Skip to main content

Noam Chomsky Índice Traxectoria | Contribucións á lingüística | Visión política | Publicacións | Notas | Véxase tamén | Menú de navegacióne«La gran idea»«El recurso de la fuerza»«Reescribir la Historia»«China y el nuevo orden mundial»«China y el nuevo orden mundial»«Indignación errónea en las elecciones de Estados Unidos»Diversos artigos de opiniónThe Reality Club: BEYOND BELIEFShow 219: Noam Chomsky – “Chomsky on Humanism” | Equal Time For Freethought | Tune in, Pay it Forward, and Question Everything!"A Changed Noam Chomsky Simplifies""Noam Chomsky"Capítulo 1: A "Literary Political Salon"Arquivado"Chomsky's Libertarian Socialism"o orixinalThe Chomsky Problem"Noam Chomsky"Chomsky on Anarchism by Noam ChomskyOn AnarchismThe relevance of anarcho-syndicalism: Noam Chomsky interviewed by Peter JayCarol Chomsky, 78, Linguist and Educator, Dies "Noam Chomsky Creando consumidores que aceptan ser controlados"Sitio web oficialPáxina web no MITVídeos de charlas súas, en bittorrentWorldCat89803084p284408mn000040996790052767274000047047IDXX84973211896756j4696225a10065660DA0040532XNChomsky269259239968ID424270017643118520520ITICCUCFIV103508nm01590080000 0001 2143 0999n7910426782231ID0000002099300435949jn19990003846000022524068309929IDOL31676A92026180651rbgNVw0AAAAJ181558w6gb266j319246026787865avram-noam-chomsky500288286Chomsky-10

Noam Chomsky


FiladelfiaPensilvania7 de decembro1928lingüistafilósofoactivistaestadounidensefilosofía analíticaeméritoInstituto de Tecnoloxía de Massachusettslingüísticaséculo XXciencia cognitivacapitalismoanarquistasocialista libertariogramática xenerativasintaxegramática universalempirismoracionalismocartesianociencias cognitivascondutismoSkinnerHarmanFodorxerarquía de Chomskylinguaxes formaisteoría da computaciónactivismocríticasIsraelanarcosindicalismoIWWanarco comunismocomunismo de conselloslingua hebreagramáticosUcraínaBelarúsEstados UnidosNova Yorkyiddishguetofascismoguerra civil españolaanarquistasinglésBarcelona1945filosofíalingüísticamatemáticasUniversidade de PensilvaniaC.West ChurchmanZellig HarrisNorteamérica19491957196019671955Universidade Harvard195719611976guerra de Vietnam19671967liberalatentados do 11 de setembro de 2001195711 de setembro2001humanidadesRage Against the MachinegrungePearl Jamrock and rollR.E.M.Chumbawamba1955estruturalismopsicoloxía condutistaGramática Universalgramática xenerativasintaxegramática formalxenéticogramática Universalparámetro de elisiónprincipios e parámetrosléxicospalabrasmorfemasrefránsinnatismoadquisición da linguaxecondutismopsicoloxía cognitivaestímulorespostaPavlovskiSkinnergramáticas transformacionaisregras transformacionaisemerxenciaconexionistaslinguas naturaisgramática universalprincipio de proxecciónprincipio de dependencia da estruturaprincipio de ligamentoteoría do casocriterio temáticogalegoingléslingua-Icerebrosintaxesistema computacionalprincipios e parámetrosestrutura-Pestrutura-Sforma fonolóxicaforma lóxicafonoloxíasemánticaestrutura-Pléxicosintaxesintagmáticassintagma verbalsintagma nominalsintagma adxetivalsintagma preposicionalestrutura-Sforma fonolóxicainterpretaciónsignificadosentidoléxicocategorías gramaticaislingüísticaesquerdaanarcosindicalismoVietnamIndochinaCentroaméricaSuraméricaIsraelArabia SauditaTurquíateoría do dominómedios de comunicación de masas










(function()var node=document.getElementById("mw-dismissablenotice-anonplace");if(node)node.outerHTML="u003Cdiv class="mw-dismissable-notice"u003Eu003Cdiv class="mw-dismissable-notice-close"u003E[u003Ca tabindex="0" role="button"u003Eagocharu003C/au003E]u003C/divu003Eu003Cdiv class="mw-dismissable-notice-body"u003Eu003Cdiv id="localNotice" lang="gl" dir="ltr"u003Eu003Ctable class="plainlinks fmbox fmbox-system plainlinks" style="background:#fffdf5; border:1px solid #ffc5a6; margin:1em auto 1em auto; padding: 0.5ex; text-align: center;"u003Enu003Ctbodyu003Eu003Ctru003Ennu003Ctd class="mbox-text" style=""u003E u003Cbu003Eu003Ca href="/wiki/Insurrecci%C3%B3n_nacional_eslovaca" title="Insurrección nacional eslovaca"u003EInsurrección nacional eslovacau003C/au003Eu003C/bu003E é candidato a u003Ca href="/wiki/Wikipedia:Artigos_de_calidade" title="Wikipedia:Artigos de calidade"u003Eartigo de calidadeu003C/au003E. u003Ca href="/wiki/Wikipedia:Votaci%C3%B3ns#Quen_pode_votar?" title="Wikipedia:Votacións"u003ESe reúnes os requisitosu003C/au003E podes u003Ca href="/wiki/Wikipedia:Artigos_de_calidade/Votaci%C3%B3ns" title="Wikipedia:Artigos de calidade/Votacións"u003Eu003Cbu003Eparticipar na votaciónu003C/bu003Eu003C/au003E. u003C/tdu003Enu003Ctd class="mbox-imageright"u003E u003Ca href="/wiki/Wikipedia:Artigos_de_calidade/Votaci%C3%B3ns" title="Wikipedia:Artigos de calidade/Votacións"u003Eu003Cimg alt="Cscr-candidate.svg" src="//upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/3d/Cscr-candidate.svg/30px-Cscr-candidate.svg.png" decoding="async" width="30" height="25" srcset="//upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/3d/Cscr-candidate.svg/45px-Cscr-candidate.svg.png 1.5x, //upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/3d/Cscr-candidate.svg/60px-Cscr-candidate.svg.png 2x" data-file-width="522" data-file-height="438" /u003Eu003C/au003E u003C/tdu003Enu003C/tru003Enu003C/tbodyu003Eu003C/tableu003Eu003C/divu003Eu003C/divu003Eu003C/divu003E";());


Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter



Noam Chomsky




Na Galipedia, a Wikipedia en galego.






Saltar ata a navegación
Saltar á procura



























Noam Chomsky

Noam Chomsky, 2004.jpg
Noam Chomsky durante unha visita a Vancouver na Columbia Británica

Datos persoais
Avram Noam Chomsky
Nacemento
7 de decembro de 1928 (90 anos)
Lugar
Filadelfia, Pensilvania Estados Unidos de América Estados Unidos
Nacionalidade
Estados Unidos de América Estados Unidos
Etnia
Pobo xudeu e Asquenací
CónxuxeCarol Schatz
FillosAviva (1957)
Diane (1960)
Harry (1967).
Relixión"Ateo secular"[1][2]
Actividade
Campo
Lingüística, filósofo, activista
Alma máter
Universidade de Pensilvania, Universidade Harvard
Contribucións e premios
Coñecido por
Gramática xenerativa
Gramática Universal
Gramática transformacional
Teoría do X'
Xerarquía de Chomsky
Gramática libre de contexto
Principios e parámetros,
Influído por
Bertrand Russell, John Dewey, Mikhail Bakunin, Wilhelm von Humboldt, Adam Smith, Rudolph Rocker, Zellig Harris, Immanuel Kant, René Descartes, George Orwell, Karl Marx, C. West Churchman, W.V.O. Quine, Alan Turing
PremiosOrwell Award, Bolsa de estudos Guggenheim, Medalla Benjamin Franklin, Medalha Helmholtz, Thomas Merton Award, sen etiquetar, James Joyce Awards, Erich Fromm Prize, William James Fellow Award, Albertus-Magnus professorate, Kyoto Prize in Basic Sciences, APA Award for Distinguished Scientific Contributions to Psychology, honorary doctor of the University of St Andrews, honorary doctor of Columbia University, honorary doctor of Harvard University, honorary doctor of the University of Cambridge, honorary doctor of the University of Uppsala, Honorary doctor of the University of Bologna, sen etiquetar, doutor honoris causa pola Universidade de Atenas, doutor honoris causa pola universidade de Toronto, Premios Kyoto, Fellow of the Cognitive Science Society, Fellow of the Royal Society of Canada, Fellow of the Linguistic Society of America, Honorary Doctorate of University of Buenos Aires, honorary doctor of the McGill University, honorary doctor of the Peking University e Prêmios Fundação BBVA Fronteiras do Conhecimento
Chomskysignature.svg
[ editar datos en Wikidata ]

Avram Noam Chomsky, nado en Filadelfia, Pensilvania, o 7 de decembro de 1928, é un lingüista, filósofo, activista estadounidense, reverenciado nos círculos académicos como "o pai da lingüística moderna".[3][4] Así mesmo tamén é unha das figuras máis recoñecidas no campo da filosofía analítica.[5] É profesor emérito de lingüística no Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts (MIT) e unha das figuras máis destacadas da lingüística do século XX, grazas aos seus traballos en teoría lingüística e ciencia cognitiva. É, así mesmo, recoñecido polo seu activismo político, caracterizado por unha forte crítica do capitalismo contemporáneo e da política exterior dos Estados Unidos. Definiuse politicamente a si mesmo como un anarquista[6][7] ou socialista libertario.[8] Foi sinalado polo New York Times como "o máis importante dos pensadores contemporáneos".[9]


Propuxo a gramática xenerativa, disciplina que situou a sintaxe no centro da investigación lingüística. Con esta cambiou a perspectiva, os programas e métodos de investigación no estudo da linguaxe. A súa lingüística é unha teoría da adquisición individual da linguaxe e intenta ser unha explicación das estruturas e principios máis profundos da linguaxe. Postulou un aspecto ben definido de innatismo á mantenta da adquisición da linguaxe e a autonomía da gramática (sobre os outros sistemas cognitivos), así como a existencia dun «órgano da linguaxe» e dunha gramática universal. Opúxose con dureza ao empirismo filosófico e científico e ao funcionalismo, en favor do racionalismo cartesiano. Todas estas ideas chocaban frontalmente coas sostidas tradicionalmente polas ciencias humanas, o que concitou múltiples adhesións, críticas e polémicas que o acabaron convertendo nun dos autores máis citados.[10]


Destaca a súa contribución ao establecemento das ciencias cognitivas a partir da súa crítica do condutismo de Skinner e das gramáticas de estados finitos, que puxo en cuestión o método baseado no comportamento do estudo da mente e a linguaxe que dominaba nos anos cincuenta. O seu enfoque naturalista no estudo da linguaxe influenciou a filosofía da linguaxe e da mente (ver a Harman e a Fodor). É o creador da xerarquía de Chomsky, unha clasificación de linguaxes formais de grande importancia en teoría da computación.


É tamén coñecido polo seu activismo político e polas súas críticas á política exterior de EE.UU. e doutros países, como Israel. Chomsky, que desvincula completamente a súa actividade científica do seu activismo político, descríbese así mesmo simpatizante do anarcosindicalismo (é membro do sindicato IWW) habendo tamén quen o asocia ao anarco comunismo ou ao comunismo de consellos.[11][12][13] Chomsky é considerado unha figura influente no seu país de orixe e no mundo.




Índice





  • 1 Traxectoria


  • 2 Contribucións á lingüística

    • 2.1 Teoría de principios e parámetros



  • 3 Visión política


  • 4 Publicacións

    • 4.1 Lingüística


    • 4.2 Política


    • 4.3 Artigos en liña



  • 5 Notas


  • 6 Véxase tamén

    • 6.1 Outros artigos


    • 6.2 Ligazóns externas





Traxectoria |


Chomsky é o fillo do erudito hebreo William (Zev) Chomsky (estudoso da lingua hebrea e un dos seus máis distinguidos gramáticos), orixinario dunha vila da Ucraína, e de Elsie Simonofsky, mestra de hebreo, tamén xudía e procedente da actual Belarús, pero a diferenza do seu marido, ela creceu nos Estados Unidos polo que falaba o inglés ordinario de Nova York. A súa primeira lingua foi o yiddish, pero Chomsky di que entre a súa familia era "tabú" o feito de falalo. Ao describir a súa familia fala dunha especie de gueto xudeu, dividido por un lado en "yiddish" e polo outro en "hebreo", e aliña máis a súa familia con este último, dicindo que creceu "inmerso na literatura e cultura hebrea". Temeu a expansión do fascismo desde moi novo, influenciado pola experiencia do seu pai e pola guerra civil española e adoptou ideas anarquistas.


Á idade de oito ou nove anos, Chomsky pasaba todas as noites dos venres lendo literatura hebrea. Moitos anos despois sería el quen daría clases de hebreo. Con todo, e a pesar do seu traballo lingüístico que levou a cabo durante a súa carreira, Chomsky asegura que "a única lingua que falo e escribo con competencia é o inglés".


Chomsky recorda que o seu primeiro artigo escribiuno aos dez anos de idade e que trataba sobre a expansión do fascismo despois da caída de Barcelona. Aos doce ou trece anos identificariase máis plenamente coa política anarquista.


En 1945 iniciou estudos de filosofía, lingüística e matemáticas na Universidade de Pensilvania, aprendendo do filósofo C.West Churchman e do lingüista Zellig Harris (tamén inmigrante xudeu-ucraiano, fundador do primeiro departamento especializado en lingüística en Norteamérica); tanto Harris como a súa nai Elsie influíron, máis que o seu pai Zev, na formación da súa ideoloxía política. Tamén por influencia de Zellig Harris, Chomsky comezou a tomar clases de matemáticas e filosofía. Un dos seus mestres foi o filósofo Nelson Goodman, quen máis tarde os presentaría na Society of Fellows de Harvard.


En 1949, Chomsky casou coa lingüista Carol Schatz, quen morreu o 20 de decembro de 2008.[14] Tiveron dúas fillas, Aviva (1957) e Diane (1960), e un fillo, Harry (1967).


Chomsky recibiu o seu doutoramento en lingüística da Universidade de Pensilvania en 1955. Conduciu moita da súa investigación doutoral durante catro anos na Universidade Harvard como Harvard Junior Fellow. Na súa tese de doutoramento, comezou a desenvolver algunhas das súas ideas sobre lingüística, e elaboralas no seu libro Syntactic Structures de 1957, quizais a súa obra máis coñecida no campo da lingüística.


Chomsky pasou a formar parte do Massachusetts Institute of Technology (MIT) en 1955 e en 1961 foi designado profesor no Departamento de Linguas Modernas e Lingüística (agora é o Departamento de Lingüística e Filosofía). Desde 1966 ata 1976 levou o profesorado de Linguas Modernas e Lingüística Ferrari P. Ward. En1976 foi designado Institute Profesor. Chomsky vén dando clases no MIT de forma continuada desde hai 50 anos.


Foi durante este tempo que Chomsky foi máis afín á política: foi un dos líderes opositores á guerra de Vietnam coa publicación do seu ensaio A Responsabilidade dos Intelectuais ("The Responsibility of Intellectuals",1967) no The New York Review of Books en 1967. Desde entón, Chomsky foi ben coñecido polas súas posturas políticas, facendo charlas sobre política para todo o mundo, e escribindo numerosos libros. A súa influente crítica á política exterior de EE.UU. e a lexitimidade do poder de EE.UU., fixo del unha figura controvertida. Aínda que os sectores da esquerda séguenlle con devoción, ten crecentes críticas do sector liberal así como da dereita, particularmente logo da súa postura tralos atentados do 11 de setembro de 2001. Os alicerces das súas ideas lingüísticas aparecen na súa tese, que vería a luz ampliada en 1957 co título Estruturas Sintácticas (Syntactic Structures).


Desde entón é unha figura de referencia na crítica á lexitimidade das actuacións estadounidenses no estranxeiro, que inclúen os feitos relacionados co ataque do 11 de setembro de 2001. Por outra parte, Chomsky é, posibelmente, o pensador vivo máis citado na actualidade na área das humanidades.


Chomsky tamén ten recibido crédito de grupos culturais. O grupo musical Rage Against the Machine leva os seus libros nas súas xiras. A banda de grunge Pearl Jam tocou pedazos de discursos de Chomsky mesturadas coas súas músicas. O grupo de rock and roll R.E.M. convidou ó lingüista para conferenciar antes dos seus concertos, ó que Chomsky recusou. Discursos de Chomsky teñen aparecido nos lados B dos álbums da banda Chumbawamba e outros grupos.



Contribucións á lingüística |


En 1957, con tan só 29 anos, Chomsky revolucionou o campo da lingüística teórica coa publicación da obra Syntactic Structures (en galego Estruturas sintácticas), baseada na súa tese doutoral -Logical Structure of Linguistic Theory 1955 (en galego Estrutura lóxica da teoría lingüística)-, que non sería publicada ata 1975. O efecto que produciu sobre as teorías lingüísticas e psicolóxicas entón en voga foi demoledor, xa que atacaba os orzamentos centrais tanto do estruturalismo como da psicoloxía condutista. Ata entón, críase que a adquisición da linguaxe, como calquera outra destreza humana, producíase por medio da aprendizaxe e da asociación. Con todo, Chomsky postulaba a existencia dun dispositivo cerebral innato (o "órgano da linguaxe"), que permite aprender e utilizar a linguaxe de forma case instintiva. Comprobou ademais que os principios xerais abstractos da gramática son universais na especie humana e postulou a existencia dunha Gramática Universal.


Chomsky denominou gramática xenerativa ao conxunto de regras innatas que permite traducir combinacións de ideas a combinacións dun código. Fundamentó a hipótese, xa existente, de que a gramática é un sistema combinatorio discreto que permite construír infinitas frases a partir dun número finito de elementos mediante regras diversas que poden formalizarse. A nova teoría consideraba que as expresións (secuencias de palabras) teñen unha sintaxe que pode ser caracterizada (globalmente) por unha gramática formal; en particular, unha gramática estendida por normas de transformación. Supónselles aos nenos un coñecemento innato da gramática elemental común a todas as linguas humanas (o que supón que toda lingua existente é unha clase de restricción). Sostense que a modelización do coñecemento da lingua a través dunha gramática formal explica a "produtividade" da lingua: a partir dun conxunto reducido de regras gramaticais e un conxunto finito de vocábulos, os seres humanos somos capaces de producir un numero infinito de oracións, incluídas oracións que ninguén dixera antes. A capacidade para estruturar a nosa produción desta maneira é innata, parte do patrimonio xenético dos seres humanos e chámase gramática Universal.


The Principles and Parameters approach (P&P) (Aproximación aos principios e parámetros), desenvolvida nas Conferencias de Pisa (1979), publicada máis tarde baixo o título Lectures on Government and Binding (LGB) retoma moito da gramática universal: os principios gramaticais nos que se basean as linguas son innatos e fixos; pódense caracterizar as diferenzas entre as distintas linguas no mundo en termos de parámetros programados no cerebro (como o parámetro de elisión, pro drop param, que indica cando un tema explícito é sempre requirido, como en inglés, ou se este pode elidirse, como no galego) a miúdo comparados a interruptores (de aí o termo de principios e parámetros utilizado para cualificar este enfoque). Segundo esta teoría, un neno que aprende unha lingua ten soamente necesidade de adquirir os elementos léxicos básicos (palabras, morfemas gramaticais e refráns) e fixar os valores convenientes nos parámetros, o que pode efectuarse sobre algúns exemplos clave.


Os partidarios desta concepción poñen como exemplo que a velocidade coa cal os nenos aprenden linguas é inexplicablemente rápida, algo non posible a menos que os nenos teñan unha capacidade innata para aprendelas. A similitude das etapas que seguen todos os nenos a través do mundo cando aprenden unha lingua, e o feito de que os nenos cometan erros característicos cando adquiren a súa primeira lingua, mentres que outros tipos de erro ao parecer lóxicos non se producen nunca (e, segundo Chomsky, estes deberían darse se o mecanismo de aprendizaxe utilizada fose xeral máis que específico dunha lingua), postúlanse tamén como un argumento a favor de devandito innatismo.


As ideas de Chomsky sobre a a adquisición da linguaxe deron orixe á corrente coñecida como de "código cognitivo", que desbaratou as presuposicións do behaviourismo ou condutismo e tiveron unha grande influencia na psicoloxía cognitiva. En Lingüística cartesiana (Cartesian Linguistics, 1966), Chomsky asegura que a mente é "cognitiva", isto é, que posúe estados mentais, crenzas, dúbidas etc. e non a relación simple estímulo-resposta de Pavlovski ou Skinner. Ademais, unha parte considerábel do que pode facer unha mente adulta é "innato". Por exemplo, se ben ningún neno nace sabendo falar, todos nacen coa capacidade de aprender a falar, que lles permite adquirir unha lingua ou máis en poucos anos. Por último, a mente componse de subsistemas especializados que interactúan limitadamente, isto é, a mente é "modular".


No Logical Structure of Linguistic Theory, Chomsky introduce as gramáticas transformacionais, se ben a obra de referencia continúa a ser Syntactic Structures. As frases, unidades de fala ou enunciacións (utterances, en inglés) corresponden a estruturas de superficie (surface structures) que derivan de estruturas profundas (deep structures) máis abstractas. As regras transformacionais, xunto coas regras da estrutura da frase e outros principios estruturais gobernan tanto a creación como a interpretación das frases.


Máis recentemente, no seu Programa minimalista (1995), conservando ao mesmo tempo o concepto central de «principios e parámetros», Chomsky intenta unha revisión importante das máquinas lingüísticas implicadas no modelo de LGB, desposuíndoos de todo excepto dos elementos estritamente necesarios, preconizando ao mesmo tempo un enfoque xeral da arquitectura da facultade da lingua humana que destaca os principios da economía e a concepción óptima, volvendo de novo ao enfoque derivacional da xeración, en oposición coa maior parte do enfoque representativo clásico do P&P.


Chomsky caracterizou a tarefa do lingüista moito mellor que ningún dos seus predecesores e fixou con todo rigor o campo para o estudo científico da linguaxe. O seu obxectivo nunca foi establecer unha teoría especulativa máis sobre a linguaxe, senón unha explicación rigorosa da súa complexidade. A intención era xa que logo pasar dunha pre-ciencia soamente descriptiva a unha ciencia con poder explicativo e predictivo falsable e con construcións abstractas que permitisen un rigoroso sistema axiomático. Nada foi igual desde entón no campo do estudo da linguaxe e, por extensión, da mente humana. A gramática xenerativa de Chomsky foi a primeira evidencia sólida de que a intelixencia humana está baseada en dispositivos cerebrais especializados e innatos e iso permitiu o agrupamento das ciencias cognitivas. Tamén provocou unha enorme escisión epistemolóxica que aínda se mantén fronte a quen rexeitan a concepción modular e innata da mente e seguen sendo partidarios dun modelo de cerebro como táboa rasa, por exemplo os psicólogos que traballan con procesos de emerxencia ou as teorías conexionistas, que consideran a lingua como un caso particular dos procesos xerais do cerebro.



Teoría de principios e parámetros |



Artigos principais: Principios e parámetros e Rección e ligamento.

Chomsky ocúpase das linguas naturais partindo dunha gramática universal propia de todos os seres humanos, de raíz biolóxica, da cal derivan as distintas linguas das diversas culturas que existiron na historia do home e que aínda existen.


A diferenza entre a gramática universal (GU) e as distintas gramáticas particulares (GGPP) radica en que a primeira se relaciona coa disposición dun conxunto de principios ―como o «principio de proxección», o «principio de dependencia da estrutura», o «principio de ligamento», a «teoría do caso», o «criterio temático» e algúns outros―, mentres que as GGPP se vinculan ás múltiples variacións que poden facer as linguas dos parámetros deses principios. Un exemplo desta variación dase no «parámetro dos suxeitos nulos», que en galego se pode presentar mentres que en inglés non o fai como se mostra no seguinte exemplo:


  • En galego: «camiñou moito e está moi canso». Nesta oración o suxeito está implícito ou é de suxeito nulo.

  • En inglés: «he walked a lot and he is very tired». O suxeito nulo non se permite en inglés e é necesario que o suxeito («he») apareza explicitado dúas veces na oración.

Así, as GGPP non son máis ca combinacións de elementos finitos que poden dar lugar a múltiples linguas e idiomas que nesta teoría son chamadas lingua-I.


O sistema encargado de articular estes principios e variar os parámetros é o cerebro humano coa súa capacidade de sintaxe, que no seu sentido amplo adquire a forma dun sistema computacional que opera en módulos. Os módulos responden a unha estrutura matriz con tres compoñentes, dentro dos cales actúan os principios e parámetros definidos coma unha serie de teorías da linguaxe, conectadas con catro módulos centrais: a estrutura-P, a estrutura-S, a forma fonolóxica (FF) e a forma lóxica (FL). A estrutura-P conecta as oracións con principios, mentres que a estrutura-S apela ás transformacións ou variabilidades que poden presentar ditas conexións; ademais, a FF vincúlase coas entonacións e sons das expresións lingüísticas ou fonoloxía e a FL encárgase da semántica destas expresións en relación á súa interpretación de sentido e significado.


Na estrutura-P encóntranse as primeiras relacións entre léxico e sintaxe, como as relacións sintagmáticas que establecen que é sintagma verbal, sintagma nominal, sintagma adxetival ou sintagma preposicional, entre outras relacións categoriais.


A estrutura-S sinala accións transformacionais ou de parámetro, non só de principio como na estrutura-P. Un exemplo disto é a operación móvase α, na que un elemento se move na oración a outra posición. A estrutura-S tamén serve como conector entre dous módulos que non se relacionan directamente, o primeiro é a forma fonolóxica (FF) que é aquela encargada de articular sons con formas léxicas a partir de fonemas definidos, como tamén establecer as entonacións dunha pregunta ou unha afirmación, unha suposición entre outras accións ligadas ao mesmo.


Por último, a forma lóxica, que é quizais a máis complexa de todas, conéctase co exercicio semántico de interpretación e significado no sentido dunha oración na que se encontran a nivel léxico as redes temáticas e as seleccións S como modos de organizar a oración segundo papeis temáticos (coma axente, tema, experimentante ou benefactivo) e categorías gramaticais (coma animado ou humano) respectivamente, para despois debuxar a estrutura morfolóxica da oración a nivel sintáctico.


Estes catro módulos entregan unha saída (output) que serve como entrada (input) do seguinte módulo ata entregar unha realización lingüística ou oración nun acto comunicativo.[15]



Visión política |




Noam Chomsky en 2015


Chomsky é unha figura coñecida da esquerda estadounidense. Auto-defínese como un crítico antixerárquico e alíñase coas posicións do anarcosindicalismo, se ben non se opón á política electoral. Un dos seus temas preferidos, e o que lle deu notoriedade pública nun principio, foi o papel dos Estados Unidos no mundo. Acusa a superpotencia de tentar organizar o mundo arredor de si mesma por medios militares e económicos. Foi por esta razón pola que interveu militarmente no Vietnam e Indochina así como en Centroamérica e Suramérica: para evitar que se afastasen do seu sistema económico. Tamén por iso apoia a Israel, Arabia Saudita ou Turquía. Afirma que a política exterior está guiada pola "ameaza do bo exemplo", tamén coñecida como teoría do dominó: que un país poida desenvolverse independentemente da esfera de influencia norteamericana e se converta en modelo para outros.


É tamén un crítico do poder dos medios de comunicación de masas, aos que acusa de seren como "a porra dos sistemas totalitarios". A súa visión política esténdese dende as relacións internacionais á xestón ecolóxica do planeta.[16]



Publicacións |



Lingüística |



  • Logical Structure of Linguistic Theory, 1955.


  • Estruturas sintácticas (Syntactic Structures, 1957)


  • Aspectos da teoría da sintaxe (Aspects of the Theory of Syntax,1965)


  • Lingüística cartesiana (Cartesian Linguistics, 1966)


  • O programa minimalista (The Minimalist Program, 1995)


Política |



  • O poder dos Estados Unidos e os novos mandaríns (American Power and the New Mandarins, 1969)


  • Prioridade radicais (Radical Priorities, 1981)


  • Piratas e emperadores: O terrorismo internacional e o mundo real (Pirates and Emperors: International Terrorism and the Real World, 1986)


  • Ilusións necesarias (Necessary Illusions, 1969)


  • O Que o Tío Sam realmente quere (What Uncle Sam Really Wants, 1992)


  • Os estados errados (Failed States, 2006)


Artigos en liña |


  • Chomsky, Noam; y Marr, Andrew (1996): «La gran idea», artigo publicado no sitio web Aithne.

  • Chomsky, Noam (2004): «El recurso de la fuerza», artigo publicado no sitio web Voltairenet.org.

  • Chomsky, Noam (2004): «Reescribir la Historia», artigo publicado no sitio web Voltairenet.org.

  • Chomsky, Noam (2010): «China y el nuevo orden mundial» [1], artigo publicado no diario Público (Madrid).

  • Chomsky, Noam (2010): «China y el nuevo orden mundial» [2], artigo publicado no diario Público (Madrid).

  • Chomsky, Noam (2010): «Indignación errónea en las elecciones de Estados Unidos», artigo publicado no diario Público (Madrid).

  • Chomsky, Noam: Diversos artigos de opinión publicados no diario venezolano Últimas Noticias.


Notas |




  1. The Reality Club: BEYOND BELIEF (en inglés)


  2. Show 219: Noam Chomsky – “Chomsky on Humanism” | Equal Time For Freethought | Tune in, Pay it Forward, and Question Everything!(en inglés)


  3. Fox, Margalit (decembro 5, 1998). New York Times, ed. "A Changed Noam Chomsky Simplifies" (en inglés). Consultado o 27 de novembro do 2015. Mr. Chomsky...is the father of modern linguistics and remains the field's most influential practitioner. 


  4. Thomas Tymoczko, Jim Henle, James M. Henle, Sweet Reason: A Field Guide to Modern Logic, Birkhäuser, 2000, p. 101.


  5. "Noam Chomsky", by Zoltán Gendler Szabó, in Dictionary of Modern American Philosophers, 1860–1960, ed. Ernest Lepore (2004). "Chomsky's intellectual life had been divided between his work in linguistics and his political activism, philosophy coming as a distant third. Nonetheless, his influence among analytic philosophers has been enormous because of three factors. First, Chomsky contributed substantially to a major methodological shift in the human sciences, turning away from the prevailing empiricism of the middle of the twentieth century: behaviorism in psychology, structuralism in linguistics and positivism in philosophy. Second, his groundbreaking books on syntax (Chomsky (1957, 1965)) laid a conceptual foundation for a new, cognitivist approach to linguistics and provided philosophers with a new framework for thinking about human language and the mind. And finally, he has persistently defended his views against all takers, engaging in important debates with many of the major figures in analytic philosophy..."


  6. Noam Chomsky, Chomsky on Anarchism (2005), AK Press, pg. 5


  7. Barsky, Robert F. (2005):A life of dissent, Capítulo 1: A "Literary Political Salon" Arquivado 22 de outubro de 2009 en Wayback Machine. (en inglés)


  8. Edgley, Alison (1999). "Chomsky's Libertarian Socialism" (PDF) (en inglés). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 27/06/2009. Consultado o 31/10/2013. 


  9. The Chomsky Problem (en inglés). The New York Times (25-2-1979).


  10. Sáenz, Mauricio (decembro de 2006). "Noam Chomsky". Arcadia (en español) (15). Consultado o 13 de xuño de 2011. , citando a Barsky, Robert F (2005). Noam Chomsky, una vida de discrepancia (en castelán). Península. ISBN 9788483076767. 


  11. Chomsky on Anarchism by Noam Chomsky (resenha). Por Richard Alexander.


  12. Vídeo: On Anarchism. Conferência de Noam Chomsky no MIT.


  13. The relevance of anarcho-syndicalism: Noam Chomsky interviewed by Peter Jay libcom.org


  14. Carol Chomsky, 78, Linguist and Educator, Dies


  15. Fernández Lagunilla, Marina; Anula Rebollo, Alberto (2004). Sintaxis y cognición: introducción a la gramática generativa (en castelán). Madrid: Síntesis. ISBN 84-9756-170-8. 


  16. Re-Conexion. "Noam Chomsky Creando consumidores que aceptan ser controlados". Consultado o 2019-01-17. 



Véxase tamén |







Outros artigos |


  • Gramática transformacional


Ligazóns externas |


  • Sitio web oficial


  • Páxina web no MIT[Ligazón morta]

  • Vídeos de charlas súas, en bittorrent




Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Noam_Chomsky&oldid=5058152"










Menú de navegación


























(RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"1.960","walltime":"2.876","ppvisitednodes":"value":3583,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":63616,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":5028,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":14,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":45,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":13566,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":43,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 2747.410 1 -total"," 46.04% 1264.804 1 Modelo:Científico"," 45.83% 1259.265 1 Modelo:Infobox"," 44.57% 1224.420 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 42.92% 1179.083 21 Modelo:Propiedade"," 5.14% 141.248 1 Modelo:Listaref"," 2.03% 55.811 2 Modelo:Cita_publicación_periódica"," 1.36% 37.315 1 Modelo:Commonscat"," 1.34% 36.795 2 Modelo:Irmáns"," 1.24% 34.082 1 Modelo:Sen_referencias"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"1.678","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":11028099,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1325","timestamp":"20190608060156","ttl":3600,"transientcontent":true););"@context":"https://schema.org","@type":"Article","name":"Noam Chomsky","url":"https://gl.wikipedia.org/wiki/Noam_Chomsky","sameAs":"http://www.wikidata.org/entity/Q9049","mainEntity":"http://www.wikidata.org/entity/Q9049","author":"@type":"Organization","name":"Contribuidores dos projetos da Wikimedia","publisher":"@type":"Organization","name":"Wikimedia Foundation, Inc.","logo":"@type":"ImageObject","url":"https://www.wikimedia.org/static/images/wmf-hor-googpub.png","datePublished":"2005-04-10T17:50:44Z","dateModified":"2019-02-09T14:16:20Z","image":"https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/b/bb/Noam_Chomsky%2C_2004.jpg","headline":"lingu00fcista, filu00f3sofo e activista estadounidense"(RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgBackendResponseTime":3013,"wgHostname":"mw1325"););

Popular posts from this blog

How to write a 12-bar blues melodyI-IV-V blues progressionHow to play the bridges in a standard blues progressionHow does Gdim7 fit in C# minor?question on a certain chord progressionMusicology of Melody12 bar blues, spread rhythm: alternative to 6th chord to avoid finger stretchChord progressions/ Root key/ MelodiesHow to put chords (POP-EDM) under a given lead vocal melody (starting from a good knowledge in music theory)Are there “rules” for improvising with the minor pentatonic scale over 12-bar shuffle?Confusion about blues scale and chords

What if the end-user didn't have the required library?What is setup.py?What is a clean, pythonic way to have multiple constructors in Python?What does Ruby have that Python doesn't, and vice versa?What is the reason for having '//' in Python?How do I create a namespace package in Python?How to package shared objects that python modules depend on?setuptools vs. distutils: why is distutils still a thing?Navigation in Windows 10 vs code not going to virtualenv library when the same library is installed at user levelPython create package for local usePackaging a project that uses multiple python versionsWhy is permission denied on pip install except for when “--user” is included at end of command?

Esgonzo ibérico Índice Descrición Distribución Hábitat Ameazas Notas Véxase tamén "Acerca dos nomes dos anfibios e réptiles galegos""Chalcides bedriagai"Chalcides bedriagai en Carrascal, L. M. Salvador, A. (Eds). Enciclopedia virtual de los vertebrados españoles. Museo Nacional de Ciencias Naturales, Madrid. España.Fotos