Ibn Khaldun Índice Traxectoria | Obra | Repercusión da súa obra | Galería de imaxes | Notas | Véxase tamén | Menú de navegacióneAl-Waraq's editionSalaam.co.ukAl-Waraq's editionLos errores de DiosIbn Khaldoun Site da Historia IslámicaArtigo Ibn Khaldun, the Father of Economics da Páxina web da Ibn Khaldun FoundationIbn Khaldun na páxina muslimphilosophy.comBiografía de Ibn Khaldun en biografiasyvidas.comWorldCat41841661ADV10220221179261IDXX10591031190814511997787cnp00397041ID001521002177531186397730000 0001 2129 6275n5005278500444184jn200112110463521759796210070179093IDOL173442A8524400000372163193027317250
Nados en 1332Nados en TunisiaFinados en 1406Personalidades do islamPersonalidades da historiografíaPersonalidades da socioloxía
Tunisia27 de maio1332héxiraO Cairo19 de marzo1406árabenorte-africanohistoriografíasocioloxíaeconomíaTúnez1332SevillaEspaña musulmáséculo VIIIBanu KhaldunsultánDinastía MarinidaAbu Inan Fares IFez13561358visiral-Hasan ibn OmarAbu Salen Ibrahim IIIAbu InanGranada1364Abu AbdallahDinastia HafsidAbu Abdallah1370Fixo1375AlxeriaQalat Ibn Salama1378TunesbérberA MecaO Cairosultánal-Malik udh-Dhahir Barkuk1384cadísunímalikíFayyun139917 de marzo1406CairobérberesMagrebasirioshebreosgregosromanospoboaciónprezobeneficioluxohistoriacivilizaciónssocioloxíateoría do conflitoLudwig GumplowiczGustav RatzenhoferFranz OppenheimerhistoriografíaIdade MediaOccidentemundo musulmánAnnalesMarc BlochLucien FebvreFernand BraudelbritánicoArnold J. ToynbeeErnest GellnerMagrebTúnezCairoMichiganTunes
Ibn Khaldun
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Abu Zayd 'Abd al-Rahman ibn Muhammad ibn Khaldun al-Hadrami عبد الرحمن بن محمد بن خلدون الحضرمي | |
|---|---|
Estatua de Ibn Khaldun en Tunes. | |
Ifriqiya - Século XIV | |
| Nacemento | 27 de maio de 1332 Tunisia |
| Morte | 19 de marzo de 1406 O Cairo |
| Intereses principais | Historia, Historiografía, Socioloxía, Economía |
| Ideas salientables | Asabiyyah |
| Influencias | Muhammad ibn Zakarīya Rāzi Abu-l-Hàssan al-Aixarí Avicenna Al-Ghazalí |
| Influente en | Ibn al-Azraq Al-Maqrizi Georg Wilhelm Friedrich Hegel Robert Flint Taha Hussein Arnold J. Toynbee Ernest Gellner Franz Rosenthal Franz Oppenheimer Arthur Laffer Ludwig Gumplowicz Gustav Ratzenhofer Fernand Braudel Marc Bloch Lucien Febvre Yves Lacoste Oswald Spengler Engels Pitirim Sorokin |
Abu Zayd 'Abd al-Rahman ibn Muhammad ibn Khaldun al-Hadrami (عبد الرحمن بن محمد بن خلدون الحضرمي), coñecido como Ibn Khaldun ou Ibn Jaldun[1] nado en Tunisia o 27 de maio de 1332 (732 da héxira) e finado en O Cairo, o 19 de marzo de 1406 (808 da héxira) foi un famoso historiador e historiógrafo árabe norte-africano. Ibn Khaldun é tido por moitos académicos como unha das principais axudas para a comprensión das sociedades musulmás.
Ibn Khaldun é amplamente aclamado como un precursor da historiografía, socioloxía, e economía modernas. É sobre todo coñecido polo seu Muqaddimah (Prolegómenos). Tomou o nome de Ibn Khaldun dun atepasado distante.
Índice
1 Traxectoria
2 Obra
3 Repercusión da súa obra
4 Galería de imaxes
5 Notas
6 Véxase tamén
6.1 Ligazóns Externas
Traxectoria |
Naceu en Túnez en 732 A.H. (1332 DC) nunha familia de clase alta que migrou desde Sevilla, na España musulmá. Os seus antepasados eran árabes Iemenitas que se estableceron en España nos inicios do dominio musulmán da península, durante o século VIII, pero despois da caída de Sevilla eles migraron para a Tunisia. Na súa historia, el describe a súa familia, os Banu Khaldun, como segue:
- "E os nosos antepasados son de Hadhramaut, dos árabes do Iemen, vía Wa'il ibn Haxar, dos mellores dos árabes, ben coñecidos e respeitados."[2]
No entanto, algúns biógrafos (eg., Mohammad Enan) cuestionan a súa pretensión, suxerindo que a súa familia pode ter sido de bérberes que pretendian asumir orixe árabe para gañar status social.
Algunhas biografías[3] afirman, que estes devanceiros eran por parte de nai e que o seu pai era un "Bérber nativo" (sic), a pesar disto contradicir as propias palabras de Ibn Khaldun, unha vez que el traza a súa xenealoxía ata Khaldun polo lado do seu pai:
- "Abd ar-Rahman ibn Muhammad ibn Muhammad ibn Muhammad ibn al-Hasan ibn Muhammad ibn Jabir ibn Muhammad ibn Ibrahín ibn Abd ar-Rahman ibn Khaldun. Na miña xenealoxía ata Khaldun eu contei apenas estes 10, pero deben ter habido máis..."[4]
Ibn Khaldun estudou nas varias etapas e ramos da aprendizaxe árabe con grande éxito. En 1352 obtivo emprego co sultán da Dinastía Marinida, Abu Inan Fares I en Fez. No inicio de 1356, a súa integridade foi posta en causa, polo que foi recluido no cárcere ata á morte do sultán Abu Inan en 1358, momento en que o visir al-Hasan ibn Omar o liberou e o reintegrou no seu posto. Continuou a prestar servizos a Abu Salen Ibrahim III, o sucesor de Abu Inan, mais, por ter ofendido o primeiro-ministro, obtivo permiso para emigrar para España.
Ibn al Ahmar, que estaba en débeda por favores dos que se beneficiou cando da súa estadía na corte de Abu Salen, recibiu a Ibn Khaldun con gran cordialidade en Granada. Os favores que el recibiu do soberano excitaron os celos do Visir, e foi por iso enviado de volta a África en 1364, onde Abu Abdallah, o sultan de Bougie, da Dinastia Hafsid, que fora anteriormente compañeiro seu do cárcere, recibiuno con gran cordialidade.
Despois da caída de Abu Abdallah, Ibn Khaldun mobilizou unha forza considerable entre os árabes do deserto e entrou ao servizo do Sultan de Tlemcen.
Poucos anos máis tarde foi feito prisioneiro por Abdalaziz (Abd ul Aziz), que derrotara o sultán de Tlemcen e tomara o trono.
El entrou entón nun establecemento relixioso, e ocupouse de tarefas escolásticas, ata que en 1370 foi chamado a Tlemcen polo novo sultán.
Despois da morte de Abd ul Aciz residiu en Fixo, gozando do patrocinio e confianza do rexente. En 1375, ausentouse para vivir entre a tribo Awlad Arif da Alxeria central, na cidade de Qalat Ibn Salama. Aproveitou alí a súa soidade para escribir a Muqaddimah (Introdución á historia). En 1378, entrou ao servizo do sultán da súa cidade natal de Tunes, onde se dedicou case exclusivamente aos seus estudos e escribiu a historia do pobo bérber.
Tendo recibido permiso para peregrinar ata A Meca, visitou O Cairo, onde foi presentado ao sultán al-Malik udh-Dhahir Barkuk, que insistiu que el ficase alí, e no ano de 1384 foi feito grande cadí da escola suní malikí do Cairo.
Daquela, o navío en que a súa muller e familia viñan ao seu encontro afundiu e todos os tripulantes desapareceron. El conseguiu atopar consolo completando a súa historia dos árabes de España. Nesas mesmas datas foi retirado do seu traballo de cadí, o que lle deu máis tempo libre para a súa obra.
Tres anos máis tarde peregrinou á Meca, e no seu regreso viviu en retiro en Fayyun ata 1399, cando foi chamado outra vez para continuar as súas funcións de cadí. Foi separado e reposto no cargo nada menos que cinco veces. Faleceu o 17 de marzo de 1406, e foi sepultado no Cairo.
Obra |
A obra principal de Ibn Khaldun é o Libro da evidencia, rexistro dos inicios e eventos dos días dos árabes, persas e bérberes e os seus poderosos contemporáneos (Kitābu l-ʕibār wa Diwānu l-Mubtada' wa l-Ħabar fī Ayyāmu l-ʕarab wa l-Ājam wa l-Barbar wa man ʕĀsarahum min ĐawIu s-Sultānu l-Akbār) que está dividido en sete libros. O primeiro deles é a Muqaddima ou Prolegómenos, que prologa ao resto da obra, aínda que posteriormente tratouse como unha obra independente. Os volumes do dous ao cinco cobren a historia da Humanidade ata os tempos de Ibn Khaldun. Os volumes seis e sete cobren a historia dos pobos bérberes e do Magreb. A súa historia é, como el mesmo o afirma, unha Historia Universal e abarca a análise de historias doutros pobos como os asirios, hebreos, gregos e romanos.
Entre as achegas á economía de Ibn Khaldun, inclúese o descubrimento da dinámica dos mercados. Analiza tamén conceptos económicos fundamentais como poboación, prezo, beneficio, luxo, e formación de capital. Todos estes conceptos son analizados nas súas obras, onde tamén traza as interrelacións entre eles.
Para Ibn Khaldun, a historia é a análise das civilizacións tanto no aspecto externo como interno: externamente, a través do relato cronolóxico dos feitos; internamente, mediante unha análise lóxica e interrelacionada dos acontecementos históricos para situar as súas consecuencias no presente e as tendencias de futuro.
No relativo á socioloxía, é particularmente interesante a súa concepción sobre a existencia dun conflito central (cidade versus deserto). Debido á súa análise dos conflitos sociais, sociólogos modernos da teoría do conflito como Ludwig Gumplowicz, Gustav Ratzenhofer e Franz Oppenheimer demostraron un crecente interese en Ibn Khaldun:
Unha das principais contribucións de Ibn Khaldun á historiografía é a súa ruptura co concepto anterior. Nin no mundo antigo, nin na Idade Media, tanto en Occidente como no mundo musulmán, existe un antecedente en relación ao concepto de historia de Ibn Khaldun. O seu xeito de enfocar o devir histórico así como todos os elementos que inflúen no mesmo é moi similar ao que séculos despois establecerían os Annales dirixidos por Marc Bloch, Lucien Febvre ou Fernand Braudel. En ambos casos, pódese dicir que realizan unha historia social, na cal o ser humano é o protagonista, non un individuo senón toda a colectividade. Pódese dicir sen ningún temor que Ibn Khaldun é o "pai" da historia no concepto contemporáneo desta disciplina.
Repercusión da súa obra |
O historiador británico Arnold J. Toynbee referiuse á obra de Ibn Khaldun, Muqaddimah, como sen dúbida, a mellor obra do seu xénero que algunha vez foi creada por alguén en calquera tempo ou lugar.
Ernest Gellner, que como antropólogo se ocupou do estudo de tribos do Magreb refírese moitas veces a Ibn Khaldun nos seus libros, en especial cando se refire á organización social da civilización musulmá.
Galería de imaxes |

Ibn Khaldun nun billete de Túnez.

Estatua de Ibn Khaldun no Cairo.

Busto de Ibn Khaldun, Michigan.

Casa naque naceu de Ibn Khaldun, en Tunes.
Notas |
↑ Bloom, J. M. e Blair, S. S., (2003), Islam. Mil años de ciencia y poder, Ed. Paidós, páx.121
↑ Al-Waraq's edition, p. 2429
↑ Salaam.co.uk
↑ Al-Waraq's edition, p. 2428
↑ Elorza, Antonio.
Los errores de Dios[Ligazón morta], El País, 21 de outubro de 2006
Véxase tamén |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Ibn Khaldun |
Ligazóns Externas |
- Ibn Khaldoun Site da Historia Islámica
Artigo Ibn Khaldun, the Father of Economics da Universidade de Georgetown. (en inglés)
Páxina web da Ibn Khaldun Foundation (en inglés)
Ibn Khaldun na páxina muslimphilosophy.com (en inglés)
Biografía de Ibn Khaldun en biografiasyvidas.com (en castelán)
|
Categorías:
- Nados en 1332
- Nados en Tunisia
- Finados en 1406
- Personalidades do islam
- Personalidades da historiografía
- Personalidades da socioloxía
(RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"0.592","walltime":"1.051","ppvisitednodes":"value":684,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":24990,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":3396,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":9,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":25,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":5470,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":26,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 970.031 1 -total"," 83.11% 806.232 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 4.21% 40.831 1 Modelo:Filósofo"," 3.82% 37.094 1 Modelo:Infobox"," 2.79% 27.104 1 Modelo:1000"," 2.39% 23.152 1 Modelo:Icona_en_título"," 2.22% 21.553 1 Modelo:Commons"," 1.97% 19.127 1 Modelo:Irmáns"," 1.57% 15.242 1 Modelo:Caixa_lateral"," 1.47% 14.279 1 Modelo:Listaref"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.416","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":4980047,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1293","timestamp":"20190523144439","ttl":2592000,"transientcontent":false););"@context":"https://schema.org","@type":"Article","name":"Ibn Khaldun","url":"https://gl.wikipedia.org/wiki/Ibn_Khaldun","sameAs":"http://www.wikidata.org/entity/Q9294","mainEntity":"http://www.wikidata.org/entity/Q9294","author":"@type":"Organization","name":"Contribuidores dos projetos da Wikimedia","publisher":"@type":"Organization","name":"Wikimedia Foundation, Inc.","logo":"@type":"ImageObject","url":"https://www.wikimedia.org/static/images/wmf-hor-googpub.png","datePublished":"2005-08-13T17:05:31Z","dateModified":"2018-09-09T23:29:08Z","image":"https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/b/b2/Ibn_Khaldoun-Kassus.jpg"(RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgBackendResponseTime":169,"wgHostname":"mw1256"););