Skip to main content

Neve Índice Formación da neve | Aspectos xeográficos | Usos | Galería de imaxes | Notas | Véxase tamén | Menú de navegaciónDicionario da Real Academia GalegaPortal das Palabras"Copia arquivada"o orixinalIMPACTOS DEL CAMBIO CLIMÁTICO EN ESPAÑA (14. IMPACTOS SOBRE EL SECTOR TURÍSTICO)"Copia arquivada"o orixinalCómo se forma un copo de nieveReal Federación Española de Deportes de Invierno300055381263693587987ID3015-15924133053-5snow-cover005744614173D012914

Hidrometeoros


meteorolóxicocristaisxeometeorosfractaisfolerpasvaporaugaatmosferatemperatura°C°Fxeosaraiba1988temperaturapresión atmosféricachoivaclima tropicalparalelosmontañasvolcánCayambeEcuadorlatitudepolosclima temperadocontinentalde montañasuíza1982Colorado1921turismoPireneosCordilleira CantábricaSistema IbéricoSistemas BéticosManzanedaManzanedaA Pobra de TrivesOurensequentamento global1995xeadosfrigoríficoXermadeLugoGraba, SilledaArzúaSantiago de CompostelaEstrada










Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter



Neve




Na Galipedia, a Wikipedia en galego.






Saltar ata a navegación
Saltar á procura





Cristal de neve.




Paisaxe nevado en Valtavaara, Kuusamo, norte de Finlandia.


A neve[1] é un fenómeno meteorolóxico consistente na precipitación de pequenos cristais de xeo. Estes meteoros adoptan formas xeométricas con características fractais e agrúpanse en folerpas. Xa que está composta por pequenas partículas ásperas é un material granular. Normalmente ten unha estrutura aberta e suave, excepto cando é comprimida pola presión externa.


A neve fórmase comunmente cando o vapor de auga experimenta unha alta deposición na atmosfera a unha temperatura menor de 0 °C (32 °F), e posteriormente cae sobre a terra. A neve tamén se pode fabricar usando os canóns de neve, que consisten en aparellos que crean granciños minúsculos de xeo similares a unha fina saraiba.




Índice





  • 1 Formación da neve

    • 1.1 Neve artificial



  • 2 Aspectos xeográficos

    • 2.1 Zonas de neve



  • 3 Usos

    • 3.1 Neveiras de montaña



  • 4 Galería de imaxes


  • 5 Notas


  • 6 Véxase tamén

    • 6.1 Outros artigos


    • 6.2 Ligazóns externas





Formación da neve |


Os cristais de neve fórmanse nas nubes, a temperaturas por embaixo dos 0º centígrados. O proceso faise en dúas fases[2]:


  1. Na primeira, as microgotas de auga cristalizan por efecto da acción de núcleos de conxelación que son po atmosférico, é dicir, impurezas de orixe orgánico mineral ou químico. Estes cristais teñen forma de prisma hexagonal, posto que, debido á estrutura atómica da auga (H2O), o hexágono é a forma máis estable, a que require menor enerxía[3].

  2. Na segunda fase, vai medrando pola anexión de gotas próximas que se lle van unindo, facendo medrar o hexágono inicial. A velocidade e xeito de crecemento determina a forma final do cristal.

É fama que non existen dous cristais de neve iguais. O naturalista americano Wilson A. Bentley (1865-1931), un granxeiro autodidacta de Vermont, dedicou 40 invernos ao estudo dos cristais de neve. Chegou a examinar máis de 5.000 fotografías obtidas no microscopio. Nunca atopou dous cristais iguais[3]. Se ben é certo que unha mostra de 5.000 exemplares, comparada coa cantidade case infinita de cristais de neve que existen non é proba suficiente.


En 1988, un equipo de investigadores de Wisconsin demostrou que o crecemento dun cristal de neve depende de factores tan irregulares (temperatura, presión atmosférica, vento, humidade ambiente) que é extremadamente improbable que existan dúas folerpas iguais. Tamén demostraron que, controlando con moita precisión as condicións ambientais en laboratorio, pódense conseguir dous cristais totalmente idénticos, se ben a súa forma non podía ser tan sofisticada como as que se dan na natureza[4].


Unha vez formado o cristal, vaixe unindo a outros ata formar folerpas, estas caen en forma de precipitación do efecto da gravidade. Se a superficie está suficientemente fría, non necesita estar a 0º ou menos, a folerpa mantense e temos unha nevarada. Se cae sobre zonas máis quentes, o contacto co aire desfai a folerpa máis o cristal e remata en choiva.



Neve artificial |


Caso distinto é o da neve producida por "canóns de neve". Estas máquinas botan finas gotas de auga que se conxelan xusto antes da súa expulsión[4]. Como é un proceso case instantáneo, a auga conxelada non fai formas hexagonais, nin hai agregación que forme os característicos cristais. Pola contra, son pezas de xeo amorfas.



Aspectos xeográficos |




Ocorrencia das nevaradas:      Países con localidades por baixo dos 500 metros de altitude que teñen nevaradas tódolos anos.      Nestes países neva cada ano por riba dos 500 metros de altitude, mais cada certos anos pode nevar por baixo desta cota.      Nestes países pode nevar por riba dos 500 metros de altitude, as nevaradas por baixo desta cota son excepcionais ou non se producen nunca.      As nevaradas restrínxense aos 2000 metros de altitude ou máis.      Sen neve.



Zonas de neve |


Nas rexións de clima tropical non neva e considérase que os paralelos 35 N e S delimitan a zona onde só hai unha certa presenza de neve nas montañas. O volcán Cayambe, un cumio de máis de 5000 metros no Ecuador, recibe así mesmo precipitacións en forma de neve a pesar de que se atopa na latitude 0.


Canto máis preto dos polos, máis probabilidade de neve. Porén, a cantidade de neve que cae nas rexións polares é relativamente pouca mais consérase polo frío que vai. Ademais, normalmente as zonas costeiras do planeta vense menos afectadas pola neve que as do interior.


É nas rexións de clima temperado, continental e de montaña onde se producen as nevaradas máis importantes. Entre elas destacan os 130 centímetros de neve acumulada en 24 horas na estación suíza de Klosters en xaneiro de 1982, ou os 193 centímetros en 24 horas que se rexistraron en Silver Lake (Colorado) en abril de 1921.



Usos |


Hoxe en día, o uso máis común da neve é o deporte e o lecer. A afluencia a estacións de esquí[5], onde practicar deportes de inverno[6], supón o máis típico turismo estacional de inverno. En España, as estacións de esquí concéntranse nas zonas de montaña: Pireneos, Cordilleira Cantábrica, Sistema Ibérico e Sistemas Béticos. En Galicia, a única estación de esquí é a de Manzaneda, entre os concellos de Manzaneda e A Pobra de Trives, en Ourense.


Este sector, tanto en Galicia como en España e, en xeral, nos países que contan con neve pero son de clima máis temperán, pódese ver grandemente afectado polo quentamento global, así[7]:


Se pueden producir alteraciones notables en los espacios que hoy acogen al turismo de invierno. Podrían desaparecer o reconvertirse hacia otras modalidades turísticas los complejos que se encuentran situados por debajo de los 2.000 metros (aunque este límite varía latitudinalmente), por falta o escasez del recurso nieve. Las estaciones de esquí se verán obligadas a subir en altitud y a incrementar sus inversiones en cañones para la producción de nieve artificial. De todos modos, la irregularidad de la innivación y el acortamiento de la temporada por el retraso en la aparición del manto nival y el empeoramiento prematuro de su calidad en primavera, no garantizarán la rentabilidad de las inversiones en determinados espacios geográficos.

De feito, xa no ano 1995, os Campionatos do Mundo de Esquí Alpino, que se ían celebrar en Serra Nevada, tiveron que adiarse para o ano seguinte, por causa da falta de neve[8].



Neveiras de montaña |


Ata a chegada da tecnoloxía do frío industrial e dos elecrodomésticos produtores de frío, despois, a neve era usada tamén para a conservación de alimentos, a fabricación de xeados, a refrixeración das casas e, incluso, en medicina[9].


Para poder dispoñer deste produto todo ou case todo o ano, a neve destinada a estes usos era recollida en neveiras de montaña, que eran construcións soterradas, ás veces aproveitando as propias irregularidades do terreo, en lugares sombrizos. A neve era depositada nestas neveiras, prensada e arrodeada de material illante, como palla, facendo capas de neve prensada e material illante. Unha vez depositada, íase sacando en bloques segundo as necesidades ou a demanda do produto[10], e trasladábase de noite ata os puntos de consumo. A industrialización deixou sen uso estas construcións e a actividade que nelas se realizaba, pero quedou lembranza na nomenclatura do fogar, posto que seguimos a chamarlle neveira ao frigorífico.


Un exemplo en Galicia deste tipo de construción, atópase nos Altos da Garrona, no concello de Xermade, Lugo[11].



Galería de imaxes |



Notas |




  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para neve.


  2. http://www.aepedi.org/index.php?pagina=aula_de_aprendizaje&id=La+Nieve


  3. 3,03,1 "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 12 de maio de 2016. Consultado o 02 de maio de 2016. 


  4. 4,04,1 http://www.gaiaciencia.com/2014/02/como-se-forma-un-copo-de-nieve/


  5. http://www.infonieve.es/estaciones-esqui/pais/espana/1/


  6. http://www.rfedi.es/


  7. IMPACTOS DEL CAMBIO CLIMÁTICO EN ESPAÑA (14. IMPACTOS SOBRE EL SECTOR TURÍSTICO)


  8. http://www.marca.com/blogs/palillerosvssurferos/2016/02/11/20-anos-del-mundial-de-esqui-alpino-de.html


  9. https://books.google.es/books?id=4cjKedkiR8YC&pg=PA84&lpg=PA84&dq=neveros+artificiales&source=bl&ots=Oam5rwVdkT&sig=FZQ461O3STJsZD0GaXuj8Q7PPV4&hl=gl&sa=X&ved=0ahUKEwji-ImxgrvMAhWMzRoKHVXJBKQQ6AEIVDAK#v=onepage&q=neveros%20artificiales&f=false


  10. http://www.entrepueblos.com/articulo-8301-azuara/nevero-artificial-o-nevera.html


  11. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 17 de abril de 2016. Consultado o 02 de maio de 2016. 



Véxase tamén |





Outros artigos |



  • Estación de montaña Manzaneda.

  • Firn


Ligazóns externas |


  • Cómo se forma un copo de nieve

  • Real Federación Española de Deportes de Invierno




Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Neve&oldid=5030824"










Menú de navegación


























(RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"0.376","walltime":"0.598","ppvisitednodes":"value":721,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":16156,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":2004,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":11,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":10,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":11226,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":11,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 514.923 1 -total"," 60.37% 310.836 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 13.79% 71.029 1 Modelo:Listaref"," 12.10% 62.294 1 Modelo:Commonscat"," 11.41% 58.738 1 Modelo:Irmáns"," 10.80% 55.603 1 Modelo:Caixa_lateral"," 9.93% 51.124 2 Modelo:Cita_web"," 2.74% 14.090 1 Modelo:1000"," 2.17% 11.153 1 Modelo:Icona_en_título"," 1.28% 6.590 1 Modelo:Título_sen_retrouso"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.209","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":4931151,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1261","timestamp":"20190528101847","ttl":2592000,"transientcontent":false););"@context":"https://schema.org","@type":"Article","name":"Neve","url":"https://gl.wikipedia.org/wiki/Neve","sameAs":"http://www.wikidata.org/entity/Q7561","mainEntity":"http://www.wikidata.org/entity/Q7561","author":"@type":"Organization","name":"Contribuidores dos projetos da Wikimedia","publisher":"@type":"Organization","name":"Wikimedia Foundation, Inc.","logo":"@type":"ImageObject","url":"https://www.wikimedia.org/static/images/wmf-hor-googpub.png","datePublished":"2004-04-01T11:06:19Z","dateModified":"2019-01-08T16:34:20Z","image":"https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/d/d7/Snowflake_macro_photography_1.jpg"(RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgBackendResponseTime":184,"wgHostname":"mw1265"););

Popular posts from this blog

Club Baloncesto Breogán Índice Historia | Pavillón | Nome | O Breogán na cultura popular | Xogadores | Adestradores | Presidentes | Palmarés | Historial | Líderes | Notas | Véxase tamén | Menú de navegacióncbbreogan.galCadroGuía oficial da ACB 2009-10, páxina 201Guía oficial ACB 1992, páxina 183. Editorial DB.É de 6.500 espectadores sentados axeitándose á última normativa"Estudiantes Junior, entre as mellores canteiras"o orixinalHemeroteca El Mundo Deportivo, 16 setembro de 1970, páxina 12Historia do BreogánAlfredo Pérez, o último canoneiroHistoria C.B. BreogánHemeroteca de El Mundo DeportivoJimmy Wright, norteamericano do Breogán deixará Lugo por ameazas de morteResultados de Breogán en 1986-87Resultados de Breogán en 1990-91Ficha de Velimir Perasović en acb.comResultados de Breogán en 1994-95Breogán arrasa al Barça. "El Mundo Deportivo", 27 de setembro de 1999, páxina 58CB Breogán - FC BarcelonaA FEB invita a participar nunha nova Liga EuropeaCharlie Bell na prensa estatalMáximos anotadores 2005Tempada 2005-06 : Tódolos Xogadores da Xornada""Non quero pensar nunha man negra, mais pregúntome que está a pasar""o orixinalRaúl López, orgulloso dos xogadores, presume da boa saúde económica do BreogánJulio González confirma que cesa como presidente del BreogánHomenaxe a Lisardo GómezA tempada do rexurdimento celesteEntrevista a Lisardo GómezEl COB dinamita el Pazo para forzar el quinto (69-73)Cafés Candelas, patrocinador del CB Breogán"Suso Lázare, novo presidente do Breogán"o orixinalCafés Candelas Breogán firma el mayor triunfo de la historiaEl Breogán realizará 17 homenajes por su cincuenta aniversario"O Breogán honra ao seu fundador e primeiro presidente"o orixinalMiguel Giao recibiu a homenaxe do PazoHomenaxe aos primeiros gladiadores celestesO home que nos amosa como ver o Breo co corazónTita Franco será homenaxeada polos #50anosdeBreoJulio Vila recibirá unha homenaxe in memoriam polos #50anosdeBreo"O Breogán homenaxeará aos seus aboados máis veteráns"Pechada ovación a «Capi» Sanmartín e Ricardo «Corazón de González»Homenaxe por décadas de informaciónPaco García volve ao Pazo con motivo do 50 aniversario"Resultados y clasificaciones""O Cafés Candelas Breogán, campión da Copa Princesa""O Cafés Candelas Breogán, equipo ACB"C.B. Breogán"Proxecto social"o orixinal"Centros asociados"o orixinalFicha en imdb.comMario Camus trata la recuperación del amor en 'La vieja música', su última película"Páxina web oficial""Club Baloncesto Breogán""C. B. Breogán S.A.D."eehttp://www.fegaba.com

Vilaño, A Laracha Índice Patrimonio | Lugares e parroquias | Véxase tamén | Menú de navegación43°14′52″N 8°36′03″O / 43.24775, -8.60070

Cegueira Índice Epidemioloxía | Deficiencia visual | Tipos de cegueira | Principais causas de cegueira | Tratamento | Técnicas de adaptación e axudas | Vida dos cegos | Primeiros auxilios | Crenzas respecto das persoas cegas | Crenzas das persoas cegas | O neno deficiente visual | Aspectos psicolóxicos da cegueira | Notas | Véxase tamén | Menú de navegación54.054.154.436928256blindnessDicionario da Real Academia GalegaPortal das Palabras"International Standards: Visual Standards — Aspects and Ranges of Vision Loss with Emphasis on Population Surveys.""Visual impairment and blindness""Presentan un plan para previr a cegueira"o orixinalACCDV Associació Catalana de Cecs i Disminuïts Visuals - PMFTrachoma"Effect of gene therapy on visual function in Leber's congenital amaurosis"1844137110.1056/NEJMoa0802268Cans guía - os mellores amigos dos cegosArquivadoEscola de cans guía para cegos en Mortágua, PortugalArquivado"Tecnología para ciegos y deficientes visuales. Recopilación de recursos gratuitos en la Red""Colorino""‘COL.diesis’, escuchar los sonidos del color""COL.diesis: Transforming Colour into Melody and Implementing the Result in a Colour Sensor Device"o orixinal"Sistema de desarrollo de sinestesia color-sonido para invidentes utilizando un protocolo de audio""Enseñanza táctil - geometría y color. Juegos didácticos para niños ciegos y videntes""Sistema Constanz"L'ocupació laboral dels cecs a l'Estat espanyol està pràcticament equiparada a la de les persones amb visió, entrevista amb Pedro ZuritaONCE (Organización Nacional de Cegos de España)Prevención da cegueiraDescrición de deficiencias visuais (Disc@pnet)Braillín, un boneco atractivo para calquera neno, con ou sen discapacidade, que permite familiarizarse co sistema de escritura e lectura brailleAxudas Técnicas36838ID00897494007150-90057129528256DOID:1432HP:0000618D001766C10.597.751.941.162C97109C0155020