Sorgo Índice Etimoloxía | Descrición | Especies | Produción | Enfermidades | Taxonomía | Notas | Véxase tamén | Menú de navegaciónFAODicionario da Real Academia GalegaPortal das Palabras"The grass genera of the world: descriptions, illustrations, identification, and information retrieval; including synonyms, morphology, anatomy, physiology, phytochemistry, cytology, classification, pathogens, world and local distribution, and references""Sorgo"Lost Crops of Africa: Volume I: Grains"Sorgo"ITIS 42106Pragas do sorgo en infoagro.com300375529531173637570IDsorghumsh9600899119498110922410065051082161SORG210831307222705180gen005935838819032-1102026842106NHMSYS00004638244557ID11873887246400022105866309SORGH21702IDCUL9PN8ELJ
SorghumCereaisPlantas forraxeiras
xénerogramíneastropicaissubtropicaisÁfricaEtiopíaEuropaAméricaAsiacerealforraxesbebidas alcólicasvasoirascerealEstados Unidosglutecelíacasadstrinxenteshomeostáticassorgo comúnfariñaforraxeitalianolatín modernolatín vulgarSiriaMoenchL.trópicosminflorescenciasmazarocaestamespistilosmilloproteínasgraxalisinaFAOFAOConrad Moenchespecie tipocromosomas
Sorgo
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Sorgo (xénero Sorghum) | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Sorghum bicolor | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||||
Anexo:Especies de Sorghum | |||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||
|
O sorgo[1] é o nome común de calquera planta do xénero Sorghum spp. Un xénero dunhas 20 especies de gramíneas[2] orixinarias das rexións tropicais e subtropicais de África oriental. Ten a súa orixe en África do leste e procede das variedades salvaxes en Etiopía hai 5.000 anos. Cultívanse na súa zona de orixe, Europa, América e Asia como cereal para consumo humano, animal, na produción de forraxes, e para a elaboración de bebidas alcólicas e vasoiras. A súa resistencia á seca e á calor faino un cultivo importante en rexións áridas, e é un dos cultivos alimentarios máis importantes do mundo.
É a quinta colleita de cereal no mundo, canto á súa produción (470.000 km², colleitado en 1996). O produtor máis grande é Estados Unidos.
O sorgo coñécese con varios nomes: millo grande e millo de Guinea en África occidental, kafir en África austral, duro no Sudán, mtama en África oriental, iowar na India e kaoliang na China (Purseglove, 1972).
As moitas subespecies divídense en catro grupos: sorgos do gran, sorgos da herba (para o pasto e o feo), sorgos doces (xaropes do sorgo), e millo tipo vasoira (para as vasoiras e os cepillos).
Ao se tratar dun alimento carente de glute, representa unha opción nutritiva para as persoas celíacas. Posúe propiedades antidiarreicas, ou adstrinxentes, e homeostáticas.
O sorgo común (Sorghum vulgare ou Sorghum bicolor) é a especie máis estendida, cuxas sementes se utilizan para facer fariña e a planta como forraxe.
Índice
1 Etimoloxía
2 Descrición
3 Especies
4 Produción
5 Enfermidades
5.1 Insectos
5.2 Patóxenos
6 Taxonomía
6.1 Citoloxía
7 Notas
8 Véxase tamén
8.1 Outros artigos
8.2 Ligazóns externas
Etimoloxía |
A verba galega sorgo é tomada do italiano e este do latín moderno sorghum, que moi probabelmente provén do latín vulgar syricum; é dicir, proveniente de Siria. Rexión onde os romanos seica coñeceron esta graminea. O nome xenérico Sorghum imposto por Moench foi conservado oficialmente desde 1794 , de xeito que Sorgum L. non é válido.[3][4]
Descrición |
O xénero Sorghum caracterízase por pequenas espigas que nacen a pares. O sorgo cultívase como planta anual, aínda que é herba perenne e nos trópicos pode colleitarse varias veces no ano.
O sorgo ten unha altura de 1 a 2 m. Ten inflorescencias tipo mazaroca e sementes de 3 mm, esféricas e oblongas, de cor negra, avermellada e amarelenta. Ten un sistema radicular que pode chegar en terreos permeábeis a 2 m de profundidade. As flores teñen estames e pistilos.
O valor enerxético do gran de sorgo é un pouco inferior ao do millo. Pódese estimar como media 1,08 UF/kg. Comparándoo co gran de millo, o do sorgo é xeralmente un pouco máis rico en proteínas, porén máis pobre en materia graxa; como as do millo, son dun valor biolóxico bastante feble; son particularmente deficitarias en lisina.
Especies |
- Sorghum almum
- Sorghum amplum
- Sorghum angustum
- Sorghum arundinaceum
Sorghum bicolor (principal especie cultivada)[5]- Sorghum brachypodum
- Sorghum bulbosum
- Sorghum burmahicum
- Sorghum controversum
- Sorghum drummondii
- Sorghum ecarinatum
- Sorghum exstans
- Sorghum grande
- Sorghum halepense
- Sorghum interjectum
- Sorghum intrans
- Sorghum laxiflorum
- Sorghum leiocladum
- Sorghum macrospermum
- Sorghum matarankense
- Sorghum miliaceum
- Sorghum nigrum
- Sorghum nitidum
- Sorghum plumosum
- Sorghum propinquum
- Sorghum purpureosericeum
- Sorghum stipoideum
- Sorghum timorense
- Sorghum trichocladum
- Sorghum versicolor
- Sorghum virgatum
- Sorghum vulgare
Produción |
Os datos da FAO sobre os maiores produtores de sorgo refírense ao conxunto das especies, aínda que se presupón que a meirande parte corresponde á especie Sorghum bicolor.
Listaxe dos 10 principais produtores de sorgo (2013) | ||||
---|---|---|---|---|
País | Produción (en millóns de toneladas) | |||
Estados Unidos | 9,88 | |||
Nixeria | 5,30 | |||
India | 5,28 | |||
Etiopía | 3,82 | |||
Arxentina | 3,63 | |||
China | 2,89 | |||
Australia | 2,22 | |||
Brasil | 2,12 | |||
Burkina Faso | 1,88 | |||
Níxer | 1,32 | |||
En todo o mundo | Aproximadamente 48 millóns de toneladas | |||
Fonte: Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura FAO |
Enfermidades |
Insectos |
Heliothis sp.. É un lepidóptero que tamén afecta a outros cultivos.
Spodoptera frugiperda. Aliméntase das partes tenras das follas, dana a panícula antes de que emerxa e despois do gran en desenvolvemento.
Spodoptera exigua. Os ovos deste insecto deposítanse nas follas e ao nacer as larvas aliméntanse desta dende o bordo, deixando so o nervio central, tamén se poden alimentar do gran en proceso de maduración.
Tetranychus urticae. É un pequeno ácaro apenas visíbel a simple vista
Contarinia sorghicola. É unha mosca que ataca durante a floración, podendo chegar a causar perdas do 100%. Pon os ovos nas flores e as súas larvas aliméntanse do gran en formación impedindo o seu desenvolvemento.
Elasmopalpus lignoselus ou furador do talo. As bolboretas poñen os ovos no envés da folla e as larvas aliméntanse primeiro do tecido destas, furandoo despois o talo e introducíndose no seu interior e facendo galerías.
Patóxenos |
Puccinia sorghi ou ferruxe do sorgo.- Gloeocercospora sorghi
- Cercospora sorghi
- Colletotrichum graminícola
Taxonomía |
O xénero foi descrito por Conrad Moench e publicado en Methodus Plantas Horti Botanici et Agri Marburgensis : a staminum situ describendi 207. 1794.[6] A especie tipo é: Sorghum bicolor (L.) Moench.
Citoloxía |
Ten un número de cromosomas de: x = 5. 2n = 10, 20, e 40 (e aneuploides - 26, 33, 38–39 etc.). Cromosomas ‘pequenos’.
Notas |
↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para sorgo.
↑ Watson L, Dallwitz MJ. (2008). "The grass genera of the world: descriptions, illustrations, identification, and information retrieval; including synonyms, morphology, anatomy, physiology, phytochemistry, cytology, classification, pathogens, world and local distribution, and references". The Grass Genera of the World. Consultado o 15 de marzo de 2010.
↑ Moench. S.saccharatum (L.) Pers.
↑ "Sorgo". Diccionario Etimológico. Consultado o 8 de xuño 2013.
↑ National Research Council (1996). National Academies Press, ed. Lost Crops of Africa: Volume I: Grains. ISBN 978-0-309-04990-0.
↑ "Sorgo". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 16 de febreiro de 2013.
Véxase tamén |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Sorgo |
Outros artigos |
- Sorgo común
- Características das poáceas
Ligazóns externas |
- [1]
ITIS 42106 (22.09.2002)
Pragas do sorgo en infoagro.com (en castelán)
|
|
|
Categorías:
- Sorghum
- Cereais
- Plantas forraxeiras
(RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"0.648","walltime":"1.101","ppvisitednodes":"value":1479,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":30706,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":1965,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":11,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":30,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":5473,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":31,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 967.972 1 -total"," 69.78% 675.482 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 9.85% 95.333 1 Modelo:Commonscat"," 9.45% 91.487 1 Modelo:Irmáns"," 8.98% 86.906 1 Modelo:Caixa_lateral"," 8.64% 83.664 1 Modelo:Listaref"," 6.03% 58.387 3 Modelo:Cita_web"," 4.10% 39.668 1 Modelo:Taxobox"," 2.48% 24.041 1 Modelo:Taxobox/núcleo"," 1.01% 9.770 1 Modelo:1000"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.398","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":6371244,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1330","timestamp":"20190515085159","ttl":2592000,"transientcontent":false););"@context":"https://schema.org","@type":"Article","name":"Sorgo","url":"https://gl.wikipedia.org/wiki/Sorgo","sameAs":"http://www.wikidata.org/entity/Q12111","mainEntity":"http://www.wikidata.org/entity/Q12111","author":"@type":"Organization","name":"Contribuidores dos projetos da Wikimedia","publisher":"@type":"Organization","name":"Wikimedia Foundation, Inc.","logo":"@type":"ImageObject","url":"https://www.wikimedia.org/static/images/wmf-hor-googpub.png","datePublished":"2005-08-19T23:51:20Z","dateModified":"2018-09-18T16:39:22Z","image":"https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/d/df/Sorghum.jpg","headline":"xu00e9nero de plantas"(RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgBackendResponseTime":134,"wgHostname":"mw1322"););