Tempo Índice Física | Unidades | A medición do tempo | Notas | Véxase tamén | Menú de navegaciónDicionario da Real Academia GalegaPortal das PalabrasLa naturaleza del tiempo. Usos y representaciones del tiempo en la historiaQu'est-ce que le temps?Relojes de Einstein, mapas de Poincaré: los imperios del tiempo18902333703ID4067461-72921timeD013995
CronometríaFísicaMagnitudes físicas
mudanzafilosóficasfísicapoesíacinemateoría da relatividadeAlbert Einsteinmecánica clásicaescalarobservadoresKantespazomecánica relativistasistema de referenciateoría da relatividaderelatividade xeraltopoloxicamenteabertomecánica cuánticamecánica cuántica relativistasegundocronoloxíaastronomíareloxos de solclepsidrasreloxos de areacronómetrosreloxo atómico
Tempo
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Comunmente o tempo[1] é o concepto que permite comprender a mudanza, a transformación. Nesta liña é así mesmo a base (o paso do tempo, o instante de tempo no que nos achamos) para falarmos de pasado, presente e futuro.
Por este motivo o tempo é un problema fundamental, e permanentemente aberto, de todo o que ten que ver coa experiencia e o coñecemento. Así, a súa concepción, o seu lugar no discurso vai ser fundamental nas distintas concepcións filosóficas. Tamén na física vai ser chave a súa caracterización. E como consecuencia, o impacto das distintas concepcións do mesmo na cultura vai ser enorme, facéndose presente en todo momento nas distintas artes, desde a poesía ata o cinema.
Índice
1 Física
1.1 Mecánica clásica
1.2 Mecánica relativista
1.2.1 Dilatación do tempo
1.3 Mecánica cuántica
2 Unidades
3 A medición do tempo
4 Notas
5 Véxase tamén
5.1 Bibliografía
5.2 Outros artigos
Física |
Na física actual, desde a aparición da teoría da relatividade, o tempo é considerado como unha variábel do espazo-tempo. Así futuro e pasado non se definen con base exclusiva no tempo, senón na causalidade: un suceso é posterior a outro se é posíbel unha relación de causalidade entre eles. Senón, cal sexa primeiro ou despois vai depender do sistema de referencia que se considere.
Porén, na física clásica, na mecánica newtoniana, o tempo é absoluto e independente do lugar e das interaccións. O pasado e o futuro estaban perfectamente definidos, todo canto ocorría nun mesmo instante nun sistema de referencia, tamén ocorría nun mesmo instante en calquera outro sistema de referencia que for considerado. Pero esta concepción achouse incapaz de explicar unha serie de fenómenos observados (aberracións, invarianza da velocidade da luz etc.), de xeito que a comezos do século XX, levaron á formulación da teoría da relatividade por Albert Einstein.
Mecánica clásica |
Na mecánica clásica, o tempo concíbese como unha magnitude absoluta, é dicir, é un escalar, cunha medida idéntica para todos os observadores. Esta concepción do tempo recibe o nome de tempo absoluto. Esa concepción está de acordo coa concepción filosófica de Kant, que establece o espazo e o tempo como necesarios para calquera experiencia humana. Kant tamén concluíu que o espazo e o tempo eran conceptos subxectivos.
Fixado un suceso, cada observador clasifica o resto dos sucesos segundo unha división tripartita clasificándoos en: (1) sucesos pasados, (2) sucesos futuros e (3) sucesos nin pasados nin futuros. A mecánica clásica e a física prerrelativista asumen:
- Fixado un acontecemento concreto todos os observadores sexa cal for o seu estado de movemento dividen o resto dos sucesos nos mesmos tres conxuntos (1), (2) e (3), é dicir, dous observadores diferentes coincidirán en que sucesos pertencen ao pasado, ao presente e ao futuro; por iso o tempo cualifícase de "absoluto", porque é unha distinción válida para todos os observadores.
- A última categoría, (3), está formada por un conxunto de puntos tridimensional, que de feito ten a estrutura de espazo euclidiano (o espazo nun instante dado). Fixado un suceso, calquera outro suceso simultáneo, de acordo coa mecánica clásica estará situado na categoría (3).
Mecánica relativista |
Na mecánica relativista a medida do transcurso do tempo depende do sistema de referencia onte estea situado o observador e do seu estado de movemento, é dicir, diferentes observadores miden diferentes tempos transcorridos entre dous sucesos causalmente conectados. Polo tanto, a duración dun proceso depende do sistema de referencia onde se atopa o observador.
De acordo coa teoría da relatividade, fixados dous observadores situados en diferentes marcos de referencia, dous sucesos A e B dentro da categoría (3) (sucesos nin pasados nin futuros), poden ser percibidos polos dous observadores como simultáneos, ou pode que A ocorra "antes" que B para o primeiro observador mentres que B ocorre "antes" de A para o segundo observador. Nesas circunstancias non existe, polo tanto, ningunha posibilidade de establecer unha noción absoluta de simultaneidade independente do observador. Segundo a relatividade xeral o conxunto dos sucesos dentro da categoría (3) é un subconxunto tetradimensional topoloxicamente aberto do espazo-tempo. Cómpre aclarar que esta teoría só parece funcionar coa ríxida condición de dous marcos de referencia só. Cando se agrega un marco de referencia adicional, a teoría da relatividade queda invalidada: o observador A na Terra percibirá que o observador B viaxa a maior velocidade dentro dunha nave espacial xirando arredor da Terra a 7000 quilómetros por segundo. O observador B notará que o dato de tempo no reloxo se desacelerou e conclúe que o tempo se dilatou a causa da velocidade da nave. Un observador C localizado fóra do sistema solar, notará que tanto o home na Terra como o astronauta que xira arredor da Terra, están viaxando simultaneamente a 28 quilómetros por segundo arredor do Sol. A máis certeira conclusión sobre o comportamento do reloxo na nave espacial, é que ese reloxo está funcionando mal, porque non foi calibrado nin probado para eses novos cambios no seu ambiente. Esta conclusión está respaldada polo feito de non existir proba ningunha que mostre que o tempo é obxectivo.
Dilatación do tempo |
Se o tempo propio é a duración dun suceso medido en repouso respecto a ese sistema, a duración dese suceso medida dende un sistema de referencia que se move con velocidade constante con respecto ao suceso vén dada por:
- Δt′=Δti1−v2c2displaystyle Delta t^prime =frac Delta t_isqrt 1-frac v^2c^2
Mecánica cuántica |
Na mecánica cuántica debe distinguirse entre a mecánica cuántica convencional, en que se pode traballar baixo o suposto clásico dun tempo absoluto, e a mecánica cuántica relativista, dentro da que, igual que sucede na teoría da relatividade, o suposto dun tempo absoluto é inaceptable e inapropiado.
Unidades |
A unidade de medida de tempo no SI é o segundo. Outras medidas comunmente empregadas amósanse a continuación:
- Minuto
- Hora
- Día
- Semana
- Mes
- Ano
- Lustro
- Década
- Século
- Milenio
A medición do tempo |
A cronoloxía (histórica, xeolóxica etc.) permite datar os momentos en que ocorren determinados feitos (lapsos relativamente breves) ou procesos (lapsos de duración maior). Nunha liña de tempo pódese representar graficamente os momentos históricos en puntos e os procesos en segmentos.
As formas e instrumentos para medir o tempo son de uso moi antigo, e todas elas baséanse na medición do movemento, do cambio material dun obxecto a través do tempo, que é o que pode medirse. Nun principio comezáronse a medir os movementos dos astros, especialmente o movemento aparente do Sol, dando lugar ao tempo solar aparente. O desenvolvemento da astronomía fixo que, de xeito paulatino, se fosen creando diversos instrumentos, tales como os reloxos de sol, as clepsidras ou os reloxos de area e os cronómetros. Posteriormente, a determinación da medida do tempo foise perfeccionando ata chegar ao reloxo atómico. O reloxo atómico está calibrado para contar 9 192 631 770 vibracións do átomo de Cesio para logo facer un "tic".
Notas |
↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para tempo.
Véxase tamén |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Tempo |
Vexa a entrada do Galizionario acerca de Tempo |
A Galicitas posúe citas sobre: Tempo |
Bibliografía |
Costa A., Gangi A., Glavich E., Levinas M. L., Lindman A., Onna A., Rieznik M., Sauro S. y Szapiro A. (2008). La naturaleza del tiempo. Usos y representaciones del tiempo en la historia (en castelán). Biblos.- Robert M. Wald, (1984): General Relativity, Chicago University Press, ISBN 0-226-87033-2.
Murgia, Michele Angelo (2009). Qu'est-ce que le temps? (en francés). In Libro Veritas.- Adam B. 1995. Timewatch: The social analysis of time. Cambridge: Polity Press.
- Adam, B. 2004. Time. Cambridge: Polity Press.
- Hassard, J. 1990. The sociology of time. London: Macmillan.
Galison, Peter (2016). Relojes de Einstein, mapas de Poincaré: los imperios del tiempo. Grupo Planeta (GBS). ISBN 9788484325888.
Outros artigos |
- Espazo-tempo
- Escala de tempo xeolóxico
- Tempo gramatical
- Administración do tempo (Wikibooks)
|
|
Categorías:
- Cronometría
- Física
- Magnitudes físicas
(RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"0.312","walltime":"0.512","ppvisitednodes":"value":701,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":17961,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":1422,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":11,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":7,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":674,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":8,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 427.959 1 -total"," 51.37% 219.841 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 18.86% 80.707 3 Modelo:Irmáns"," 18.81% 80.515 1 Modelo:Commonscat"," 17.83% 76.305 3 Modelo:Caixa_lateral"," 11.75% 50.296 3 Modelo:Cita_libro"," 5.81% 24.868 2 Modelo:Icona_en_título"," 5.44% 23.282 1 Modelo:1000"," 2.26% 9.658 1 Modelo:Listaref"," 2.11% 9.012 1 Modelo:1000_artigos_icona_título"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.170","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":4427430,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1300","timestamp":"20190528184316","ttl":2592000,"transientcontent":false););"@context":"https://schema.org","@type":"Article","name":"Tempo","url":"https://gl.wikipedia.org/wiki/Tempo","sameAs":"http://www.wikidata.org/entity/Q11471","mainEntity":"http://www.wikidata.org/entity/Q11471","author":"@type":"Organization","name":"Contribuidores dos projetos da Wikimedia","publisher":"@type":"Organization","name":"Wikimedia Foundation, Inc.","logo":"@type":"ImageObject","url":"https://www.wikimedia.org/static/images/wmf-hor-googpub.png","datePublished":"2003-09-04T22:58:07Z","dateModified":"2018-12-27T20:15:31Z","image":"https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/0/0f/Animated_watch.gif","headline":"magnitude fu00edsica coa que medimos a duraciu00f3n ou separaciu00f3n de acontecimentos"(RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgBackendResponseTime":150,"wgHostname":"mw1333"););