo isocianato (-N=C=O). Este grupo é moi electrófilo, reaccionando facilmente coa auga para descomporse mediante a transposición de Hofmann, dar unha amina e anhídrico carbónico, cos hidroxilos para dar uretanos, e coas aminas primarias ou secundarias para dar ureas.


Relación coa bioloxía |


Unha das principais relacións entre a química orgánica e a bioloxía é o estudo da síntese e estrutura de moléculas orgánicas de importancia nos procesos moleculares realizados polos organismos vivos, é dicir no metabolismo.[2] A bioquímica é o campo interdisciplinar científico que estuda os seres vivos, e xa que estes empregan compostos que conteñen carbono, a química orgánica é imprescindible para comprender os procesos metabólicos.


En termos biolóxicos, a química orgánica é de grande importancia sobre todo nun contexto celular e isto podémolo exemplificar con moléculas como os carbohidratos, presentes dende a membrana plasmática así como na estrutura química do ADN, os lípidos, que son a base principal da membrana plasmática, as proteínas, que axudan a dar apoio a un organismo ou ás súas funciones como enzimas e o ADN, molécula encargada de gardar a información xenética dos organismos vivos.[3]



Notas |




  1. D. M. Kiefer "Organic Chemicals' Mauve Beginning" Chem. Eng. News Archive, 1993, vol.71, pp 22–23. doi 10.1021/cen-v071n032.p022


  2. "Química Orgánica y Biológica | IIQ". www.iiq.csic.es. Consultado o 15 de xuño de 2016. 


  3. "Química Orgánica con énfasis biológico - Chemwiki". chemwiki.ucdavis.edu (en inglés). Consultado o 15 de xuño de 2016. 



Véxase tamén |





Ligazóns externas |



  • Nomenclatura de química orgánica IUPAC.


  • Química orgánica (en inglés)


  • Química orgánica (en inglés)


  • Introdución á química orgánica (en portugués)

  • Freeware Químico en www.acdlabs.com

  • Tabla de radicales




Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Química_orgánica&oldid=4875681"










Menú de navegación


























(RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"0.548","walltime":"0.832","ppvisitednodes":"value":472,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":12871,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":773,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":11,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":9,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":11545,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":10,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 697.814 1 -total"," 60.88% 424.818 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 14.51% 101.277 1 Modelo:Listaref"," 12.56% 87.662 2 Modelo:Cita_web"," 11.86% 82.771 1 Modelo:Commonscat"," 11.32% 78.979 1 Modelo:Irmáns"," 10.47% 73.036 1 Modelo:Caixa_lateral"," 1.71% 11.931 1 Modelo:1000"," 1.30% 9.099 1 Modelo:Icona_en_título"," 1.16% 8.107 1 Modelo:Título_sen_retrouso"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.312","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":4838392,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1241","timestamp":"20190514111807","ttl":2592000,"transientcontent":false););"@context":"https://schema.org","@type":"Article","name":"Quu00edmica orgu00e1nica","url":"https://gl.wikipedia.org/wiki/Qu%C3%ADmica_org%C3%A1nica","sameAs":"http://www.wikidata.org/entity/Q11351","mainEntity":"http://www.wikidata.org/entity/Q11351","author":"@type":"Organization","name":"Contribuidores dos projetos da Wikimedia","publisher":"@type":"Organization","name":"Wikimedia Foundation, Inc.","logo":"@type":"ImageObject","url":"https://www.wikimedia.org/static/images/wmf-hor-googpub.png","datePublished":"2006-08-09T23:28:55Z","dateModified":"2018-08-28T12:02:12Z","image":"https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/5/55/Ch4-structure.png","headline":"rama da quu00edmica que estuda a estrutura, propiedades, composiciu00f3n, su00edntese e reacciu00f3ns quu00edmicas dos compostos orgu00e1nicos"(RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgBackendResponseTime":136,"wgHostname":"mw1321"););Gzz VCy21gX,T4Z5Jif,rRN6nKpJtJPBCh7d8xE K pHHWa,gdQ HgS5t,E 5
boEKlI4LSD9,jid7QKPqCFzACuvN0 M030rziVJQ BC icY,nJ

Popular posts from this blog

RemoteApp sporadic failureWindows 2008 RemoteAPP client disconnects within a matter of minutesWhat is the minimum version of RDP supported by Server 2012 RDS?How to configure a Remoteapp server to increase stabilityMicrosoft RemoteApp Active SessionRDWeb TS connection broken for some users post RemoteApp certificate changeRemote Desktop Licensing, RemoteAPPRDS 2012 R2 some users are not able to logon after changed date and time on Connection BrokersWhat happens during Remote Desktop logon, and is there any logging?After installing RDS on WinServer 2016 I still can only connect with two users?RD Connection via RDGW to Session host is not connecting

Vilaño, A Laracha Índice Patrimonio | Lugares e parroquias | Véxase tamén | Menú de navegación43°14′52″N 8°36′03″O / 43.24775, -8.60070

Cegueira Índice Epidemioloxía | Deficiencia visual | Tipos de cegueira | Principais causas de cegueira | Tratamento | Técnicas de adaptación e axudas | Vida dos cegos | Primeiros auxilios | Crenzas respecto das persoas cegas | Crenzas das persoas cegas | O neno deficiente visual | Aspectos psicolóxicos da cegueira | Notas | Véxase tamén | Menú de navegación54.054.154.436928256blindnessDicionario da Real Academia GalegaPortal das Palabras"International Standards: Visual Standards — Aspects and Ranges of Vision Loss with Emphasis on Population Surveys.""Visual impairment and blindness""Presentan un plan para previr a cegueira"o orixinalACCDV Associació Catalana de Cecs i Disminuïts Visuals - PMFTrachoma"Effect of gene therapy on visual function in Leber's congenital amaurosis"1844137110.1056/NEJMoa0802268Cans guía - os mellores amigos dos cegosArquivadoEscola de cans guía para cegos en Mortágua, PortugalArquivado"Tecnología para ciegos y deficientes visuales. Recopilación de recursos gratuitos en la Red""Colorino""‘COL.diesis’, escuchar los sonidos del color""COL.diesis: Transforming Colour into Melody and Implementing the Result in a Colour Sensor Device"o orixinal"Sistema de desarrollo de sinestesia color-sonido para invidentes utilizando un protocolo de audio""Enseñanza táctil - geometría y color. Juegos didácticos para niños ciegos y videntes""Sistema Constanz"L'ocupació laboral dels cecs a l'Estat espanyol està pràcticament equiparada a la de les persones amb visió, entrevista amb Pedro ZuritaONCE (Organización Nacional de Cegos de España)Prevención da cegueiraDescrición de deficiencias visuais (Disc@pnet)Braillín, un boneco atractivo para calquera neno, con ou sen discapacidade, que permite familiarizarse co sistema de escritura e lectura brailleAxudas Técnicas36838ID00897494007150-90057129528256DOID:1432HP:0000618D001766C10.597.751.941.162C97109C0155020