Skip to main content

Alan Turing Índice Traxectoria | Contribucións á informática | Rehabilitación da súa figura | Na cultura popular | Notas | Véxase tamén | Menú de navegacióne"Alan Turing"Cianuro nas mazásWorldCat41887917IDXX94502012205670t4212813a11455408AlanMTuringID1176050067958118802976nm62901330000 0001 1058 9902n83171546801400621580jn19990008646183693000023883mp1870007058068536578OL770877AVWCHlwkAAAAJ24349971300254262w65x59c7030691621Turing-3

Personalidades da informáticaMatemáticos de InglaterraIntelixencia artificialNados en 1912Nados en LondresFinados en 1954Alumnos da Universidade de CambridgeMembros da Royal Society


Maida ValeLondres23 de xuño1912Wilmslow7 de xuño1954matemáticoinglésinformáticacriptoanáliseintelixencia artificialmatemáticasUniversidade de Cambridge19341936algoritmomáquina de Turing1936Universidade de PrincetonEUAJohn von Neumann1938Segunda Guerra MundialEnigmaColossushomosexualintelixencia artificial1950Test de TuringPrimeiro MinistroGordon Brown










Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter



Alan Turing




Na Galipedia, a Wikipedia en galego.






Saltar ata a navegación
Saltar á procura





























Alan Turing

Alan Turing Aged 16.jpg
Alan Turing con 16 anos

Datos persoais
Nacemento
23 de xuño de 1912
Lugar
Maida Vale (Londres) Inglaterra
Falecemento
7 de xuño de 1954 (41 anos)
Lugar
Wilmslow Inglaterra
CausaIntoxicación por cianuro
Nacionalidadeinglés
RelixiónAteo
Actividade
Campo
matemáticas, informática, criptoanalítica, lóxica, ciencias da computación e bioloxía matemática
Alma máter
Sherborne School
Universidade de Cambridge
Universidade de Princeton
Director de tese
Alonzo Church[1]
Alumnos de tese
Robin Gandy[1]
Contribucións e premios
Coñecido por
Criptoanálise da Máquina Enigma, Máquina de Turing, Premio Turing
PremiosOficial da Orde do Imperio Británico, Membro da Royal Society
Alan Turing signature.svg
[ editar datos en Wikidata ]


Alan Turing en 1930




Estatua de Alan Turing.


Alan Mathison Turing, nado en Maida Vale (Londres) o 23 de xuño de 1912 e finado en Wilmslow o 7 de xuño de 1954, foi un matemático inglés, que traballou en campos como a informática teórica, a criptoanálise ou a intelixencia artificial. Considerado o pai da computación.




Índice





  • 1 Traxectoria

    • 1.1 Bletchley Park


    • 1.2 As causas do éxito do equipo de Bletchley Park e Turing


    • 1.3 Morte



  • 2 Contribucións á informática

    • 2.1 O Test de Turing



  • 3 Rehabilitación da súa figura


  • 4 Na cultura popular


  • 5 Notas


  • 6 Véxase tamén

    • 6.1 Outros artigos





Traxectoria |


Aos tres anos tiña unha memoria extraordinaria e con oito anos interesouse pola química e montou un laboratorio na casa. Con trece anos ingresou na escola Sherborne, na que destacou pola súa facilidade para as matemáticas e os cálculos mentais. Obtivo unha bolsa para estudar na Universidade de Cambridge, onde conseguiu a licenciatura en matemáticas en 1934.


En abril de 1936, con só 24 anos, publicou o artigo On computable numbers, with an application to the Entscheidungsproblem no que introduce o concepto de algoritmo e de máquina de Turing. Este artículo proba que existen problemas sen solución algorítmica e supón un dos alicerces máis importantes da teoría da computación. Aínda hoxe, máis de setenta anos despois, as leis que el propuxo no artigo seguen a ser válidas para calquera proxecto informático.


En setembro de 1936, Turing ingresou na Universidade de Princeton (EUA). Debido á repercusión do seu artigo, un dos científicos máis destacados da época, John von Neumann, ofreceulle unha bolsa no Instituto de Estudos Avanzados da Universidade. Turing obtivo o seu doutoramento en matemáticas en 1938. Trala súa graduación, von Neumann ofreceulle unha praza como asistente, pero Turing rexeitou a oferta e volveu a Gran Bretaña, onde obtivo outra bolsa que lle permitiu adicarse ao estudo da filosofía das matemáticas entre os anos 1938 e 1939.



Bletchley Park |


Durante a Segunda Guerra Mundial o exército alemán dispuña dunha máquina de codificación de comunicacións chamada Enigma. Era un sistema de encriptación de datos que, dunha banda e grazas a un simple mecanismo de engrenaxes que usaban emisor e receptor e que se combinaban segundo un calendario preestablecido, era moi doado de utilizar, mais doutra, resultaba extraordinariamente difícil descubrir os seus códigos.


Alan Turing foi recrutado en 1939 para traballar en descifrar os códigos nazis, en particular os da máquina, para iso baixo a súa dirección proxectouse o Colossus, computador que empregaba símbolos perforados en fitas de papel que procesaba a unha velocidade de 25.000 caracteres por segundo.



As causas do éxito do equipo de Bletchley Park e Turing |


Como en todo proceso que leva a rachar un sistema de seguridade, hai unha combinación de tres factores que explican o seu éxito: o talento e a capacidade técnica, a enxeñaría social e os erros humanos.


  • Turing e o seu equipo foron quen de, primeiro, entender como funcionaba Enigma e despois, crear unha máquina como Bombe, deseñada practicamente peza a peza por Turing, que conseguía, mediante un complexo sistema electromecánico, desencriptar as comunicacións da Enigma.

  • Os espías dobres ao servizo da espionaxe británica, como o español Joan Pujol García, que tiña como nome clave Garbo. Este, concretamente, enviaba aos seus contactos alemáns longuísimos e detallados informes sobre o exército británico, absolutamente falsos, que eran transmitidos a Berlín a través do sistema Enigma. Como os técnicos do equipo de Turing coñecían con tempo o contido real das mensaxes tiñan material abondo con que comparar a mensaxe orixinal coa encriptada e ir entendendo o funcionamento da Enigma.

  • O exceso de confianza do exército alemán, que usaba a Enigma para enviaren incluso mensaxes de pouca importancia e que non necesitaban de segredo. Pero que servían para que os británicos foran aumentando a súa información.


Morte |


Acusado e condenado por atentado violento ao pudor é dicir, homosexual, nun tempo en que en Gran Bretaña era delito, Turing, para evitar a cadea, aceptou someterse a unha castración química. As secuelas deste tratamento que o incapacitaban para as súas investigacións, xunto co estigma social que levaba a súa condena, levárono a suicidarse comendo unha mazá que tiña inxectado cianuro.



Contribucións á informática |



O Test de Turing |



Artigo principal: Test de Turing.

Outro dos campos de investigación de Turing foi o da intelixencia artificial. Pódese dicir que esta disciplina naceu a partir do seu artigo titulado Computing Machinery and Inteligence publicado por Turing en 1950. É moi famosa a primaeira frase dese artigo:


"Propoño considerar a seguinte cuestión: ¿Poden pensar as máquinas?"

Turing propuxo un método chamado o Test de Turing para determinar se as máquinas poderían ter a capacidade de pensar.
Para unha máquina computacional, o Test de Turing marcaría o punto no que poderiamos propiamente falar de intelixencia artificial, unha máquina sería intelixente se poidese ter as reaccións e respostas propias dun ser humano.
En palabras do propio Turing


Un computador pode ser chamado «intelixente» se é quen de enganar a unha persoa facéndolle crer que é un humano.


Rehabilitación da súa figura |


No ano 2009, despois dunha campaña pública pedindo ao goberno británico que recoñecera a importancia da figura de Turing e a inxustiza que supuxo a súa condena, o Primeiro Ministro, Gordon Brown, publicou a seguinte carta:


2009 foi un ano de profunda reflexión - unha oportunidade para a Gran Bretaña, como nación, para celebrar as débedas profundas que temos con aqueles que nos precederon. Unha combinación única de aniversarios e eventos que renovou en nós un sentimento de orgullo e gratitude que caracterizan a experiencia británica. Durante este ano honrei xunto cos presidentes Sarkozy e Obama o servizo e sacrificio dos heroes que tomaron as praias de Normandía hai 65 anos. E a semana pasada, celebramos os 70 anos dende que o goberno británico declarou a súa intención de coller as armas contra o fascismo e declarou a inicio da II Guerra Mundial. Así que estou feliz e orgulloso que, grazas a unha coalición de científicos da computación, historiadores e activistas LGBT, temos unha oportunidade este ano para celebrar máis unha contribución á loita da Gran Bretaña contra a escuridade da ditadura, a do crebacódigos Alan Turing.

Turing foi un matemático brillante, famoso polo seu traballo en romper os códigos da Enigma. Non é esaxeración dicir que, sen a súa notable contribución, a historia da Segunda Guerra Mundial podería ser moi diferente. Foi certamente unha desas persoas que podo dicir que a súa achega persoal axudou a virar o rumbo da guerra. Por iso, esta débeda de gratitude que temos con el fai aínda máis terrible que fora tratado de xeito tan inhumano. En 1952, foi condenado por "atentado violento ao pudor" - en realidade, foi xulgado por ser gay. A súa condena -e tivo que afrontar a infame elección entre esta ou a prisión- era a castración química por unha serie de inxeccións de hormonas femininas. Suicidouse dous anos despois.


Miles de persoas reuníronse para esixir xustiza para Alan Turing e o recoñecemento do xeito horrible como foi tratado. Aínda que Turing foi procesado baixo as leis existentes no momento e non podemos volver atrás no tempo, o tratamento que recibiu foi, por suposto, totalmente inxusto e estou contento por ter a oportunidade de dicir o canto e que profundamente lamento o que pasou con el. Alan e os miles de outros homes gays que foron condenados coma el baixo as leis homofóbicas foron tratados dun xeito terrible. Ao longo dos anos outros millóns máis viviron con medo a seren condenados.


Estou orgulloso de que aqueles días se foron e que nos últimos 12 anos, este goberno ten feito moito para facer a vida máis xusta e igual para a nosa comunidade LGBT. Este recoñecemento de Alan como unha das vítimas da homofobia máis famosas de Gran Bretaña é un paso máis no sentido de igualdade adiada.


Pero máis que iso, Alan merece recoñecemento polas súas contribucións á humanidade. Para os que naceron despois de 1945, nunha Europa unida, democrática e en paz, é difícil imaxinar que o noso continente foi o escenario do momento máis sombrío da humanidade. Difícil de crer que aínda quede xente viva que lembra que as persoas puidesen ser consumidas ata tal punto polo odio, o antisemitismo, pola homofobia, pola xenofobia e outros prexuízos. Que as cámaras de gas e crematorios convertéronse en parte da paisaxe europea, como as galerías e universidades e salas de concertos que marcaron a nosa civilización europea durante centos de anos. É grazas a homes e mulleres que estiveron totalmente comprometidos coa loita contra o fascismo, persoas como Alan Turing, que os horrores do Holocausto e a guerra total son parte de Europa do pasado e non do presente de Europa.


Así, en nome do goberno británico e de todos os que viven en liberdade grazas ao traballo de Alan. Teño o orgullo de dicir: Sentímolo, merecías algo moito mellor.


Gordon Brown.


Na cultura popular |


  • O logo da compañía informática Apple, unha mazá mordida, é unha homenaxe a Turing, inspirado na súa morte.

  • No filme Blade Runner, a proba Voight-Kampff, o cuestionario que se usa para distinguir a replicantes de auténticos humanos está inspirado no Test de Turing.

  • No diario dixital Praza, o blog adicado á ciencia titúlase Cianuro nas mazás.[2]

  • En 2014 estreouse un filme sobre Turing e Blentchley Park, co título de The Imitation Game, con Benedict Cumberbatch como protagonista.


Notas |




  1. 1,01,1 "Alan Turing". Mathematics Genealogy Project (en inglés). Consultado o 29 de decembro do 2015. 


  2. Cianuro nas mazás



Véxase tamén |



Outros artigos |


  • Joan Pujol García





Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Alan_Turing&oldid=4559592"










Menú de navegación


























(RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"1.520","walltime":"2.186","ppvisitednodes":"value":2730,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":40206,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":6402,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":11,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":29,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":1719,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":30,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 2095.682 1 -total"," 49.25% 1032.106 1 Modelo:Científico"," 48.96% 1026.055 1 Modelo:Infobox"," 46.89% 982.591 20 Modelo:Propiedade"," 43.85% 918.920 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 2.55% 53.396 1 Modelo:Listaref"," 2.30% 48.302 1 Modelo:Cita_web"," 1.54% 32.266 1 Modelo:Sen_notas"," 1.52% 31.799 1 Modelo:Commonscat"," 1.42% 29.784 1 Modelo:Ambox"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"1.311","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":8788701,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1266","timestamp":"20190606163341","ttl":2592000,"transientcontent":false););"@context":"https://schema.org","@type":"Article","name":"Alan Turing","url":"https://gl.wikipedia.org/wiki/Alan_Turing","sameAs":"http://www.wikidata.org/entity/Q7251","mainEntity":"http://www.wikidata.org/entity/Q7251","author":"@type":"Organization","name":"Contribuidores dos projetos da Wikimedia","publisher":"@type":"Organization","name":"Wikimedia Foundation, Inc.","logo":"@type":"ImageObject","url":"https://www.wikimedia.org/static/images/wmf-hor-googpub.png","datePublished":"2005-06-27T17:24:10Z","dateModified":"2017-11-23T22:12:18Z","image":"https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/a/a1/Alan_Turing_Aged_16.jpg","headline":"matemu00e1tico, filu00f3sofo e criptu00f3grafo britu00e1nico"(RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgBackendResponseTime":171,"wgHostname":"mw1245"););

Popular posts from this blog

How to write a 12-bar blues melodyI-IV-V blues progressionHow to play the bridges in a standard blues progressionHow does Gdim7 fit in C# minor?question on a certain chord progressionMusicology of Melody12 bar blues, spread rhythm: alternative to 6th chord to avoid finger stretchChord progressions/ Root key/ MelodiesHow to put chords (POP-EDM) under a given lead vocal melody (starting from a good knowledge in music theory)Are there “rules” for improvising with the minor pentatonic scale over 12-bar shuffle?Confusion about blues scale and chords

What if the end-user didn't have the required library?What is setup.py?What is a clean, pythonic way to have multiple constructors in Python?What does Ruby have that Python doesn't, and vice versa?What is the reason for having '//' in Python?How do I create a namespace package in Python?How to package shared objects that python modules depend on?setuptools vs. distutils: why is distutils still a thing?Navigation in Windows 10 vs code not going to virtualenv library when the same library is installed at user levelPython create package for local usePackaging a project that uses multiple python versionsWhy is permission denied on pip install except for when “--user” is included at end of command?

Esgonzo ibérico Índice Descrición Distribución Hábitat Ameazas Notas Véxase tamén "Acerca dos nomes dos anfibios e réptiles galegos""Chalcides bedriagai"Chalcides bedriagai en Carrascal, L. M. Salvador, A. (Eds). Enciclopedia virtual de los vertebrados españoles. Museo Nacional de Ciencias Naturales, Madrid. España.Fotos