Tempo atmosférico Índice O tempo terrestre | O tempo extraterrestre | O tempo espacial | Prognóstico meteorolóxico | Notas | Véxase tamén | Menú de navegación"Definición de tempo""Definition of Weather"GoesaquíInstituto Nacional de Meteoroloxía de EspañaServizo meteorolóxico de CataluñaInformación meteorolóxica de Cataluña Información dunha rexión ou localidade.Applet de Java que compara a temperatura real coa normal a ese día e horaO Tempo Espacial3000553664065852-1weather-conditionssh85145843005660104202D014887
ClimaMeteoroloxía
atmosferatroposferaestratosferatemperaturaprecipitaciónsclimapresión do airehumidadesollatitudecirculacións atmosféricasCélula de Hadleycorrente en chorrociclóns extratropicaisluz solarenerxía solarcambio climáticocaóticoagriculturaindustriasistema solarGran Mancha VermellaXúpiteranticiclónicavento solarTerrameteoros climáticosventotormentaschuvianevesarabiatroposferasolluzsolestacións meteorolóxicastemperaturahumidadepresión atmosféricacapa nubosavelocidade do ventochuviatemperatura de orballotemperatura de sensaciónmeteoroloxíaestacións meteorolóxicasestacións en barcossatélites meteorolóxicosfísicaordenadoresatmosferaTerracaóticoefecto bolboretameteorólogosanticiclónicaplanetaXúpiterNeptunocientíficosMartepresióntempo espacialSolvento solartormentas solaresradioTerraauroras boreaisaviaciónagriculturatransportecomercioNASA
Tempo atmosférico
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
O tempo atmosférico, tempo meteorolóxico ou temperie é o estado da atmosfera[1] contemplado desde distintos aspectos: se está quente ou fría, húmida ou seca, calma ou tormentosa, clara ou nebulosa.[2] A maioría dos fenómenos do tempo ocorren na parte máis baixa da troposfera, xusto debaixo da estratosfera. O tempo refírese á temperatura e precipitacións diarias, mentres que o clima é o estudo das condiciones atmosféricas durante períodos máis longos.
O tempo está influenciado polas diferenzas entre un lugar e outro da presión do aire, a temperatura e a humidade. Estas diferenzas poden ocorrer debido ao ángulo de inclinación en calquera sitio concreto do sol, o cal varía coa latitude. O forte contraste de temperatura entre o aire polar e o tropical da orixe ás circulacións atmosféricas a grande escala, como a Célula de Hadley, a Célula de Ferrel, a Célula Polar, e a corrente en chorro. Manifestacións atmosféricas nas latitudes medias, como os ciclóns extratropicais, son causados por inestabilidades do fluxo da corrente en chorro. Debido a que o eixe da Terra está inclinado en relación ao seu plano orbital, a luz solar incide en ángulos diferentes nos distintos meses do ano. Na superficie da Terra, as temperaturas poden chegar a ter unha variación anual de ±40 °C. Durante miles de anos, os cambios na órbita terrestre poden afectar á cantidade e distribución de enerxía solar recibida pola Terra, influenciando así o clima a longo prazo e o cambio climático global.
As diferenzas de temperatura da superficie á súa vez causan diferenzas de presión. As zonas de maior altitude son máis frías cas baixas, debido a que gran parte do quencemento atmosférico débese ao contacto coa superficie da Terra mentres as perdas por radiación ao espazo exterior son maiormente constantes. O prognóstico do tempo é o resultado da aplicación da ciencia e tecnoloxía para predicir o estado da atmosfera para un momento futuro e unha localización dada. O sistema do tempo atmosférico é caótico; en consecuencia, cambios pequenos nunha parte do sistema poden provocar grandes efectos no sistema, considerado como un todo. Ao longo da historia, o ser humano tentou controlar e manipular o tempo, e hai evidencias de que as actividades humanas como a agricultura e a industria modificaron os patróns atmosféricos.
O estudo sobre como funciona o tempo noutros planetas foi de gran utilidade para comprender como este funciona na Terra. Un coñecido fenómeno no sistema solar, é a Gran Mancha Vermella de Xúpiter. Non é máis ca unha tormenta anticiclónica que se sabe existe desde polo menos 300 anos. Non obstante, o tempo non se limita aos corpos planetarios. A coroa solar estase perdendo constantemente no espazo, creando o que esencialmente é unha moi delgada atmosfera a través do sistema solar. O movemento de masa expulsada desde o sol coñecese como vento solar.
Índice
1 O tempo terrestre
2 O tempo extraterrestre
3 O tempo espacial
4 Prognóstico meteorolóxico
5 Notas
6 Véxase tamén
6.1 Outros artigos
6.2 Ligazóns externas
O tempo terrestre |
- Vexa Meteoroloxía.
Na Terra, os fenómenos meteorolóxicos regulares, tamén chamados meteoros climáticos inclúen vento, tormentas, chuvia, neve, e sarabia, que ocorre na troposfera é dicir na parte más baixa da atmosfera. O tempo cambia movido polas diferenzas de enerxía recibida do sol. Debido ós ángulos con que a luz do sol incide sobre a terra, quéntanse de forma distinta as diferentes partes do planeta. Isto causa a diferenza de temperaturas que producen a circulación global da atmosfera, así como, indirectamente, tódolos outros fenómenos de tempo. As estacións meteorolóxicas miden as distintas variables locais do tempo como a temperatura, a humidade, a presión atmosférica, a capa nubosa, a velocidade do vento, e a chuvia. Coñecidas estas variables directas, pódense pescudar outras derivadas como a temperatura de orballo, ou a temperatura de sensación.
A meteoroloxía intenta mediante redes de estacións meteorolóxicas locais, estacións en barcos, e satélites meteorolóxicos pescudar as variables meteorolóxicas nos vértices dunha malla tridimensional de tamaño o menor posible. A partir destas condicións iniciais e aplicando as leis da física inténtase predicir a evolución do tempo a 12 horas, 24, 48, 72, ou 96 horas. Para iso hai que usar potentes ordenadores que se encargan de realizar os cálculos usando un modelo.
A atmosfera da Terra é un sistema caótico onde pequenos cambios nas condicións iniciais poden ter grandes efectos ó evolucionar. Este efecto que sempre limitará a predición do tempo coñécese como efecto bolboreta. Isto fai moi difícil predicir con precisión os cambios de tempo máis alá duns poucos días, inda que meteorólogos estean traballando para mellorar este límite.
O tempo extraterrestre |
Os fenómenos e sistemas noutros planetas son similares ós da Terra, pero a miúdo ocorre nunha escala moito máis grande. Os sistemas de tempo extraterrestres poden ser sumamente estables; como é o caso da A Gran Mancha Vermella que é unha tormenta anticiclónica coñecida por ter existido durante polo menos 300 anos no planeta Xúpiter.
Noutro dos planetas xigantes, a falta dunha superficie permite ó vento acadar velocidades enormes: refachos de 400 metros por segundo foron medidos no planeta Neptuno. Isto creou un problema para os científicos. O tempo prodúcese pola diferente enerxía proveniente do Sol e a cantidade de enerxía recibida por Neptuno é moi pequena. Este misterio inda non está resolto.
Tamén presenta mucho interese o tempo en Marte coa variación anual da presión atmosférica, as tormentas de po as enormes flutuacións da temperatura diúrna e unha atmosfera que ó ser más sinxela será más previsible para os meteorólogos marcianos.
O tempo espacial |
Chámase tempo espacial ás perturbacións que pode ocasionar na Terra a actividade solar. O Sol expulsa diversos tipos de radiación electromagnética e de partículas ionizadas (vento solar) que poden modificar a actividade normal da magnetosfera e da atmosfera; cando isto ocorre con certa intensidade fálase de tormentas solares. A interacción das radiacións solares poden afectar ás comunicación por radio na Terra, provocar as fermosas auroras boreais e moitos outros fenómenos.
Prognóstico meteorolóxico |
A realización de prognósticos meteorolóxicos a unha escala rexional e, especialmente, a escala local, constitúe unha actividade sumamente importante e estendida en case todo o mundo e en numerosas actividades. A organización da aviación civil (horarios, previsións, alternativas de voo etc.) depende en gran medida, e cada vez máis, dos prognósticos meteorolóxicos moi detallados. O mesmo sucede con outros tipos de actividades (agricultura, transporte, comercio, servizos de todo tipo etc.). Esta actividade baséase nos datos subministrados polas estacións meteorolóxicas estratexicamente localizadas e intercomunicadas entre elas e pola información obtida en tempo real de multitude de satélites meteorolóxicos, principalmente, satélites xeoestacionarios, drones (voos non tripulados) e outros medios de obtención de datos atmosféricos.
Un exemplo dos datos obtidos case en tempo real e con imaxes en secuencia do hemisferio occidental e sectores do mesmo (que permiten ver o movemento das masas nubosas, desprazamento e enerxía transportada polas nubes etc.) son os que proporciona a páxina web da NASA de satélites xeoestacionarios.[3][4]
Notas |
↑ RAG (ed.). "Definición de tempo". Dicionario da Real Academia Galega. Consultado o 3 de outubro de 2018.
↑ "Definition of Weather". Merriam-Webster Dictionary (en inglés). Consultado o 3 de outubro de 2018.
↑ Goes
↑ Unha visión animada da secuencia de imaxes do Caribe e o Atlántico ao norte do ecuador e que se actualizan cada 30 minutos, pode verse aquí
Véxase tamén |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Tempo atmosférico |
Outros artigos |
- Meteoroloxía
- Boletín meteorolóxico
- Clima
- Atmosfera
- Sol
- Sistema solar
Ligazóns externas |
Instituto Nacional de Meteoroloxía de España (en castelán)
Servizo meteorolóxico de Cataluña (en catalán)
Información meteorolóxica de Cataluña (en catalán)- Información dunha rexión ou localidade.
- Applet de Java que compara a temperatura real coa normal a ese día e hora
- O Tempo Espacial
|
|
Categorías:
- Clima
- Meteoroloxía
(RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"0.296","walltime":"0.473","ppvisitednodes":"value":470,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":11448,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":703,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":11,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":7,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":2995,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":8,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 410.238 1 -total"," 56.25% 230.771 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 16.47% 67.584 1 Modelo:Commonscat"," 15.68% 64.331 1 Modelo:Irmáns"," 15.21% 62.416 1 Modelo:Listaref"," 14.80% 60.702 1 Modelo:Caixa_lateral"," 13.31% 54.586 2 Modelo:Cita_web"," 2.79% 11.450 1 Modelo:1000"," 2.10% 8.597 1 Modelo:Icona_en_título"," 1.54% 6.329 1 Modelo:Título_sen_retrouso"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.160","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":4759209,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1311","timestamp":"20190609142125","ttl":2592000,"transientcontent":false););"@context":"https://schema.org","@type":"Article","name":"Tempo atmosfu00e9rico","url":"https://gl.wikipedia.org/wiki/Tempo_atmosf%C3%A9rico","sameAs":"http://www.wikidata.org/entity/Q11663","mainEntity":"http://www.wikidata.org/entity/Q11663","author":"@type":"Organization","name":"Contribuidores dos projetos da Wikimedia","publisher":"@type":"Organization","name":"Wikimedia Foundation, Inc.","logo":"@type":"ImageObject","url":"https://www.wikimedia.org/static/images/wmf-hor-googpub.png","datePublished":"2005-10-30T02:16:35Z","dateModified":"2019-02-12T08:09:51Z","image":"https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/a/a1/Hurricane_luis_1995.gif"(RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgBackendResponseTime":132,"wgHostname":"mw1329"););