Skip to main content

Mineral Índice Clasificación | A presenza dos minerais na codia terrestre | A xénese mineral | Dureza | Galería | Véxase tamén | Menú de navegaciónMinerais: conceptos e nociónsMinerais clasificados segundo StrunzFotos e información sobre mineraisFotos de minerais, información e artigosFotos e información sobre minerais españoisBlog de información sobre minerais30001106857072214946ID4074836-4mineralssh9000107000566084477346662D008903

Mineraloxía


cela unidadecristalinasólidoTerraaugamercuriolíquidomineraloxíaelementoxofrecinabrio1938elementos químicososíxenosilicioferrosodiopotasiocalcioaluminiomagnesioTerraTerraÁgataBauxitaBrasilCuarzoFluoritaMicaPiritaSílexXiz










Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter

1000 12/16



Mineral




Na Galipedia, a Wikipedia en galego.






Saltar ata a navegación
Saltar á procura






Xofre, exemplo de mineral formado por un só elemento químico; (S)





Cinabrio, exemplo de mineral formado por varios elementos químicos; (Hg e S)



Para a función nutritiva dos minerais, ver Minerais na alimentación.

Un mineral é un corpo producido por procesos de natureza inorgánica, xeralmente cunha composición química definida e, se se forma en condicións favorables (espazo, tempo e repouso axeitados), unha estrutura atómica definida pola súa cela unidade que se expresa na súa forma cristalina e outras propiedades físicas características. Adoita presentarse en estado sólido á temperatura media da Terra, aínda que algúns, como a auga e o mercurio, preséntanse en estado líquido.
A ciencia que os estuda chámase mineraloxía.
Así pois, as tres características básicas dos minerais son:


  • Material inorgánico de orixe natural.

  • Material cristalino, ordenado en celas unidade.

  • Material sólido, salvo raras excepcións.

Hai minerais formados por un só elemento, como o xofre, ou por varios, como o cinabrio.




Índice





  • 1 Clasificación

    • 1.1 As propiedades físicas dun mineral


    • 1.2 Clasificación química e estrutural


    • 1.3 Clasificación segundo caracterice unha rocha ou non



  • 2 A presenza dos minerais na codia terrestre


  • 3 A xénese mineral


  • 4 Dureza


  • 5 Galería


  • 6 Véxase tamén

    • 6.1 Bibliografía


    • 6.2 Ligazóns externas





Clasificación |


Un mineral pode ser clasificado con certa facilidade a simple vista, pero isto non sempre é posible. En moitas ocasións é necesario levar a cabo un estudo químico da súa estrutura para poder saber ante que nos atopamos. É logo necesario, para un estudo completo dos minerais, que se teñan en conta non só os aspectos externos e físicos da peza, tamén é importante o estudo dos átomos que o compoñen e a súa relación estequiométrica entre eles (fórmula química).



As propiedades físicas dun mineral |


  • O sistema cristalino dinos como están ordenados internamente os átomos dun mineral.

  • A cor, debida á absorción de determinadas lonxitudes de onda polos átomos dun mineral, non é demasiado significativa, salvo nalgúns minerais.

  • O brillo é a capacidade que posúen as superficies externas dun mineral de reflectir a luz. O brillo pode ser: metálico (galena), adamantino (diamante), vítreo (fluorita), resinoso (xofre), graxo (halita), nacarado (mica) ou terroso (cinabrio).

  • A dureza é a resistencia dun mineral a ser raiado por outro e a capacidade de raiar a un terceiro. Mídese segundo a escala de Mohs.

  • A fractura, é a forma na que racha un mineral.

  • A exfoliación é a capacidade dun mineral de ser separado en diferentes subestruturas. Pode ser: xeométrica, perfecta (como as láminas das micas), imperfecta (como a da pirita), moi imperfecta ou inexistente.

  • A raia é a cor do po dun determinado mineral. Mentres que a cor pode variar dun exemplar a outro nun mesmo mineral, a raia será sempre a mesma.

  • A densidade é a relación entre a masa da materia e o que ocupa (volume). Mídese en g/cm³.


Clasificación química e estrutural |


A clasificación que utilizamos hoxe en día para estudar os diferentes tipos de minerais foi proposta en 1938 polo alemán H. Strunz. Esta séguese a usar nos nosos días, aínda que axustada lixeiramente. Baséase no estudo da composición química dos minerais para dividilos despois en diferentes clases. As clases son as seguintes:



  • Clase I: Elementos nativos, formados por átomos dun só elemento químico (ex.: xofre, cobre).


  • Clase II: Sulfuros, formados pola combinación do xofre cun elemento químico ou cun radical (ex.: pirita, cinabrio).


  • Clase III: Haluros, compostos binarios formados por un átomo halóxeno e por un elemento químico ou por un radical (ex.: fluorita, silvina).


  • Clase IV: Óxidos e hidróxidos, nos que a presenza de osíxeno oxidado é clave (ex.: magnetita, goethita).


  • Clase V: Carbonatos e nitratos, formados por átomos de carbono ou nitróxeno e outros elementos químicos (ex.: aragonita, calcita).


  • Clase VI: Sulfatos, formados por un átomo de xofre arrodeado por catro de osíxeno como compoñente esencial (ex.: xeso, anhidrita).


  • Clase VII: Fosfatos, wolframatos, vanadatos e outros, con presenza de fósforo (ex.: volframita, piromorfita).


  • Clase VIII: Silicatos, formados por silicio e osíxeno como compoñentes comúns (ex.: mica, feldespato). Os silicatos conforman o grupo máis abundante na codia terrestre (cun 90% de presenza). Desta forma, e segundo a súa estrutura interna, os silicatos subdivídense nas seguintes subclases:

    • Nesosilicatos.


    • Sorosilicatos.


    • Ciclosilicatos.


    • Inosilicatos.


    • Filosilicatos.


    • Tectosilicatos.



  • Clase IX: Substancias orgánicas, formados por procesos nos que a intervención da natureza é clave (moitos científicos non consideran esta clase como unha verdadeira clase de minerais por estar presente a natureza na formación dos exemplares); (ex.: ámbar, copal).


Clasificación segundo caracterice unha rocha ou non |



  • Minerais esenciais: son os minerais que sempre aparecen nun determinado tipo de rocha, polo que caracterizan á mesma.


  • Minerais accesorios: son minerais que poden ou non aparecer nun determinado tipo de rocha, polo que non caracterizan á mesma. Cando aparecen, preséntanse en cantidades mínimas.


A presenza dos minerais na codia terrestre |


Os minerais están formados pola unión de diversos elementos químicos, pero a abundancia duns elementos e a escaseza doutros fai que só uns poucos elementos sexan de importancia e a ter en conta na formación dos minerais terrestres. O osíxeno e o silicio supoñen o 75% do volume total da codia terrestre. Estes elementos, xunto co ferro, sodio, potasio, calcio, aluminio e magnesio, supoñen o 99% do volume total e polo tanto o 99% de presenza no proceso de formación dos minerais terrestres.


Así pois, non tódolos minerais son igual de abundantes na Terra. A táboa que segue móstranos cales son os máis importantes segundo o seu volume total que representan:
























Mineral
Volume

Plaxioclasio
42%

Ortoclasio
22%

Cuarzo
18%

Anfíbolo
5%

Piroxeno
4%

Biotita
4%

Magnetita
2%

Olivina
1%

Apatita
1%
Outros
1%

Aínda así, existen na Terra máis de 4.000 especies diferentes de minerais.



Artigo principal: Lista de minerais.


A xénese mineral |


A formación dos minerais ven dada a través dos seguintes 5 tipos de mecanismos coñecidos:



  • Cristalización: Ó baixar a temperatura dunha masa fundida (o magma, por exemplo), as vibracións térmicas dos átomos diminúen e as forzas atractivas tenden a enlazalos quimicamente. Fano así moitos silicatos coma o cuarzo.


  • Sublimación dos gases: Ó arrefriar un gas, os átomos xúntanse e cristalizan en forma de minerais. O exemplo máis típico é o do xofre que aparece na base das fumarolas volcánicas.


  • Alteración superficial: Ven provocada polos axentes meteorolóxicos. Os minerais expostos a eles oxídanse e hidrátanse e transfórmanse noutros. É o caso da pirita que se converte en limonita ó sufrir estes procesos.


  • Precipitación das sales: Ó baixar a temperatura dunha solución, o disolvente evapórase e o soluto cristaliza debido ó descenso da temperatura e a presión. Así fano por exemplo a halita e a calcantita.


  • Metamorfismo: O aumento da presión e temperatura fai que algúns minerais troquen a súa estrutura e se transformen noutros. É o caso do grafito, que se converte en diamante se isto acontece.


Dureza |



































Escala de Mohs
Mineral
Fórmula química
1

Talco
Mg3Si4O10(OH)2
2

Xeso
CaSO4·2H2O
3

Calcita
CaCO3
4

Fluorita
CaF2
5

Apatita
Ca5(PO4)3(OH,Cl,F)
6

Ortoclasio
KAlSi3O8
7

Cuarzo
SiO2
8

Topacio
Al2SiO4(OH,F)2
9

Corindón
Al2O3
10

Diamante
C


Galería |



Véxase tamén |





Bibliografía |



  • Mirre, Juan Carlos (1990). Guía dos minerais de Galicia. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 978-84-7154-729-3. 


Ligazóns externas |


  • Minerais: conceptos e nocións


  • Minerais clasificados segundo Strunz (en inglés)

  • Fotos e información sobre minerais

  • Fotos de minerais, información e artigos

  • Fotos e información sobre minerais españois

  • Blog de información sobre minerais




Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Mineral&oldid=5116337"










Menú de navegación


























(RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"0.420","walltime":"0.625","ppvisitednodes":"value":575,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":12012,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":1216,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":11,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":11,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":6334,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":12,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 542.552 1 -total"," 63.13% 342.495 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 16.07% 87.178 1 Modelo:Commonscat"," 15.42% 83.637 1 Modelo:Irmáns"," 14.68% 79.657 1 Modelo:Caixa_lateral"," 9.06% 49.142 1 Modelo:Cita_libro"," 4.73% 25.652 2 Modelo:Icona_en_título"," 4.53% 24.574 1 Modelo:1000"," 1.25% 6.798 1 Modelo:Artigo_principal"," 1.24% 6.717 1 Modelo:Título_sen_retrouso"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.254","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":4722430,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1334","timestamp":"20190521035006","ttl":2592000,"transientcontent":false););"@context":"https://schema.org","@type":"Article","name":"Mineral","url":"https://gl.wikipedia.org/wiki/Mineral","sameAs":"http://www.wikidata.org/entity/Q7946","mainEntity":"http://www.wikidata.org/entity/Q7946","author":"@type":"Organization","name":"Contribuidores dos projetos da Wikimedia","publisher":"@type":"Organization","name":"Wikimedia Foundation, Inc.","logo":"@type":"ImageObject","url":"https://www.wikimedia.org/static/images/wmf-hor-googpub.png","datePublished":"2004-06-10T11:14:23Z","dateModified":"2019-04-11T15:45:04Z","image":"https://upload.wikimedia.org/wikipedia/gl/b/bd/Xofre_z.jpg","headline":"su00f3lido inorgu00e1nico cristalino de orixe natural"(RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgBackendResponseTime":163,"wgHostname":"mw1331"););

Popular posts from this blog

How to write a 12-bar blues melodyI-IV-V blues progressionHow to play the bridges in a standard blues progressionHow does Gdim7 fit in C# minor?question on a certain chord progressionMusicology of Melody12 bar blues, spread rhythm: alternative to 6th chord to avoid finger stretchChord progressions/ Root key/ MelodiesHow to put chords (POP-EDM) under a given lead vocal melody (starting from a good knowledge in music theory)Are there “rules” for improvising with the minor pentatonic scale over 12-bar shuffle?Confusion about blues scale and chords

What if the end-user didn't have the required library?What is setup.py?What is a clean, pythonic way to have multiple constructors in Python?What does Ruby have that Python doesn't, and vice versa?What is the reason for having '//' in Python?How do I create a namespace package in Python?How to package shared objects that python modules depend on?setuptools vs. distutils: why is distutils still a thing?Navigation in Windows 10 vs code not going to virtualenv library when the same library is installed at user levelPython create package for local usePackaging a project that uses multiple python versionsWhy is permission denied on pip install except for when “--user” is included at end of command?

Why did Thanos need his ship to help him in the battle scene?Which actor plays Thanos in the Avengers mid-credits scene?Are there economic implications portrayed in comics where the buildings and cities are ruined almost daily?Old X-Men comic where team travels to alien world with a ring-like sun that needs recharging?Why does Ego need help sleeping?Is there an objective answer to who “the strongest Avenger” is?How did Banner get unstuck?Why did Thanos get hit?How did Thanos (or anyone) know the Infinity Stones would give him this power?Did Thanos leave Eitri alive for his after-sales service?In Avengers 1, why does Thanos need Loki?