Skip to main content

Química Índice Definición de Pauling | Etimoloxía | Historia | A química, unha das "ciencias básicas" | Literatura química | Notas | Véxase tamén | Menú de navegaciónquímicafísicaquímico, química"Boletín CIENTEC, novembro de 2014""Química""Histoire générale des Sciences (t. 1: La Science antique et médiévale; t. II: La Science moderne)"Belief in PseudoscienceFrancis Bacon réformateur de l'alchimie: tradition alchimique et invention scientifique au début du XVIIe siècleArquivadoLa Ligne du Temps de la ChimieArquivadoRobert Boyle, Father of Modern ChemistryArquivado"Departamentos""Divisions"e3000545377881197046504666072ID4009816-38259chemistrysh85022986005643935450chimicaD002621

Química


cienciamateriareaccións químicasenerxéticosfísicacientíficosLinus PaulingPremio Nobel de Química1954latínárabealquimiafilosóficospseudoprotocientíficosalquimiateoríashistoriadores da cienciaantigos exipciostecnolóxicafilosóficateóricaséculo XVIIalquimiaprotocienciapseudocienciacientíficosRobert Boyle1661Antoine LavoisierCarl Wilhelm Scheeleoxíxenoconservación da masateoría do floxistocombustiónquímica inorgánicaquímica orgánicaquímica físicaquímica analíticaciencias básicaselectrónsprotónsneutrónsátomosmoléculasbioquímicarevistas científicasAmerican Chemical Society










Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter

1000 12/16



Química




Na Galipedia, a Wikipedia en galego.






Saltar ata a navegación
Saltar á procura






Lavoisier, fundador da química moderna.


A química é a ciencia que estuda a constitución, a estrutura e as propiedades da materia,[1] así como as transformacións desta mediante reaccións químicas e os cambios enerxéticos implicados nestes procesos. En contraposición á física, ciencia que estuda as propiedades xerais da materia e establece as leis que explican os fenómenos materiais,[2] o estudo fundamental desta son as transformacións que sofre a materia.


Os científicos dedicados ao seu estudo son os químicos e as químicas.[3]




Índice





  • 1 Definición de Pauling


  • 2 Etimoloxía


  • 3 Historia


  • 4 A química, unha das "ciencias básicas"

    • 4.1 Divisións da química


    • 4.2 Áreas de estudo relacionadas coa química e algunhas das súas subdivisións



  • 5 Literatura química


  • 6 Notas


  • 7 Véxase tamén

    • 7.1 Bibliografía


    • 7.2 Ligazóns externas





Definición de Pauling |


En palabras de Linus Pauling, Premio Nobel de Química en 1954:[4]



A química é a ciencia que estuda as substancias, a súa estrutura (tipos e formas de colocación dos átomos), as súas propiedades e as reaccións que as transforman noutras susbtancias,


Etimoloxía |


A orixe da palabra provén do termo do latín medieval chimia, a partir do árabe al-kimia 'pedra filosofal'[5] , mais este é un tema controvertido dada a multiplicidade de palabras atopadas en diversas linguas antigas con significados moi diversos pero dalgún modo relacionados coa alquimia.



Historia |



Artigos principais: Historia da química e Historia da ciencia.

A historia da química é a historia, desde a antigüidade até os nosos días, da ciencia química e do seus precedentes filosóficos e pseudo e protocientíficos, en particular da alquimia. Está intrinsecamente ligada ao desenvolvemento da humanidade, xa que abarca todas as transformacións da materia e as teorías correspondentes.[6][7]


A maioría dos historiadores da ciencia aceptan que foron os antigos exipcios os primeiros "químicos".[8]


Historicamente, o estudo da materia fíxose desde dúas perspectivas diferentes: a tecnolóxica ou factual e a filosófica ou teórica:


  • O coñecemento tecnolóxico ten a súa orixe no dominio do lume por parte do home e, polo que fai aos fenómenos químicos, procesos tales como a cocción de alimentos, a cerámica, a metalurxia, a fabricación do vidro, a preparación de medicamentos e remedios a partir de fontes naturais, a preparación de colorantes, de bebidas alcohólicas e vinagre etc. desenvolvéronse desde tempos prehistóricos no seo de diversas civilizacións.[9][10]

  • Con respecto ao coñecemento filosófico da materia, as primeiras teorías sobre a súa orixe e a súa constitución desenvolvéronas os filósofos gregos da antigüidade clásica, entre os que destaca Empédocles, cos catro elementos propostos por Tales de Mileto, Anaxímenes, Heráclito e Xenófanes: auga, aire, lume e terra.

A ciencia química xorde antes do século XVII a partir da alquimia, protociencia (ou pseudociencia) moi popular entre moitos dos científicos da época.[11][12]


Considérase que os principios básicos da química estableceunos por primeira vez Robert Boyle na súa obra The Sceptical Chymist (1661).[13]


A química como tal comeza a desenvolverse un século máis tarde cos traballos de Antoine Lavoisier que, xunto con Carl Wilhelm Scheele descobren o oxíxeno. Lavoisier, pola súa parte, propuxo a lei da conservación da masa e refutou a teoría do floxisto coa teoría da combustión.[14]


As distintas ramas da química foron establecidas en función do tipo de compostos ou do tipo de estudo levado a cabo. Entre estas atópanse: a química inorgánica, encargada do estudo da materia inorgánica; a química orgánica, encargada do estudo da materia orgánica; a química física, encargada do estudo enerxético e estrutural de sistemas químicos dende escala macroscópica até a atómica; e a química analítica, baseada no estudo da materia mediante análises químicos.[15]



A química, unha das "ciencias básicas" |


A ubicuidade da química nas ciencias naturais fai desta que sexa considerada dentro das ciencias básicas. A química é de gran importancia en moitos campos do saber, como na ciencia de materiais, na bioloxía, na farmacoloxía, na medicina e na enxeñería, entre outros.


Os procesos naturais estudados pola química concernen a partículas fundamentais (electróns, protóns e neutróns), partículas compostas (núcleos atómicos, átomos e moléculas) ou estruturas microscópicas como cristais.


Dende un punto de vista microscópico das partículas involucradas nas reaccións, pódese considerar un sistema pechado o cal intercambia enerxía co medio. No caso de reaccións exotérmicas, liberarán enerxía cedéndolla ó medio en forma de calor; mentres tanto, nun proceso endotérmico, ocorre o inverso, o medio de reacción (o sistema pechado) capta enerxía do medio para poder reaccionar. Entón, pódese estender o concepto de reacción química, engadindo deste xeito o concepto de enerxía (calor) como produto ou reactivo.



Divisións da química |


Aínda que a división da química está comprendida en múltiples ramas, pódese facer a seguinte división segundo a IUPAC[16]:



  • Química física e biofísica

  • Química inorgánica


  • Química orgánica e biomolecular

  • Polímeros

  • Química analítica

  • Química ambiental

  • Química da saúde humana


  • Nomenclatura química e representación estrutural

Máis tradicionalmente pódese facer unha división máis simple:



  • Química orgánica: É a ciencia da estrutura, das propiedades, da composición e das reaccións químicas dos compostos orgánicos que, en principio, son os compostos cuxo elemento principal é o carbono. O límite entre a química orgánica e a química inorgánica, que segue, non é sempre nítido; por exemplo, o óxido de carbono (CO) e o anhídrido carbónico (CO2) non forman parte da química orgánica.


  • Química inorgánica: É a rama da química que trata das propiedades e das reaccións dos compostos inorgánicos. Inclúe a xeoquímica.


  • Química física: É o estudo dos fundamentos físicos dos sistemas químicos e dos procesos físicos. En particular, a descrición enerxética das diversas transformacións, por exemplo, forma parte desta rama da química. Nela atópanse disciplinas importantes como a termoquímica, aplicación da termodinámica á química; a cinética química, a mecánica estatística, a espectroscopia e a electroquímica, entre outros.


  • Química analítica: É o estudo de mostras de material para coñecer a súa composición química e a súa estrutura.

A importancia dos sistemas biolóxicos, fai que actualmente todas as ramas teñan unha gran presenza en estudos de natureza bioquímica.





Química inorgánica:
Dicromato de amonio, (NH4)2Cr2O7



Áreas de estudo relacionadas coa química e algunhas das súas subdivisións |




Un dos procedementos frecuentes na electroquímica é a electrólise.



  • Química inorgánica: estuda as substancias inorgánicas.


  • Química orgánica: estuda as substancia orgánicas.


  • Bioquímica: trata dos procesos químicos relativos aos seres vivos.


  • Cálculo de reactores: rama da Enxeñaría Química que estuda o proxecto de conxunto de reactores industriais.


  • Carboquímica: trata de procesos que inclúen o carbón mineral.


  • Catálise química: trata de procedementos que alteran a cinética das reaccións.


  • Ciencias dos materiais: trata da composición, resistencia e durabilidade de materiais.


  • Cinética química: trata da velocidade das reaccións químicas.


  • Combustión: trata das substancias usadas na produción de enerxía.


  • Electroquímica: trata de reaccións químicas que inclúen enerxía eléctrica.


  • Enxeñaría química: rama da enxeñaría dedicada ao proxecto e estudo de industrias de procesos químicos.

  • Mineraloxía

  • Química ambiental


  • Química industrial: estudo de reaccións con interese en procesos industriais (ver Enxeñaría química e Cálculo de reactores)

  • Química cuántica


  • Operacións unitarias: rama da Enxeñaría química que estuda o proxecto de equipamentos industriais de transformacións físicas (por exemplo, filtración, destilación, decantación, quecemento) en oposición ás Conversións químicas (Cálculo de reactores).


  • Petroquímica: trata da obtención e refinación do petróleo


  • Termoquímica: trata de reaccións químicas que inclúen enerxía térmica.


Literatura química |


Alén dos libros didácticos ou específicos sobre temas de Química no mundo, publícanse diariamente moreas de artigos técnicos e científicos. Hai millares de xornais e revistas científicas de química. A principal fonte de referencia para unha investigación bibliográfica sobre os asuntos tratados na área química é o Chemical Abstracts, publicado pola American Chemical Society, o cal contén resumos dos principais artigos publicados mundialmente.



Notas |




  1. química 3ª acep. no Dicionario da RAG.


  2. física, 4ª acep. no Dicionario da RAG.


  3. químico, química 2ª acep., no Dicionario da RAG.


  4. "Boletín CIENTEC, novembro de 2014". CIENTEC. Consultado o 21/11/2017. .


  5. Portal das Palabras. "Química". Consultado o 19/9/2015. 


  6. Taton, René (dir.) (1959): "Histoire générale des Sciences (t. 1: La Science antique et médiévale; t. II: La Science moderne)". Revue d'histoire des sciences, tome 12, n°1, páxs. 71-74.


  7. Serge Hutin (2005): L'alchimie, Paris: PUF, col. "Que sais-je?", páx. 110.


  8. Fourcroy, A. (1782): Lecons elementaires d’history naturaelle et de chemie. Paris.


  9. Science and Engineering Indicators 2006, National Science Board, National Science Foundation. Belief in Pseudoscience (en inglés).


  10. André Pichot (1991): La Naissance de la science. Tome 1: Mésopotamie, Égypte. París: Gallimard.


  11. Francis Bacon réformateur de l'alchimie: tradition alchimique et invention scientifique au début du XVIIe siècle Arquivado 24 de setembro de 2011 en Wayback Machine. en CAT.INIST. (en francés).


  12. Para máis datos sobre os autores de descubrimentos nos primeiros tempos da alquimia, pódese consultar a obra de Bernard Vidal (1985): Histoire de la chimie Paris: PUF, col. "Que sais-je?", e o sitio La Ligne du Temps de la Chimie Arquivado 26 de xaneiro de 2010 en Wayback Machine. (en francés).


  13. Robert Boyle, Father of Modern Chemistry Arquivado 16 de maio de 2008 en Wayback Machine. (en inglés).


  14. Bensaude-Vincent, B. (1993): Lavoisier, mémoires d'une révolution. Paris: Flammarion. ISBN 978-2-0821-1208-6.


  15. "Departamentos". Facultade de Química USC. Consultado o 21/11/2017. .


  16. "Divisions". IUPAC. International Union of Pure and Applied Chemistry. Consultado o 21/11/2017. 



Véxase tamén |







Bibliografía |



  • Atkins, Peter; de Paula, Julio (2009). Elements of Physical Chemistry (en inglés) (quinta ed.). Nova York: Oxford University Press. ISBN 978-0-19-922672-6. 


  • Burrows, Andrew; Holman, John; Burrows, John; Parsons, Andrew; Pilling, Gwen; Price, Gareth (2009). Chemistry 3. Oxford University Press. ISBN 978-0-19-927789-6. 


Ligazóns externas |



  • A ciencia ten nome de muller en Galilibros.

  • Libro de introdución á Química en Galilibros

  • Libro de preguntas de Física e Química en Galilibros




Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Química&oldid=5022445"










Menú de navegación


























(RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"0.496","walltime":"0.748","ppvisitednodes":"value":1277,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":42113,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":3188,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":10,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":13,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":10383,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":14,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 667.478 1 -total"," 58.20% 388.454 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 15.83% 105.677 1 Modelo:Listaref"," 10.12% 67.539 4 Modelo:Cita_web"," 6.75% 45.085 1 Modelo:Atención"," 6.30% 42.018 1 Modelo:Ifsubst"," 5.92% 39.511 1 Modelo:Mbox"," 2.88% 19.210 1 Modelo:Commons"," 2.76% 18.440 2 Modelo:Irmáns"," 2.74% 18.258 1 Modelo:Ciencias-zócolo"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.289","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":5988930,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1293","timestamp":"20190529235118","ttl":2592000,"transientcontent":false););"@context":"https://schema.org","@type":"Article","name":"Quu00edmica","url":"https://gl.wikipedia.org/wiki/Qu%C3%ADmica","sameAs":"http://www.wikidata.org/entity/Q2329","mainEntity":"http://www.wikidata.org/entity/Q2329","author":"@type":"Organization","name":"Contribuidores dos projetos da Wikimedia","publisher":"@type":"Organization","name":"Wikimedia Foundation, Inc.","logo":"@type":"ImageObject","url":"https://www.wikimedia.org/static/images/wmf-hor-googpub.png","datePublished":"2003-04-13T05:20:29Z","dateModified":"2018-12-27T20:38:51Z","image":"https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/2/2d/Lavoisier_cour_Napoleon_Louvre.jpg","headline":"ciencia que estuda tanto a composiciu00f3n, estrutura e propiedades da materia"(RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgBackendResponseTime":143,"wgHostname":"mw1324"););

Popular posts from this blog

Club Baloncesto Breogán Índice Historia | Pavillón | Nome | O Breogán na cultura popular | Xogadores | Adestradores | Presidentes | Palmarés | Historial | Líderes | Notas | Véxase tamén | Menú de navegacióncbbreogan.galCadroGuía oficial da ACB 2009-10, páxina 201Guía oficial ACB 1992, páxina 183. Editorial DB.É de 6.500 espectadores sentados axeitándose á última normativa"Estudiantes Junior, entre as mellores canteiras"o orixinalHemeroteca El Mundo Deportivo, 16 setembro de 1970, páxina 12Historia do BreogánAlfredo Pérez, o último canoneiroHistoria C.B. BreogánHemeroteca de El Mundo DeportivoJimmy Wright, norteamericano do Breogán deixará Lugo por ameazas de morteResultados de Breogán en 1986-87Resultados de Breogán en 1990-91Ficha de Velimir Perasović en acb.comResultados de Breogán en 1994-95Breogán arrasa al Barça. "El Mundo Deportivo", 27 de setembro de 1999, páxina 58CB Breogán - FC BarcelonaA FEB invita a participar nunha nova Liga EuropeaCharlie Bell na prensa estatalMáximos anotadores 2005Tempada 2005-06 : Tódolos Xogadores da Xornada""Non quero pensar nunha man negra, mais pregúntome que está a pasar""o orixinalRaúl López, orgulloso dos xogadores, presume da boa saúde económica do BreogánJulio González confirma que cesa como presidente del BreogánHomenaxe a Lisardo GómezA tempada do rexurdimento celesteEntrevista a Lisardo GómezEl COB dinamita el Pazo para forzar el quinto (69-73)Cafés Candelas, patrocinador del CB Breogán"Suso Lázare, novo presidente do Breogán"o orixinalCafés Candelas Breogán firma el mayor triunfo de la historiaEl Breogán realizará 17 homenajes por su cincuenta aniversario"O Breogán honra ao seu fundador e primeiro presidente"o orixinalMiguel Giao recibiu a homenaxe do PazoHomenaxe aos primeiros gladiadores celestesO home que nos amosa como ver o Breo co corazónTita Franco será homenaxeada polos #50anosdeBreoJulio Vila recibirá unha homenaxe in memoriam polos #50anosdeBreo"O Breogán homenaxeará aos seus aboados máis veteráns"Pechada ovación a «Capi» Sanmartín e Ricardo «Corazón de González»Homenaxe por décadas de informaciónPaco García volve ao Pazo con motivo do 50 aniversario"Resultados y clasificaciones""O Cafés Candelas Breogán, campión da Copa Princesa""O Cafés Candelas Breogán, equipo ACB"C.B. Breogán"Proxecto social"o orixinal"Centros asociados"o orixinalFicha en imdb.comMario Camus trata la recuperación del amor en 'La vieja música', su última película"Páxina web oficial""Club Baloncesto Breogán""C. B. Breogán S.A.D."eehttp://www.fegaba.com

Vilaño, A Laracha Índice Patrimonio | Lugares e parroquias | Véxase tamén | Menú de navegación43°14′52″N 8°36′03″O / 43.24775, -8.60070

Cegueira Índice Epidemioloxía | Deficiencia visual | Tipos de cegueira | Principais causas de cegueira | Tratamento | Técnicas de adaptación e axudas | Vida dos cegos | Primeiros auxilios | Crenzas respecto das persoas cegas | Crenzas das persoas cegas | O neno deficiente visual | Aspectos psicolóxicos da cegueira | Notas | Véxase tamén | Menú de navegación54.054.154.436928256blindnessDicionario da Real Academia GalegaPortal das Palabras"International Standards: Visual Standards — Aspects and Ranges of Vision Loss with Emphasis on Population Surveys.""Visual impairment and blindness""Presentan un plan para previr a cegueira"o orixinalACCDV Associació Catalana de Cecs i Disminuïts Visuals - PMFTrachoma"Effect of gene therapy on visual function in Leber's congenital amaurosis"1844137110.1056/NEJMoa0802268Cans guía - os mellores amigos dos cegosArquivadoEscola de cans guía para cegos en Mortágua, PortugalArquivado"Tecnología para ciegos y deficientes visuales. Recopilación de recursos gratuitos en la Red""Colorino""‘COL.diesis’, escuchar los sonidos del color""COL.diesis: Transforming Colour into Melody and Implementing the Result in a Colour Sensor Device"o orixinal"Sistema de desarrollo de sinestesia color-sonido para invidentes utilizando un protocolo de audio""Enseñanza táctil - geometría y color. Juegos didácticos para niños ciegos y videntes""Sistema Constanz"L'ocupació laboral dels cecs a l'Estat espanyol està pràcticament equiparada a la de les persones amb visió, entrevista amb Pedro ZuritaONCE (Organización Nacional de Cegos de España)Prevención da cegueiraDescrición de deficiencias visuais (Disc@pnet)Braillín, un boneco atractivo para calquera neno, con ou sen discapacidade, que permite familiarizarse co sistema de escritura e lectura brailleAxudas Técnicas36838ID00897494007150-90057129528256DOID:1432HP:0000618D001766C10.597.751.941.162C97109C0155020