Vento Índice Características físicas dos ventos | Ventos con nome propio | No espazo | Notas | Véxase tamén | Menú de navegación"Chandra Finds Fastest Winds from Stellar Black Hole"1990JAtS...47.2053R1520-046910.1175/1520-0469(1990)047<2053:CTWFVO>2.0.CO;2"Mars Rovers Spot Water-Clue Mineral, Frost, Clouds"Dynamics of Jupiter's Atmosphere2005Sci...307.1243P1573144110.1126/science.11076912005Icar..179..459S10.1016/j.icarus.2005.07.022"Uranus in 2003: Zonal winds, banded structure, and discrete features"2005Icar..175..534H10.1016/j.icarus.2004.11.0122001Icar..153..229H10.1006/icar.2001.66891993ARA&A..31..217L10.1146/annurev.aa.31.090193.001245"Atmospheric Escape Hot Jupiters & Interactions Between Planetary and Stellar Winds"o orixinal1996JGR...10126039C10.1029/96JE01951Organización Meteorolóxica Mundial30005539579171911008ID4066257-3ur mom005652674586D014919
Meteoroloxía
latíntroposferaalta presiónbaixa presiónrexiónanemófilasementesaxente erosivoEscala de BeaufortvelocidadeanemómetrosanemógrafosOrganización Meteorolóxica Mundialvento solarsolatmosfera solarvento planetariodisco de acreciónburaco negroIGR J17091-3624velocidade da luzVenusMartedióxido de carbonosublímaseXúpiterSaturnoCassini–HuygensUranoNeptunohidróxenoexosferavelocidade de escapeespazo sideralvento planetariotempo xeolóxicoVenus
Vento
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
O vento (do latín ventus) é o movemento do aire na troposfera desde zonas de alta presión (anticiclóns) a zonas de baixa presión (borrascas). Os ventos globais xéranse como consecuencia do desprazamento do aire dende zonas de alta presión a zonas de baixa presión, determinando os ventos dominantes dunha área ou rexión. Aínda así hai que ter en conta numerosos factores locais que inflúen ou determinan os caracteres de intensidade e periodicidade dos movementos do aire. Estes factores, difíciles de simplificar pola súa multiplicidade, son os que permiten falar de ventos locais, os cales son en moitos lugares máis importantes cós de carácter xeral. Estes tipos de ventos son os seguintes:
- Brisas mariñas
- Brisas de val
- Brisas de montaña
Ventos catabáticos. Ventos que descenden dende as alturas ao fondo dos vales producidos polo esvaramento ao ras de chan do aire frío e denso dende os elementos do relevo máis altos. Aparecen de forma continuada nos grandes glaciares, adquirindo enormes proporcións nos inlandse de Groenlandia e da Antártida, onde sopran a velocidades continuas que superan os 200 km/h motivadas pola ausencia de obstáculos que freen a súa aceleración.
Ventos anabáticos. Ventos que ascenden dende as zonas máis baixas cara ás máis altas a medida que o sol quenta o relevo.
O vento actúa como axente de transporte, intervén na polinización anemófila, no desprazamento das sementes. É tamén un axente erosivo.
A velocidade e/ou intensidade dos ventos adoita medirse utilizando a Escala de Beaufort.
Índice
1 Características físicas dos ventos
2 Ventos con nome propio
3 No espazo
3.1 Noutros planetas
3.2 Vento planetario
4 Notas
5 Véxase tamén
5.1 Outros artigos
5.2 Ligazóns externas
Características físicas dos ventos |
O estudo sistemático das características do vento son moi importantes para:
- Dimensionar estruturas de edificios como silos, grandes pendellos, edificacións elevadas etc.;
- Deseñar campos de xeración eólica de enerxía eléctrica;
- Deseñar protección de marxes en encoros e os ribazos de montante nas presas.
A medición da velocidade e dirección do vento efectúase con instrumentos rexistradores denominados anemómetros, que dispón de dous sensores, un para medir a velocidade e outro para medir a dirección do vento. As medicións rexístrase en anemógrafos.
Para que as medicións sexan comparables coas medicións efectuadas noutros lugares do planeta, as torres cos sensores de velocidade e dirección deben obedecer a normativas estritas ditadas pola OMM - Organización Meteorolóxica Mundial.
Ventos con nome propio |
Alisios.
Nordés.
Mistral.
Siroco.
Tramontana.
Ávrego.- Vento mareiro
No espazo |
O vento solar é significativamente diferente do vento terrestre, xa que ten orixe no sol e está constituído por partículas cargadas que escaparon da atmosfera solar. O vento planetario está constituído por gases leves que escaparon das atmosferas dos planetas. Ao longo do tempo, o vento planetario pode alterar radicalmente a composición desas atmosferas. A maior velocidade de vento algunha vez rexistrada ocorreu no disco de acreción do buraco negro IGR J17091-3624, a unha velocidade de aproximadamente 32.000.000 km/h, o que corresponde a un 3 % da velocidade da luz.[1]
Noutros planetas |
En Venus, os fortes ventos de 300 km/h fan que as zonas superiores das nubes completen unha rotación arredor do planeta cada catro ou cinco días terrestres.[2] Cando os polos de Marte quedan expostos á luz solar tralo inverno, o dióxido de carbono conxelado sublímase, creando ventos fortes que varren as rexións polares a velocidades de até 400 km/h, transportando unha cantidade significativa de poeira e vapor de auga.[3] En Xúpiter, en zonas de correntes son comúns as velocidades de vento de 100 metros por segundo.[4] Os ventos de Saturno están entre os máis velozes do sistema solar. A sonda Cassini–Huygens rexistrou picos de contralisios de aproximadamente 375 metros por segundo.[5] En Urano, os ventos do hemisferio norte acadan velocidades de 240 metros por segundo preto dos 50° de latitude.[6][7][8] No cumio das nubes de Neptuno, a velocidade dos ventos prevalentes varía entre 400 m/s no ecuador e 250 m/s nos polos.[9] Nos 70º de latitude sur, as correntes de alta velocidade deslócanse a 300 m/s.[10]
Vento planetario |
O vento na parte superior da atmosfera dun planeta permite que os elementos químicos leves, como o hidróxeno, se desloquen cara arriba en dirección á exosfera. Aí, eses gases poden acadar a velocidade de escape e entrar no espazo sideral sen afectar outras partículas de gases. Este tipo de perda de gases dun planeta en dirección ao espazo denomínase vento planetario.[11] Ao longo do tempo xeolóxico, este processo fai que os planetas ricos en auga, como a Terra, evoluciones a planetas como Venus.[12]
Notas |
↑ Ashley King; et al. (21 de fevereiro de 2012). "Chandra Finds Fastest Winds from Stellar Black Hole". NASA. Consultado o 27 de setembro de 2012.
↑ W. B. Rossow, A. D. del Genio, T. Eichler (1990). "Cloud-tracked winds from Pioneer Venus OCPP images". Journal of the Atmospheric Sciences 47 (17): 2053–2084. Bibcode:1990JAtS...47.2053R. ISSN 1520-0469. doi:10.1175/1520-0469(1990)047<2053:CTWFVO>2.0.CO;2.
↑ NASA (13 de dezembro de 2004). "Mars Rovers Spot Water-Clue Mineral, Frost, Clouds". Consultado o 17 de marzo de 2006.
↑ A. P. Ingersoll, T. E. Dowling, P. J. Gierasch, G. S. Orton, P. L. Read, A. Sanchez-Lavega, A. P. Showman, A. A. Simon-Miller, A. R. Vasavada (xullo de 2003). Dynamics of Jupiter's Atmosphere (PDF). Lunar & Planetary Institute.
↑ C.C. Porco (2005). "Cassini Imaging Science: Initial Results on Saturn's Atmosphere". Science 307 (5713): 1243–1247. Bibcode:2005Sci...307.1243P. PMID 15731441. doi:10.1126/science.1107691.
↑ L. A. Sromovsky , P. M. Fry (2005). "Dynamics of cloud features on Uranus". Icarus 179 (2): 459–484. Bibcode:2005Icar..179..459S. doi:10.1016/j.icarus.2005.07.022.
↑ H.B. Hammel, I. de Pater, S. Gibbard, G.W. Lockwoodd, K. Rages (2005). "Uranus in 2003: Zonal winds, banded structure, and discrete features" (PDF). Icarus 175 (2): 534–545. Bibcode:2005Icar..175..534H. doi:10.1016/j.icarus.2004.11.012.
↑ H.B. Hammel, K. Rages, G.W. Lockwoodd, E. Karkoschka, I. de Pater (2001). "New Measurements of the Winds of Uranus". Icarus 153 (2): 229–235. Bibcode:2001Icar..153..229H. doi:10.1006/icar.2001.6689.
↑ Linda T. Elkins-Tanton (2006). Uranus, Neptune, Pluto, and the Outer Solar System. Nova York: Chelsea House. pp. 79–83. ISBN 0-8160-5197-6.
↑ Jonathan I. Lunine (1993). "The Atmospheres of Uranus and Neptune". Annual Review of Astronomy and Astrophysics 31: 217–263. Bibcode:1993ARA&A..31..217L. doi:10.1146/annurev.aa.31.090193.001245.
↑ Ruth Murray-Clay (2008). "Atmospheric Escape Hot Jupiters & Interactions Between Planetary and Stellar Winds" (PDF). Boston University. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de agosto de 2009. Consultado o 5 de maio de 2009.
↑ E. Chassefiere (1996). "Hydrodynamic escape of hydrogen from a hot water-rich atmosphere: The case of Venus". Journal of geophysical research 101 (11): 26039–26056. Bibcode:1996JGR...10126039C. doi:10.1029/96JE01951.
Véxase tamén |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Vento |
Outros artigos |
Efecto Foehn.
Escala de Beaufort de forza do vento.
Ligazóns externas |
- Organización Meteorolóxica Mundial
|
|
Categoría:
- Meteoroloxía
(RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"0.452","walltime":"0.635","ppvisitednodes":"value":883,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":30650,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":669,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":11,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":9,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":16418,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":10,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 556.166 1 -total"," 49.53% 275.483 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 24.96% 138.837 1 Modelo:Listaref"," 14.73% 81.921 1 Modelo:Commonscat"," 14.01% 77.901 1 Modelo:Irmáns"," 13.06% 72.652 1 Modelo:Caixa_lateral"," 12.78% 71.066 3 Modelo:Cita_web"," 6.50% 36.173 7 Modelo:Cita_publicación_periódica"," 4.66% 25.923 1 Modelo:1000"," 4.10% 22.794 1 Modelo:Icona_en_título"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.253","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":4581102,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1336","timestamp":"20190531044259","ttl":2592000,"transientcontent":false););"@context":"https://schema.org","@type":"Article","name":"Vento","url":"https://gl.wikipedia.org/wiki/Vento","sameAs":"http://www.wikidata.org/entity/Q8094","mainEntity":"http://www.wikidata.org/entity/Q8094","author":"@type":"Organization","name":"Contribuidores dos projetos da Wikimedia","publisher":"@type":"Organization","name":"Wikimedia Foundation, Inc.","logo":"@type":"ImageObject","url":"https://www.wikimedia.org/static/images/wmf-hor-googpub.png","datePublished":"2004-08-03T19:46:35Z","dateModified":"2018-08-28T10:12:31Z","image":"https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/7/7f/Mistral_wind1.jpg"(RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgBackendResponseTime":136,"wgHostname":"mw1321"););