Voltaire Índice Traxectoria | Pensamento | Obra | Véxase tamén | Notas | Menú de navegaciónebiblioweb.org/-VOLTAIREFichaFichaFichaWorldCat3692574648881ADV122122279067288149976000035617IDXX96093811928669t1928023645a10468018cnp01270875DA00244832768347voltaire00023873ID00007835561549330861186278139131620796525ITICCUCFIV00105IDvoltaire_auteur_de_lettres0000 0001 2128 0652n801262674298ID00459873jn199810023523515342763438000024484mp67127068806124ID68321OL32293A90826677256309000017191100209w6xs5t6n027190099500354532Arouet-1ID
Escritores en lingua francesaFilósofos de FranciaEscritores de FranciaNados en ParísNados en 1694Finados en 1778EnciclopedistasMembros da Royal Society
París21 de novembro169430 de maio1778filósofoilustradopseudónimoxesuítaslibre pensadorBastillaHenrique IVXenebraFranciaInglaterra1726PopeSwiftIsaac NewtonPoesíaHistoria1734despotismoLorena1751Países Baixos17341734173817411743Madame de PompadourLuís XVPrusiaAcademia Francesa1746Potsdam1751Frederico o Grande7 de abril1778Loxia MasónicaParísMontesquieuguerrasociedadeRousseauxustizaMoralArteDeusateoreloxouniversoteístaIgrexa católicaanticlericalídolorelixiónsera cristiáxustizaséculo XVIIIGrecia antigaxustizademocráticoreomoralrelixiónsmonoteístaspaganismodialéctica literariaensinanza do vivir
Voltaire
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
| Voltaire | |
|---|---|
Voltaire | |
| Nome completo | François-Marie Arouet |
| Alcume | Voltaire |
| Nacemento | 21 de novembro de 1694 |
| Falecemento | 30 de maio de 1778 (83 anos) |
| París | |
| Soterrado | Panteón de París |
| Nacionalidade | francesa |
| Etnia | Pobo francés |
| Relixión | ateo |
| Alma máter | Liceo Louis-le-Grand |
| Ocupación | Ensaista, escritor, filósofo |
| Nai | Marguerite d’Aumard |
| Período | século XVIII |
| Movemento | Século das luces |
| Coñecido/a por | Cándido ou o optimismo, Zadig, Zaïre, Cartas Filósoficas, Dictionnaire philosophique e L'ingénu |
| Premios | Orde do Mérito das Ciencias e das Artes Membro da Royal Society |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
François-Marie Arouet, nado en París o 21 de novembro de 1694 e finado na mesma cidade o 30 de maio de 1778, foi un poeta, ensaísta, dramaturgo, filósofo e historiador ilustrado francés, máis coñecido co pseudónimo de Voltaire.
Índice
1 Traxectoria
2 Pensamento
3 Obra
3.1 Tratado sobre a tolerancia
4 Véxase tamén
4.1 Bibliografía
4.1.1 Obras traducidas
4.2 Outros artigos
4.3 Ligazóns externas
5 Notas
Traxectoria |
Educado nun colexio de xesuítas, proclamouse libre pensador desde novo. Poeta e satírico brillante, Voltaire distinguíase nos salóns parisienses, mais a súa actividade panfletaria, que incluía versos contra o Rexente de Francia, Filipe duque de Orleáns, levouno a ser detido na Bastilla (1717). En once meses de prisión concluíu a súa primeira traxedia, Oedipe (levada á escena no ano seguinte) e iniciou un poema épico sobre Henrique IV. Este sería publicado anonimamente en Xenebra co título de Poème de la ligue (1723).
A seguir dun duelo cun membro da nobreza, o fidalgo Rohan, Voltaire foi novamente preso na Bastilla. Liberado despois de dúas semanas, co compromiso de saír de Francia. Puxo rumbo entón a Inglaterra en 1726, onde permaneceu até 1728 ou 1729. Fixo amizade cos escritores Pope e Swift e familiarizouse coa lingua inglesa e co pensamento de Isaac Newton. Publicou ensaios sobre Poesía e Historia e tornouse admirador do sistema político británico.
De volta na Francia proseguiu a actividade literaria e publicou Henriade (1728-30), Histoire de Charles XII (1731), Zaire (1732), Temple du Goût e Lettres philosophiques 1734), de exaltación do sistema liberal inglés e condena do despotismo. Esta última obra, a máis importante deste período, obrigou novamente Voltaire a deixar París e a refuxiarse intermitentemente en Cirey, no ducado da Lorena, onde gozou da hospitalidade de madame du Châtelet ata á morte desta en 1751. Este foi un período de intensa produción literaria. Con Mondain (1733) fíxose necesaria unha nova fuga, desta vez aos Países Baixos, onde publicou Eléments de la Philosophie de Newton (1738) e onde pasou a corresponderse con Frederico da Prusia. Tratado de metafísica foi composto cara á metade de 1734, sendo retocado varias veces entre 1734 e 1738. Ocupa un lugar capital no pensamento de Voltaire. Aquí fala dos grandes problemas da metafísica. O éxito obtido con Mahomet (1741) e Mérope (1743), aliado á boa influencia de Madame de Pompadour, motivou que pasase a servir Luís XV en misións na Prusia, fose electo Historiador do Reino e membro da Academia Francesa en 1746.
Mudouse para Potsdam en 1751, onde desempeñou o cargo de axudante de cámara e guía literario de Frederico o Grande. Mais incompatibilizouse co rei da Prusia en 1753 e levou logo unha vida errante até 1755, ano en que se estabeleceu nunha propiedade que baptizara Délices, próxima de Xenebra. En 1756 publicou La loi naturelle, Le désastre de Lisbonne e Essai sur les moeurs. En 1759 o conto filosófico Candide, seguindo Traité sur la tolérance (1760), Dictionnaire philosophique portatif (1764).
Regresou a París en 1778 e foi iniciado masón no día 7 de abril de 1778, na Loxia Masónica "Les Neuf Soeurs", da cidade de París. Morreu ese mesmo ano.
Pensamento |
A razón da súa celebridade son as súas obras literarias e filosóficas. Os seus textos caracterízanse pola leveza de linguaxe, fuxindo de calquera tipo de grandilocuencia. Mestre da ironía, utilizouna como arma superior do individuo civilizado para atinxir os seus inimigos, frecuentemente por el parodiados, demostrando en todos os momentos un finísimo sentido de humor.
Son coñecidas as súas diverxencias con Montesquieu sobre o dereito dos pobos á guerra. Voltaire non ve oposición entre unha sociedade alienante e un individuo oprimido, idea defendida por Rousseau, mais antes cre nun sentimento universal e innato da xustiza, que ten que observarse nas leis de todas as sociedades. A vida en común exixe unha convención, un contrato social para preservar o interese de cada un. O instinto e a razón do individuo lévano a respectar e promover tal pacto. O propósito da Moral é ensinarnos os principios desta convivencia frutífera. O traballo do home é tomar o seu destino nas súas mans, mellorar a súa condición mediante a ciencia e a técnica e dar beleza á vida a través da Arte.
A súa filosofía práctica prescinde de Deus, aínda que Voltaire non sexa ateo; porén, como o reloxo presupón o reloxeiro, o universo implica a existencia dun "eterno xeómetra" (Voltaire é teísta). Porén, non cre na intervención divina nos asuntos humanos e denuncia o providencialismo en Cándido.
Foi un opositor da Igrexa católica que, segundo el, era un símbolo da intolerancia e da inxustiza. Con todo, revelou en 2 de marzo de 1778, en contrapartida á súa postura ideolóxica acerca da Igrexa, a súa profesión de fe á relixión Católica, nun texto asinado por el mesmo, publicado no tomo XII da revista francesa Correspondance Littéraire, Philosophique et Critique (1753-1793), nas páxinas 87-88. Neste texto, o pensador francés pide perdón a Deus polas faltas cometidas e por ter escandalizado a Igrexa por anos. Empeñouse, tamén, na loita contra os erros xudiciais e na axuda ás súas vítimas. A burguesía liberal e anticlerical fixo del o seu ídolo. Voltaire contribuíu de maneira notable a fixar o concepto de tolerancia relixiosa. Foi un loitador contra a intolerancia e a superstición e sempre defendeu a convivencia pacífica entre persoas de diferentes crenzas e relixións.
Obra |
Elémens de la philosophie de Neuton, 1738
Tratado sobre a tolerancia |
En Tratado sobre a tolerancia (1769) Voltaire fala de modo directo e xogando coas comparacións, do mundo das sociedades clásicas anteriores ás cronolóxicas da era cristiá, impulsado polo seu espírito de denuncia sobre o modo de facer xustiza no século XVIII. Así, na Grecia antiga a xustiza era levada a cabo con moito máis rigor e nun conxunto máis democrático e de consideración cara ao reo, polo que considera que se deu un retroceso na historia coa imposición da moral e poder absolutista das relixións monoteístas, en contraposición co antigo paganismo e o culto a varios deuses.
.
Noutra parte do libro Voltaire volve fornecer o xogo da dialéctica literaria nun marco comparativo, neste caso nun crebo de identificacións entre dous filósofos da historia, comparando de forma simétrica as diferentes formas de entender a ensinanza do vivir, o espírito que dimana da conciencia firme e a procura no coñecemento compartido.
Véxase tamén |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Voltaire |
| A Galicitas posúe citas sobre: Voltaire |
Bibliografía |
Obras traducidas |
Voltaire (1999). Cándido ou o optimismo. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-8302-399-7. [1]
Voltaire (2005). Exame importante de lord Bolingbroke ou a Tumba do fanatismo. Santiago de Compostela: Edicións Laiovento. ISBN 84-8487-071-5. [2]
Voltaire (2002). Tratado de metafísica. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela. ISBN 84-932470-5-7.
Voltaire (2013). Micromegas. Santiago de Compostela: Hugin e Munin. ISBN 84-932470-5-7. [3]
Outros artigos |
- Jean Calas
Ligazóns externas |
biblioweb.org/-VOLTAIRE (en francés)
Notas |
↑ Ficha en Bitraga.
↑ Ficha en Bitraga.
↑ Ficha na páxina web da editorial Hugin e Munin.
|
Categorías:
- Escritores en lingua francesa
- Filósofos de Francia
- Escritores de Francia
- Nados en París
- Nados en 1694
- Finados en 1778
- Enciclopedistas
- Membros da Royal Society
(RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"1.572","walltime":"2.399","ppvisitednodes":"value":2789,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":45058,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":4129,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":9,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":53,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":1343,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":52,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 2298.920 1 -total"," 56.96% 1309.476 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 37.15% 854.122 1 Modelo:Escritor"," 36.91% 848.478 1 Modelo:Infobox"," 33.23% 763.966 17 Modelo:Propiedade"," 2.54% 58.339 4 Modelo:Cita_libro"," 0.65% 15.013 2 Modelo:Irmáns"," 0.65% 14.909 1 Modelo:Commons"," 0.50% 11.448 2 Modelo:Caixa_lateral"," 0.47% 10.883 1 Modelo:1000"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"1.370","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":11125953,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1323","timestamp":"20190606141251","ttl":2592000,"transientcontent":false););"@context":"https://schema.org","@type":"Article","name":"Voltaire","url":"https://gl.wikipedia.org/wiki/Voltaire","sameAs":"http://www.wikidata.org/entity/Q9068","mainEntity":"http://www.wikidata.org/entity/Q9068","author":"@type":"Organization","name":"Contribuidores dos projetos da Wikimedia","publisher":"@type":"Organization","name":"Wikimedia Foundation, Inc.","logo":"@type":"ImageObject","url":"https://www.wikimedia.org/static/images/wmf-hor-googpub.png","datePublished":"2005-07-31T09:56:19Z","dateModified":"2019-03-11T18:27:29Z","image":"https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/f/f2/Atelier_de_Nicolas_de_Largilli%C3%A8re%2C_portrait_de_Voltaire%2C_d%C3%A9tail_%28mus%C3%A9e_Carnavalet%29_-002.jpg","headline":"escritor, historiador, filu00f3sofo e abogado francu00e9s"(RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgBackendResponseTime":151,"wgHostname":"mw1253"););