Skip to main content

James Watt Índice Traxectoria | Os seus logros como enxeñeiro | Recoñecemento | Cronoloxía | Galería de imaxes | Notas | Véxase tamén | Menú de navegacióne"Biography of James Watt"A web revolutionaryplayers.orgArtigo da BBCPáxina de escoceses ilustres relacionados ca electricidadeBiografía de James Watt en biografiasyvidas.comWorldCat22269445ADV125925118035201140089XX461519312846832xa1131137xcnp00571528ID118401186294840000 0001 2123 8286n50034930mzk200320232135594482000050381mp0472806841149928880OL2510172A1131201399582w6474h8s07472620X500078692Watt-1142

Nados en 1736Nados en GreenockFinados en 1819Enxeñeiros de EscociaCientíficos de EscociaFinados por tuberculoseMembros da Royal SocietyMatemáticos de EscociaAlumnos da Universidade de GlasgowInventores do Reino Unido


19 de xaneiro1736Greenock25 de agosto1819BirminghamInglaterramatemáticoenxeñeiroescocésmáquina de Newcomenmáquina de vaporRevolución IndustrialUniversidade de Glasgowmáquinas de vaporcilindroMatthew Boultoncabalo de vaporSistema Internacional de UnidadesvatioEscociaBirminghamInglaterraLunar SocietyUniversidade de GlasgowLondres1757GlasgowregrasescuadroscompasesJoseph Blackcalor latente17641773máquinas de vaportraballo mecánico1766condensadorRevolución Industrial1768John Roebuckquebra1772BirminghamMatthew Boulton1776pistóns1782paralelogramo17841785Royal SocietyLondresRoyal SocietyEdimburgoséculo XVIII17941800tuberculose1819máquina de vaporenerxíamáquina de Newcomen1800Matthew BoultonJonathan Hornblowerpatentescabalo de vapormáquina de vapor










Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter



James Watt




Na Galipedia, a Wikipedia en galego.






Saltar ata a navegación
Saltar á procura

































James Watt

James Watt by Henry Howard.jpg
James Watt, por Henry Howard.

Datos persoais
Nacemento
19 de xaneiro de 1736
Lugar
Greenock, Escocia Escocia
Falecemento
25 de agosto de 1819
(83 anos)
Lugar
Birmingham, Inglaterra Inglaterra
Causatuberculose
Residencia
Glasgow
Handsworth
NacionalidadeEscocesa
EtniaPobo escocés
Cónxuxe
Margaret Miller (1764-1773)
Ann MacGregor (1776-1819)
FillosJames, Jr. Watt
Actividade
Campo
Matemáticas, enxeñaría.
Alma máter
Universidade de Glasgow
Boulton and Watt
Contribucións e premios
Coñecido porDesenvolvemento da máquina de vapor
Cabalo de vapor
Influíu enRevolución industrial
Premiosmembro da Royal Society, honorary doctorate of the University of Glasgow e Fellow of the Royal Society of Edinburgh
James Watt Signature.svg
[ editar datos en Wikidata ]

James Watt, nado o 19 de xaneiro de 1736 en Greenock e finado o 25 de agosto de 1819 en Birmingham (Inglaterra), foi un matemático e enxeñeiro escocés. As melloras que realizou na máquina de Newcomen deron lugar á coñecida como máquina de vapor de auga, que resultaría fundamental no desenvolvemento da primeira Revolución Industrial, tanto en Inglaterra como no resto do mundo.


Mentres traballaba fabricando instrumentos na Universidade de Glasgow, Watt interesouse na tecnoloxía das máquinas de vapor e decatouse de que os deseños coetáneos desperdiciaban unha gran cantidade de enerxía arrefriando e quentando repetidamente o cilindro. Watt introduciu unha mellora no deseño, o condensador separado, que evitaba a perda de enerxía e mellorou radicalmente a potencia, eficiencia e rendibilidade das máquinas de vapor. Finalmente adaptou este motor para producir un movemento rotatorio, o que ampliou enormemente o seu uso máis aló do simple bombeo de auga.


Watt intentou comercializar o seu invento, pero atopou moitas dificultades financeiras ata que se asociou con Matthew Boulton en 1775. A nova firma Boulton & Watt chegou a ter gran éxito e ambos enriqueceronse. Unha vez xubilado, Watt continuou inventando, pero ningunha das súas últimas creacións foi tan destacada como a mellora da máquina de vapor. Watt tamén desenvolveu o concepto de cabalo de vapor,[1] mentres que a unidade de potencia do Sistema Internacional de Unidades, o vatio (W) foi nomeada no seu honor.


Malia ter nacido en Escocia, viviu e traballou en Birmingham, Inglaterra. Foi un membro chave da Lunar Society ("Sociedade Lunar"). Moitos dos seus escritos consérvanse na biblioteca Birmingham Central.




Índice





  • 1 Traxectoria


  • 2 Os seus logros como enxeñeiro


  • 3 Recoñecemento


  • 4 Cronoloxía


  • 5 Galería de imaxes


  • 6 Notas


  • 7 Véxase tamén

    • 7.1 Outros artigos


    • 7.2 Ligazóns externas





Traxectoria |


Estudou na Universidade de Glasgow e posteriormente na de Londres, na que só permaneceu un ano por mor de problemas de saúde. En 1757 volve a Glasgow, onde abre un negocio na Universidade, unha tenda para a venda de instrumentos matemáticos (regras, escuadros, compases...) fabricados por el mesmo. Neses anos comeza a crear relacións con moitos científicos como Joseph Black, introdutor do concepto de calor latente.


En 1764 casa coa súa curmá, Margaret Miller, coa que tivo seis fillos antes da morte desta nove anos despois.


En 1773 observou que as máquinas de vapor Newcomen desaproveitaban gran cantidade de vapor, e en consecuencia unha alta proporción de calor latente de cambio de estado susceptíbel de ser transformado en traballo mecánico. En 1766 deseñou un modelo de condensador separado do cilindro, a súa primeira e máis importante invención, que permitiu un maior aproveitamento do vapor, e polo tanto mellorou o rendemento económico da máquina. Esta contribución foi un factor determinante na Revolución Industrial.


En 1768, asociouse con John Roebuck para construír o seu propio modelo de máquina de vapor, que patentou un ano máis tarde. Trala quebra do seu socio en 1772, trasladouse pouco despois a Birmingham para asociarse con Matthew Boulton, propietario de Soho Works, e compartir con el a explotación da súa patente. Esta sociedade mantívose durante 25 anos


No ano 1776, contraeu matrimonio por segunda vez, con Ann MacGregor, coa quen tivo dous fillos máis.


Entre outras grandes contribucións á mellora da máquina de vapor destacan a máquina de dobre efecto, cuxos pistóns soben e baixan alternativamente, (patentada en 1782), o regulador de forza centrífuga para o control automático da máquina e o paralelogramo articulado (1784), unha disposición de rodetes conectados que guían o movemento do pistón.


En 1785 ingresou formalmente, xunto ao seu socio, na Royal Society de Londres[2], ao igual que tamén foi membro da Royal Society de Edimburgo e da Lunar Society de Birmingham, integrada por un grupo de científicos e escritores promotores do avance da arte e a ciencia. A finais do século XVIII, Watt e Boultou tiñan construído e instalado máis de cincocentas máquinas a vapor.


En 1794 fundou unha empresa cuxos primeiros directores foron o fillo de Watt, James, e o fillo de Boulton, Matthew. A partir de entón, e xa cunha excelente posición económica, foi retirándose da actividade industrial e económica ata que en 1800 as deixou definitivamente. Porén, seguiu realizando experimentos dos que se desprenden unha máquina copiadora para oficina e un pantógrafo para reproducir escrituras.


Morreu a causa da tuberculose en 1819.



Os seus logros como enxeñeiro |




Condensador deseñado por Watt, Museo das ciencias de Londres.


Watt inventou o movemento paralelo para converter o movemento circular nun movemento case rectilíneo, e o medidor de presión para medir a presión do vapor no cilindro ao longo de todo o ciclo de traballo da máquina, mostrando así a súa eficiencia e axudándoo a perfeccionala.


Watt axudou ao desenvolvemento da máquina de vapor, converténdoa, dun proxecto tecnolóxico, a unha forma viable e económica de producir enerxía. Watt descubriu que a máquina de Newcomen estaba gastando case tres cuartos da enerxía do vapor en quentar o pistón e o cilindro. Watt desenvolveu unha cámara de condensación separada que incrementou significativamente a eficiencia.


Watt opúxose ao uso de vapor a alta presión, e hai quen lle acusa de retardar o desenvolvemento da máquina de vapor por outros enxeñeiros, ata que as súas patentes expiraron no ano 1800. Xunto ao seu socio Matthew Boulton loitou contra enxeñeiros rivais como Jonathan Hornblower, quen intentou desenvolver máquinas que non caesen dentro do ámbito, extremadamente xeralistas, das patentes de Watt.[Cómpre referencia]


Creou a unidade chamada cabalo de vapor para comparar a saída das diferentes máquinas de vapor.


Coma científico foi ademais dunha mente brillante, unha persoa moi hábil no traballo manual, capaz de realizar medidas científicas dunha maneira sistemática e fiábel, o que lle permitiu cuantificar as melloras realizadas nos motores e comprender o fenómeno co cal estaba traballando.



Recoñecemento |




Estatua de James Watt na Abadía de Westminster.


  • En 1806 titulouse como doutor en Leis pola Universidade de Glasgow.

  • En 1814 foi nomeado membro da Academia Francesa das Ciencias.

  • Na honra de James Watt nomeouse como watt a unidade de potencia eléctrica.

  • Non aceptou o título nobiliario que lle foi ofrecido pola Coroa de Inglaterra.

  • No ano 2011 foi unha das sete figuras inaugurais do Salon da fama da Enxeñería de Escocia.


Cronoloxía |



  • 1754: Aprende o funcionamento do comercio de instrumentos matemáticos e científicos en Londres, volve a Glasgow e crea un negocio propio.


  • 1756-1763: Crea instrumentos matemáticos para a Universidade de Glasgow.


  • 1763-1764: Repara unha Máquina de Newcomen, creada por Thomas Newcomen, a partir de cando comeza a pensar en maneiras de mellorar o seu deseño.


  • 1765-1770: Constrúe varias máquinas Newcomen en Escocia.


  • 1767: Supervisa a canle entre Forth e Clyde.


  • 1769: Patenta a máquina de vapor.


  • 1774: Comeza un negocio en Soho, preto de Birmingham, con Matthew Boulton, para construír e comercializar a súa máquina de vapor.


  • 1785: Ingresa na Royal Society.


  • 1800: Retírase a Heathfield Hall, preto de Birmingham.


Galería de imaxes |



Notas |




  1. Lira, Carl (2001). "Biography of James Watt" (en inglés). egr.msu.edu. 


  2. http://royalsociety.org/uploadedFiles/Royal_Society_Content/about-us/fellowship/Fellows1660-2007.pdf



Véxase tamén |





Outros artigos |


  • Revolución Industrial

  • Watt

  • Enxeñaría


Ligazóns externas |



  • A web revolutionaryplayers.org (en inglés)


  • Artigo da BBC (en inglés)


  • Páxina de escoceses ilustres relacionados ca electricidade (en inglés)


  • Biografía de James Watt en biografiasyvidas.com (en castelán)




Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=James_Watt&oldid=5091638"










Menú de navegación


























(RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"1.072","walltime":"1.575","ppvisitednodes":"value":2708,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":29912,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":2506,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":11,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":26,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":3176,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":27,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 1486.005 1 -total"," 51.77% 769.267 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 38.91% 578.226 1 Modelo:Científico"," 38.51% 572.292 1 Modelo:Infobox"," 35.41% 526.257 20 Modelo:Propiedade"," 3.17% 47.112 1 Modelo:Listaref"," 2.80% 41.591 1 Modelo:Cita_web"," 1.97% 29.234 1 Modelo:Commonscat"," 1.77% 26.325 1 Modelo:Irmáns"," 1.68% 24.970 1 Modelo:1000"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.879","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":7341563,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1310","timestamp":"20190522215318","ttl":2592000,"transientcontent":false););"@context":"https://schema.org","@type":"Article","name":"James Watt","url":"https://gl.wikipedia.org/wiki/James_Watt","sameAs":"http://www.wikidata.org/entity/Q9041","mainEntity":"http://www.wikidata.org/entity/Q9041","author":"@type":"Organization","name":"Contribuidores dos projetos da Wikimedia","publisher":"@type":"Organization","name":"Wikimedia Foundation, Inc.","logo":"@type":"ImageObject","url":"https://www.wikimedia.org/static/images/wmf-hor-googpub.png","datePublished":"2008-11-19T11:08:43Z","dateModified":"2019-03-16T12:45:49Z","image":"https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/2/2c/James_Watt_by_Henry_Howard.jpg","headline":"enxeu00f1eiro britu00e1nico"(RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgBackendResponseTime":179,"wgHostname":"mw1269"););

Popular posts from this blog

How to write a 12-bar blues melodyI-IV-V blues progressionHow to play the bridges in a standard blues progressionHow does Gdim7 fit in C# minor?question on a certain chord progressionMusicology of Melody12 bar blues, spread rhythm: alternative to 6th chord to avoid finger stretchChord progressions/ Root key/ MelodiesHow to put chords (POP-EDM) under a given lead vocal melody (starting from a good knowledge in music theory)Are there “rules” for improvising with the minor pentatonic scale over 12-bar shuffle?Confusion about blues scale and chords

What if the end-user didn't have the required library?What is setup.py?What is a clean, pythonic way to have multiple constructors in Python?What does Ruby have that Python doesn't, and vice versa?What is the reason for having '//' in Python?How do I create a namespace package in Python?How to package shared objects that python modules depend on?setuptools vs. distutils: why is distutils still a thing?Navigation in Windows 10 vs code not going to virtualenv library when the same library is installed at user levelPython create package for local usePackaging a project that uses multiple python versionsWhy is permission denied on pip install except for when “--user” is included at end of command?

Esgonzo ibérico Índice Descrición Distribución Hábitat Ameazas Notas Véxase tamén "Acerca dos nomes dos anfibios e réptiles galegos""Chalcides bedriagai"Chalcides bedriagai en Carrascal, L. M. Salvador, A. (Eds). Enciclopedia virtual de los vertebrados españoles. Museo Nacional de Ciencias Naturales, Madrid. España.Fotos