Cobras Índice Distribución | En Galiza | Notas | Véxase tamén | Menú de navegación"Serpentes (TSN 174118)"snake species listReptile Database"Diapsids III: Snakes""Natural History Questions"Bullfinch's Complete Mythologyo orixinalThe Worship of the Serpent10.1007/s10531-007-9305-0"Worldwide Snake Species List""Bibliography for "Serpentes""300250870858911933262928797214052617-3snakessh85123727005630543806985553Traballa nel
SerpesTaxons descritos por Linné
réptilescarnívorospoiquilotérmicoslagartospálpebrasescamadosvertebradosectotermosAmniotasescamascraniosrilespulmónpelvepoutascloacaAntártidaIrlandaNova Zelandiafamiliasxénerosespeciespitón reticuladoCretáceoPaleocenoPapiro de BrooklynvelenoconstriciónherpetoloxíaAntártidaHimalaiaIrlandaIslandiaNova ZelandiaCobra lagarteira comúnCobra lagarteira meridionalCobra de escadaCobra rateiraCobra de colarCobra viperina
Cobras
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Cobras Rango fósil: Cretáceo – Actualidade | |||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Collage de cobras | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Distribución mundial aproximada das especies de cobras | |||||||||||||||||
| Subgrupos | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
As cobras[1] son réptiles carnívoros poiquilotérmicos, é dicir, de sangue frío, e sen patas pertencentes á suborde Serpentes. Pódense distinguir dos lagartos sen patas pola súa falta de pálpebras e oídos externos. Como tódolos escamados, as cobras son vertebrados ectotermos e Amniotas cubertos por escamas. Moitas especies de cobras teñen cranios con máis xuntas que os seus predecesores lagartos, o que lles permite inxerir presas meirandes que a súa testa grazas ás mandíbulas móbiles. Para acomodar os seus estreitos corpos, os órganos pares das cobras (como os riles) están situados un despois do outro, no canto de estar ó carón, e a maioría só ten un pulmón funcional. Alguhas especies conservan a pelve e un par de poutas vestixiais a ámbolos lados da cloaca.
As cobras atópanse en tódolos continentes agás na Antártida, os Océanos Pacífico e Índico, algunhas illas grandes, coma Irlanda e Nova Zelandia, e nas pequenas illas do Atlántico e o Pacífico central.[2] Actualmente recoñécense unhas 20 familias de cobras, arredor de 500 xéneros e unhas 3.400 especies.[3][4] En canto ó seu tamaño, abrangue dende a máis pequena Leptotyphlops carlae de 10 cm ata o pitón reticulado de 8,7m de longo.[5][6] A especie fósil Titanoboa cerrejonensis medía 15 metros. Pénsase que as cobras evolucionaron dos lagartos acuáticos durante o período Cretáceo, e o fósil máis antigo atopado ten 112 millóns de anos. A diversidade das cobras modernas produciuse durante Paleoceno (c 66 a 56 millóns de anos). A descrición de cobra preservada máis antiga é o Papiro de Brooklyn.
A maioría das especies non son velenosas, e as que teñen veleno úsano principalmente para matar e subxugar ás presas e non para autodefensa. Algunhas posúen un veleno potente abondo para causar lesións ou morte para os seres humanos. As non velenosas engolen a presa viva ou mátana por constrición.
A atracción polas cobras coñécese como ofiofilia, a repulsión ofiofobia. O estudo dos réptiles chámase herpetoloxía (da palabra grega usada para serpente).
Índice
1 Distribución
2 En Galiza
3 Notas
4 Véxase tamén
4.1 Bibliografía
4.2 Outros artigos
4.3 Ligazóns externas
Distribución |
Distribución mundial aproximada.
Existen máis de 2.900 especies de cobras que habitan dende as terras de Escandinavia ata Australia.[7] As cobras poden atoparse en tódolos continentes agás na Antártida, nos océanos, ou por riba de 4.900 metros de altitude, como no Himalaia asiático.[7][8] Tamén hai moitas illas nas que as cobras están ausentes, como Irlanda, Islandia e Nova Zelandia[2][8] (malia que nas augas de Nova Zelandia son frecuentes as especies mariñas Pelamis platura e Laticauda colubrina).[9]
En Galiza |
En Galiza hai seis especies de cobras:
Cobra lagarteira común (Coronella austríaca). É un ofidio de tamaño pequeno, e común nos toxais e queirogais.
Cobra lagarteira meridional (Coronella girondica). É unha cobra pequena e mide entre 50 e 70 cm. Aliméntase sobre todo de saurios (e algún artrópodo).
Cobra de escada ou serpe riscada (Elaphe scalaris). É un ofidio grande, con corpo musculoso. É unha especie pouco frecuente, agás algunha zona da costa meridional coruñesa.
Cobra rateira ou cobregón (Malpolon monspessulanus). É a maior dos ofidios galegos, o maior exemplar medía 182 cm, mais a maioría miden entre 90 e 140 cm. A mordedura non acostuma ser perigosa para o ser humano.
Cobra de colar (Natrix natrix). É o ofidio máis coñecido e abundante. Teñen mala sona, mais inxustamente pois son totalmente inofensivas. En moitos sitios confúndena coa víbora. Aliméntanse sobre todo de anfibios, aínda que tamén comen algunha ave e peixes.
Cobra viperina ou cobra de auga viperina (Natrix maura). Esta cobra asemella unha víbora mais é inofensiva. É abundante na metade sur da Galiza.

Cobra lagarteira común
(Coronella austriaca)

Cobra lagarteira meridional
(Coronella girondica)

Cobra de escada
(Elaphe scalaris)

Cobra rateira
(Malpolon monspessulanus)

Cobra de colar
(Natrix natrix)

Cobra viperina
(Natrix maura)
Notas |
↑ Non se debe confundir este termo co empregado para aludir ás cobras das familias Naja e Ophiophagus, ambas membros da familia Elapidae.
↑ 2,02,1 Roland Bauchot, ed. (1994). Snakes: A Natural History. Nova York: Sterling Publishing Co., Inc. p. 220. ISBN 1-4027-3181-7.
↑ Sistema Integrado de Información Taxonómica. "Serpentes (TSN 174118)" (en inglés).
↑ snake species list at the Reptile Database. Consultado o 22 de maio de 2012.
↑ Murphy; Henderson, JC; RW (1997). Krieger Pub. Co, ed. Tales of Giant Snakes: A Historical Natural History of Anacondas and Pythons. Florida, USA. p. 221. ISBN 0-89464-995-7.
↑ Mehrtens, JM (1987). Living Snakes of the World in Color. Nova York: Sterling Publishers. p. 480. ISBN 0-8069-6460-X.
↑ 7,07,1 Sanchez, Alejandro. "Diapsids III: Snakes". Father Sanchez's Web Site of West Indian Natural History. Consultado o 2007-11-26.
↑ 8,08,1 Conant R, Collins JT. 1991. A Field Guide to Reptiles and Amphibians: Eastern and Central North America. Houghton Mifflin, Boston. 450 pp. 48 plates. ISBN 0-395-37022-1.
↑ Natural History Information Centre, Auckland War Memorial Museum. "Natural History Questions". Auckland War Memorial Museum - Tamaki Paenga Hira. Auckland, New Zealand: Auckland War Memorial Museum. Q. Are there any snakes in New Zealand?. Consultado o 26 de abril de 2012.
Véxase tamén |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cobras |
Bibliografía |
Behler, John L.; King, F. Wayne (1979). The Audubon Society Field Guide to Reptiles and Amphibians of North America. New York: Alfred A. Knopf. p. 581. ISBN 0-394-50824-6.
Bullfinch, Thomas (2000). Bullfinch's Complete Mythology. London: Chancellor Press. p. 679. ISBN 0-7537-0381-5. Arquivado dende o orixinal o 09 de febreiro de 2009. Consultado o 27 de marzo de 2014.
Capula, Massimo; Behler (1989). Simon & Schuster's Guide to Reptiles and Amphibians of the World. New York: Simon & Schuster. ISBN 0-671-69098-1.
Coborn, John (1991). The Atlas of Snakes of the World. New Jersey: TFH Publications. ISBN 978-0-86622-749-0.
Cogger, Harold; Zweifel, Richard (1992). Reptiles & Amphibians. Sydney: Weldon Owen. ISBN 0-8317-2786-1.
Conant, Roger; Collins, Joseph (1991). A Field Guide to Reptiles and Amphibians Eastern/Central North America. Boston: Houghton Mifflin Company. ISBN 0-395-58389-6.
Deane, John (1833). The Worship of the Serpent. Whitefish, Montana: Kessinger Publishing. p. 412. ISBN 1-56459-898-5.
Ditmars, Raymond L (1906). Poisonous Snakes of the United States: How to Distinguish Them. New York: E. R. Sanborn. p. 11.
Ditmars, Raymond L (1931). Snakes of the World. New York: Macmillan. p. 11. ISBN 978-0-02-531730-7.
Ditmars, Raymond L (1933). Reptiles of the World: The Crocodilians, Lizards, Snakes, Turtles and Tortoises of the Eastern and Western Hemispheres. New York: Macmillan. p. 321.
Ditmars, Raymond L; W. Bridges (1935). Snake-Hunters' Holiday. New York: D. Appleton and Company. p. 309.
Ditmars, Raymond L (1939). A Field Book of North American Snakes. Garden City, New York: Doubleday, Doran & Co. p. 305.
Freiberg, Dr. Marcos; Walls, Jerry (1984). The World of Venomous Animals. New Jersey: TFH Publications. ISBN 0-87666-567-9.
Gibbons, J. Whitfield; Gibbons, Whit (1983). Their Blood Runs Cold: Adventures With Reptiles and Amphibians. Alabama: University of Alabama Press. p. 164. ISBN 978-0-8173-0135-4.
Mattison, Chris (2007). The New Encyclopedia of Snakes. New Jersey: Princeton University Press. p. 272. ISBN 978-0-691-13295-2.
McDiarmid, RW; Campbell, JA; Touré, T (1999). Snake Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference 1. Herpetologists' League. p. 511. ISBN 1-893777-00-6.
Mehrtens, John (1987). Living Snakes of the World in Color. New York: Sterling. ISBN 0-8069-6461-8.
Nóbrega Alves, RôMulo Romeu; Silva Vieira, Washington Luiz; Santana, Gindomar Gomes (2008). "Reptiles used in traditional folk medicine: conservation implications". Biodiversity and Conservation 17 (8): 2037–2049. doi:10.1007/s10531-007-9305-0.
Romulus Whitaker (1996). நம்மை சுட்ரியுள்ள பாம்புகள் (Snakes around us, Tamil). National Book Trust. ISBN 81-237-1905-1.
Rosenfeld, Arthur (1989). Exotic Pets. New York: Simon & Schuster. p. 293. ISBN 978-0-671-47654-0.
Spawls, Steven; Branch, Bill (1995). The Dangerous Snakes of Africa. Sanibel Island, Florida: Ralph Curtis Publishing. p. 192. ISBN 0-88359-029-8.
Outros artigos |
- A cobra na cultura popular galega
- Mitos e lendas galegas sobre os anfibios e os réptiles
- Cuélebre
- Trabada de serpe
Ligazóns externas |
Snake Track.com (ed.). "Worldwide Snake Species List".
Biodiversity Heritage Library (ed.). "Bibliography for "Serpentes"".
|
|
Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
Categorías:
- Serpes
- Taxons descritos por Linné
(RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"0.588","walltime":"0.815","ppvisitednodes":"value":2251,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":62896,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":2833,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":11,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":10,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":14255,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":11,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 708.191 1 -total"," 39.09% 276.828 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 21.16% 149.876 23 Modelo:Cita_libro"," 13.79% 97.654 1 Modelo:Listaref"," 10.08% 71.403 1 Modelo:Commonscat"," 9.62% 68.148 1 Modelo:Irmáns"," 9.06% 64.158 1 Modelo:Caixa_lateral"," 6.77% 47.978 1 Modelo:Sen_referencias"," 6.34% 44.873 1 Modelo:Ifsubst"," 5.97% 42.278 2 Modelo:Ambox"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.340","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":5580881,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1318","timestamp":"20190528152423","ttl":2592000,"transientcontent":false););"@context":"https://schema.org","@type":"Article","name":"Cobras","url":"https://gl.wikipedia.org/wiki/Cobras","sameAs":"http://www.wikidata.org/entity/Q2102","mainEntity":"http://www.wikidata.org/entity/Q2102","author":"@type":"Organization","name":"Contribuidores dos projetos da Wikimedia","publisher":"@type":"Organization","name":"Wikimedia Foundation, Inc.","logo":"@type":"ImageObject","url":"https://www.wikimedia.org/static/images/wmf-hor-googpub.png","datePublished":"2005-08-20T15:21:07Z","dateModified":"2019-05-13T04:14:12Z","image":"https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/f/f5/Snakes_Diversity.jpg","headline":"ru00e9ptiles carnu00edvoros poiquilotu00e9rmicos, u00e9 dicir, de sangue fru00edo, e sen patas"(RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgBackendResponseTime":127,"wgHostname":"mw1269"););